Blog

08 Xuñ
0

Informe da Comisión de Seguimento da Covid-19 do día 8/6/2020

Nas Neves seguimos cun só caso rexistrado de COVID-19.

A monitora de ximnasia para maiores vén de informar sobre a decisión de aprazar ata setembro a volta ás clases, co obxecto de garantir a seguridade das persoas que asisten a esta actividade.

As piscinas públicas municipais non abrirán este verán para garantir a seguridade fronte á COVID-19. A decisión foi avaliada de xeito coordinado e consensuado con sete concellos da contorna do sur da provincia.

Ler Máis
06 Xuñ
0

Medidas que entran en vigor o luns, 8 de xuño, na ‘fase 3’ da ‘desescalada’

Os seguintes son os principais cambios que se aplicarán a partir do luns, día 8 de xuño, coa entrada na ‘fase 3’ da ‘desescalada’ nas medidas de limitación da mobilidade pola crise da Covid-19.

1. Permitida a realización de reunións/xuntanzas en grupos dun máximo de 20 persoas, agás no caso de persoas que convivan na mesma vivenda.

2. Apertura de locais comercias sen poder exceder o 50% do aforo. Con horario de atención con prioritaria para maiores de 65 anos.

3. Hostalaría e restauración: poderase servir na terraza, co 75% aforo (ata 20 persoas) e no interior do local cun máximo do 50% aforo. Tamén se poderá empregar a barra garantindo, en todo caso, o cumprimento da distancia interpersoal de seguridade de 2 metros.

4. Apertura de hoteis e aloxamentos turísticos, incluídos os espazos de uso común. Aforo máximo do 50%.

5. Asistencia a lugares de culto, ata un máximo do 75% do aforo. Manterase a distancia de seguridade e, en todo caso, un máximo de 150 persoas en espazos ao aire libre ou de 75 persoas en espazos pechados. O aforo máximo debe publicarse nun lugar visible do espazo destinado ao culto.

6. Velorios e enterros: poderán xuntarse ata 25 persoas nos lugares pechados e 50 nos abertos.

7. Mercados ao aire libre: amplíase o número de postos ata o 50% do aforo.

8. Actos culturais: permítense actos deste tipo cun máximo de 80 persoas en lugares pechados e 800 ao aire libre. Non excedendo nunca o 50% do aforo do espazo empregado en co público sentado en butacas previamente asignadas.

9. Permítese a realización de deporte en instalacións pechadas, non superando o 50% do aforo, en pequenos grupos dun máximo de 20 deportistas, mantendo as distancias de seguridade e evitando o contacto físico. Poderán utilizarse todas as instalacións que teñan á súa disposición
(incluídos os vestiarios e as zonas de duchas), cumprindo as medidas de hixiene establecidas polas autoridades sanitarias.

10. Poderán oficiarse vodas cun máximo de 75 persoas nos lugares pechados e 150 nos abertos, non excedendo nunca o 75% do aforo do espazo.

11. Congresos, encontros, reunións de negocio, conferencias e eventos: non se poderá superar a cifra de 80 asistentes.

12. Actividades de tempo libre infantil e xuvenil:
a. Ao aire libre, deberase limitar o número de participantes ao 50% da capacidade máxima habitual, cun máximo de 200 participantes, incluíndo monitores.
b. En espazos pechados, deberase limitar o número de participantes ao 33% da capacidade máxima habitual; cun máximo de 80 participantes, incluíndo monitores.

# Acceso á publicación no Boletín Oficial do Estado (SND/458/2020, de 30 de maio) no que se detallan todas as medidas: https://bit.ly/3h5TlkP
# Guía do Ministerio de Sanidade, do 31 de maio: https://bit.ly/2zZTlSG

Ler Máis
05 Xuñ
0

Informe da Comisión de Seguimento da Covid-19 do día 5/6/2020

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) indica que As Neves segue cun so caso rexistrado de Covid-19.

Vén de facerse unha nova reposición no Banco de Alimentos Municipal para poder seguir atendendo ás necesidades das veciñas e veciños das Neves.

Dende esta semana, toda a zona urbana é de prioridade peonil e a velocidade do tráfico rodado está limitada a 20 Km/h para permitir e facilitar o cumprimento da distancia interpersoal de seguridade.

Ler Máis
05 Xuñ
0

Prioridade peonil na zona céntrica

Dende esta semana, toda a zona urbana máis céntrica é de prioridade peonil e a velocidade do tráfico rodado está limitada a 20 Km/h para permitir e facilitar o cumprimento da distancia interpersoal de seguridade.

Melloraronse os tránsitos peonís e sinalizou a prioridade peonil coa limitación do 20km/h.

Ler Máis
05 Xuñ
0

ANUNCIO APROBADOS 3º EXAME PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO

Anuncio:

Anuncio resultado terceiro exame

Publicación_Anuncio no Boletín Oficial da Provincia

 

Ler Máis
04 Xuñ
0

Informe da Comisión de Seguimento da Covid-19 do día 4/6/2020

Seguimos cun só caso rexistrado de COVID-19 nas Neves.

Entrega de material de protección e cartelería a unha perruquería das Neves, que vai reabrir nos vindeiros días. 

Lembramos que, dende o luns 25 de maio, tanto a Casa do Concello como Servizos Sociais, volven ofrecer o servizo de atención presencial en horario de 9:00 a 14:00 h. Cumprindo coas medidas sanitarias requiridas e só con cita previa.

A cita pode solicitarse telefonicamente:
Casa do Concello: 986 64 80 38
Servizos Sociais: 986 66 71 34 / 689 98 42 10
Ou a través da Sede Electrónica do Concello:   
https://concelloasneves.sedelectronica.gal

Ler Máis
04 Xuñ
0

O Concello informa sobre o Ingreso Mínimo Vital (IMV)

Que é?
• É unha nova prestación económica non contributiva da Seguridade Social, aprobada polo Consello de Ministros do Goberno do Estado, que garante uns ingresos mínimos a quen carece deles.
• É compatible con outros ingresos e axudas.

Que requisitos hai que cumprir para solicitala?
• Ter entre 23 e 65 anos, ou 18, con persoas menores ao cargo.
• Cumprir un ano de residencia legal en España.
• Ter vivido de xeito independente un mínimo dun ano no caso das familias, e tres anos no caso de persoas que viven soas.
• No caso de unidades de convivencia, estar formada polo menos un ano antes da solicitude.
• Ter solicitado previamente as prestacións ás que pode ter dereito.
• Estar inscrita/o na Oficina de Emprego.
* Xa se pode facer unha simulación para comprobar se se cumpren os requisitos e saber o importe aproximado que lle correspondería premendo aquí

Cando e onde solicitala?
• Poderase solicitar a partir do 15 de xuño na Sede Electrónica da Seguridade Social: https://bit.ly/3eNBD3j
• No caso de precisar axuda para realizar a solicitude, poderase facer a través dos Servizos Sociais do Concello. Para isto, será necesario pedir cita previa, chamando a un dos seguintes teléfonos: 986 66 71 34 ou 689 98 42 10.

Documentación a presentar
DNI ou pasaporte da persoa solicitante e das persoas que forman parte da unidade de convivencia.
Inscrición no rexistro central de estranxeiros ou autorización de residencia, de ser o caso.
Certificado de empadroamento onde consten todas as persoas empadroadas no domicilio.
Libro de familia ou certificado do Rexistro Civil correspondente que acredite a relación das persoas que forman parte da unidade de convivencia.

*Toda a información sobre o IMV en: https://bit.ly/2BxdiR8.
*Texto completo do RDL 20/2020 publicado no BOE o 1 de xuño: https://bit.ly/2XYgQ6u.

Ler Máis
04 Xuñ
0

O Banco de Alimentos das Neves redobra a súa actividade para atender a veciñas e veciños en situación de necesidade

O Banco de Alimentos do Concello de As Neves atende na actualidade a 53 menores da vila e a 77 persoas que viven soas ou son dependentes, todas elas nunha situación de necesidade que viuse agravada pola crise do coronavirus.

Ata a chegada da pandemia, o Banco de Alimentos asistía a un total de 55 familias a través de dous programas: un convenio coa Cruz Vermella (51 persoas) e outro con Amigos de Galicia (16 familias), destinado a aquelas con menores ao seu cargo, dentro do Plan Integral contra a exclusión social e pola integración laboral.

“Logo da declaración do ‘Estado de Alarma’a situación mudou considerablemente, xa que deixou de funcionar o comedor escolar, moita xente quedou sen traballo e afloraron novas situación de emerxencia”, sinala a concelleira de Ensino e Servizos Sociais, Pilar González Casas.

Dende o Concello “tentamos dar prioridade a este servizo e atender a todas as peticións de alimentos cun simple trámite telefónico, ao entender que era un obxectivo prioritario neste momento garantir que todas as familias tiveran unha alimentación axeitada”.


Colaboración de todos os colectivos das Neves

Ante o aumento das necesidades a afrontar, o Goberno municipal pediu e obtivo a colaboración, “absoluta e constante” das veciñas e veciños que achegaron ao Banco de Alimentos artigos de todo tipo,entre eles máis de 150 ducias de ovos, carne, froita e produtos de horta, coma repolo, leitugas, cenorias, tomates, cebolas, pementos ou patacas.

Ao mesmo tempo o Concello aumentou o gasto para a compra de alimentos non perecedoiros nos supermercados das Neves, que “se sumaron facendo chegar pedidos a varias casas ou doando produtos para o banco”, unha acción que tamén contou coa solidariedade da Dirección do CEIP Marquesa do Pazo da Merced, quen doou os alimentos que había no comedor escolar.

Empregados municipais, persoal da Concellería de Servizos Sociais e unha taxista da vila, completaron este traballo solidario encargándose de recoller os alimentos no polígono industrial de Vilagarcía e ao de Barro-Meis-acadados a través da FEAD (Fondo Europeo de Axuda a Persoas Desfavorecidas), coa mediación da Cruz Vermella- e da súa posterior distribución aos domicilios. Mentres, o Concello reforzou o servizo con máis persoal para poder realizar a preparación e etiquetaxe dos paquetes de alimentos.



Situación complexa

Pilar González advirte de que “a partir deste momento preséntase unha situación complexa: comedores escolares pechados, falla de traballo e, polo tanto, de ingresos, o que fará que dende o Concello teñamos que seguir incrementando o orzamento deste apartado” que, subliña “o Goberno municipal considera imprescindible para o benestar social e familiar das veciñas e veciños de As Neves”.

Ler Máis
03 Xuñ
0

Informe da Comisión de Seguimento da Covid-19 do día 3/6/2020

Sanidade informa de que As Neves segue cun só caso rexistrado de Covid-19.

Recibíronse novas doazóns para o Banco de Alimentos Municipal.

Lembramos que, dende o pasado luns 25 de maio, tanto a Casa do Concello como Servizos Sociais, volven ofrecer o servizo de atención presencial en horario de 9:00 a 14:00 h.

Cumprindo coas medidas sanitarias requiridas e só con cita previa. A cita pode solicitarse telefonicamente:
Casa do Concello: 986 64 80 38
Servizos Sociais: 986 66 71 34 / 689 98 42 10
Ou a través da Sede Electrónica do Concello:   
https://concelloasneves.sedelectronica.gal

Ler Máis
03 Xuñ
0

Os 12 concellos do Miño realizaron este mércores a primeira protesta para reclamar a apertura da fronteira

Os alcaldes e alcaldesas dos doce concellos do Miño na provincia e no norte de Portugal (A Guarda, O Rosal, Tomiño, Salvaterra, As Neves, Arbo, Crecente, Caminha, Cerveira, Valença, Monçao e Melgaço) acordaron pasar á acción e realizaron este mércores a súa primeira protesta simbólica  para reclamar a “imprescindible” e “urxente” apertura dos pasos na fronteira.

Na reunión celebrada na noite do luns as e os rexedores acordaron que é necesario defender o territorio, ás e aos seus traballadores, empresas e as relacións da cidadanía fronte ao afogo actual.

“Precisamos un balón de osíxeno”, “este é un territorio seguro” ou “hai un grande dinamismo económico que a situación actual fai insostible”, indicaron os alcaldes e alcaldesas.

Todas e todos eles, independentemente da súa cor política, decidiron actuar de forma conxunta e unida fronte ao que consideran unha inxustiza no tratamento dispensado.

As rexedoras e rexedores subliñan o “agravio comparativo” que existe con respecto a outros territorios doutras rexións e provincias, como Extremadura ou Ourense, que xa teñen abertos máis pasos.

“Vese que o goberno de Extremadura se moveu convenientemente e argumentou a necesidade de permeabilizar a fronteira. Aquí, a pesares de ter argumentos sólidos de relación económica, de que pasaron 200.000 coches polo paso de Tui durante o confinamento… a Xunta non está nin se lle espera”, apuntou o director do AECT, Uxío Benítez.

Este lembrou que Alberto Núñez Feijóo está na presidencia da Comunidade de Traballo Galiza-Norte de Portugal, pero non moveu ficha para defender nin ás empresas nin ás e ós traballadores transfronteirizos, e tampouco accedeu a unha cita cos responsables do propio AECT para solucionar a situación.

“Vemos que para o 1 de xullo hai previsión de apertura para o turismo internacional. Mentres, aquí traballadoras e traballadores teñen que estar a soportar rodeos de máis de 100 quilómetros diarios. Cremos que nos están a tratar como cidadáns de segunda”, afirmou Benítez.

Non se descartan novas mobilizacións coa implicación da cidadanía, xa que as e os mandatarios apostan por radicalizar as accións de manterse a situación.

Ler Máis