Blog

02 Xuñ
0

Informe da Comisión de Seguimento da Covid-19 do día 2/6/2020

Seguimos cun só caso rexistrado de COVID-19 nas Neves.

Hoxe realizouse a entrega das últimas mascarillas hixiénicas para os veciños e veciñas das Neves.

Desde o 24 de marzo, cando o Concello comezou a achegar material de protección aos establecementos abertos ao público, a persoal traballador de distintos sectores (taxistas, servizo de axuda no fogar, persoal do mercado, etc.) así como a persoas de risco e a alumnado do colexio e das unitarias; lévanse distribuído un total de:
11 paquetes de luvas (1.100 unidades).
60 pantallas.
7 botes de desinfectante de mans.
1.000 mascarillas cirúrxicas.
4.600 mascarillas hixiénicas do modelo adulto.
1.000 mascarillas hixiénicas do modelo infantil.
100 batas de alta protección e Cartelería informativa.

O noso agradecemento a todas as persoas que colaboraron. Desde o equipo de costura solidaria, ás persoas que doaron algún tipo de material e aos establecementos abertos ao público de todo o concello.

Ler Máis
01 Xuñ
0

Informe da Comisión de Seguimento da Covid-19 do 1/6/2020

As Neves segue cun so caso rexistrado de COVID-19. 

Realizouse a reposición de mascarillas hixiénicas do modelo infantil e adulto nos establecementos colaboradores.

Lembramos a lista dos 40 establecementos onde os veciños e veciñas poden recoller mascarillas hixiénicas de tipo infantil  e adulto.

Ler Máis
01 Xuñ
0

REANUDACIÓN DA TRAMITACIÓN DO PROCESO SELECTIVO PARA CUBRIR UNHA PRAZA DE AUXILIAR DE ADMINISTRACIÓN XERAL VACANTE NO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO DO CONCELLO DAS NEVES

ANUNCIO DE REANUDACIÓN:

Anuncio Reanudacion prazos administrativos

Ler Máis
01 Xuñ
0

O Concello das Neves saca a concurso varios locais vacantes do Mercado Municipal

REANUDACIÓN DE PRAZOS DE LICITACIÓN ATA O 17 DE XUÑO
 
O Boletín Oficial da Provincia (BOPP) vén de publicar a convocatoria para optar varios locais vacantes do Mercado de As Neves, mediante o procedemento de licitación pública, de xeito que, dende este xoves, día 20 de febreiro, as persoas interesadas teñen un prazo de 30 días hábiles para presentar as súas solicitudes.

Os postos ofertados, dacordo coa convocatoria feita polo Concello, estarán destinados a actividades que encaixen dentro de produtos elaborados e degustación, coma tendas de sementes, legumes ou fariñas; adega; vermutería, coctelería; cervexa artesá; posto de frituras; venda e degustación de aceites; xeados artesás; venda e degustación de conservas, queixos, xamóns e embutidos; comidas da terra, do mar, pero tamén doutras culturas, ou vexetarianas, veganas ou destinadas a determinado tipo de consumidores; oferta de almorzos , brunch ou doces artesas. 

Así mesmo, permitirase ademais o uso dos locais, para incluír actividades de carácter administrativo ou social, coma oficinas ou espazos de coworking, ademais de establecementos comerciais de produtos artesanais.

Nos últimos 8 anos realizáronse diferentes melloras no propio inmoble e na contorna da Praza da Feira, na que se atopa: en 2012 acometeuse a súa humanización, cun investimento de 100.000€; en 2013, levouse a cabo a reparación do tellado, a limpeza e revestimento da fachada, a mellora do chan da planta alta e do sistema de recollida de augas e, xa en 2016, abríronse catro ámbitos destinados a iniciativas de nova creación e emprendedores que precisasen dun establecemento no que desenrolar a súa actividade económica ou social.

Dende ese ano o Mercado foi o escenario de diferentes actividades impulsadas dende o Concello, en especial aquelas relacionadas coa cultura, a gastronomía ou a enoloxía, coincidindo coa celebración da Festa do Requeixo e do Mel e da Feira do Tinto das Rías Baixas.
 
Documentos:
 
 
 

Ler Máis
Campo As Neves
01 Xuñ
0

Remata a colocación do novo céspede do campo ‘Pepe Capón’ que recibirá o selo FIFA Quality Pro

O Concello vén de rematar os traballos de substitución do céspede do campo de fútbol ‘Pepe Capón’.

Os mesmos comezarán o pasado día 15 de maio e consistiron no cambio dos 6.842 metros cadrados de herba artificial que tiña o terreo de xogo por céspede coa certificación FIFA Quality Pro.

Novo céspede campo das Neves

Novo céspede campo das Neves

O orzamento final foi de 126.868,50 €, que se financiarán coa axuda para bens públicos danados polo incendio de 2017 achegada polo Ministerio de Política Territorial e Función Pública (49%), a aseguradora MAPFRE (23%) e Fondos do Plan Concellos da Deputación (28%).

Nos vindeiros días estará nas Neves unha empresa certificadora que entregará do selo Fifa Quality ao novo céspede.

Campo As Neves

Campo As Neves

Ler Máis
Carmela Silva co alcalde e o primeiro tenente de alcalde, Marcelino Couto
01 Xuñ
0

A Deputación destina 335.000€ a mellora da estrada Setados-Ribarteme-Vide

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar o expediente para a contratación da obra de “Mellora da seguridade viaria na EP 4201 Setados-Ribarteme-Vide”.

Esta actuación conta cun orzamento base de 335.501,15 €. A mesma permitirá reforzar os firmes, realizar beiravías e renovar a sinalización para garantir a seguridade.

Máis polo miúdo a través desta actuación vaise repoñer o firme da estrada principal, contemplándose 540 metros cadrados de saneos, 3.600 de tratamento superficial, 5.350 metros cadrados de fresado e reposición de firme e microaglomerado en frío en ata 15.900 metros cadrados.

Xunto á reparación e reposición do firme tamén se aproveitará a actuación para a construción de 2.550 metros de beiravías e para renovar a pintura. 

O proxecto de mellora na estrada Setados-Ribarteme-Vide abrangue, tamén, a renovación da sinalización.

A actuación contempla cortes e demolicións de pavimentos e escavacións. O  prazo de execución será de 6 meses.

Ler Máis
31 Mai
0

Nas Neves xa se pode comunicar ao Concello, co teléfono móbil e en tempo real, calquera avaría ou incidencia

Dende este luns, día 1 de xuño, as veciñas e veciños das Neves poderán comunicar ao Concello, en tempo real e empregando o seu teléfono móbil, calquera problema que atopen na vila.

Só facendo unha fotografía 

Mediante a nova App ‘Linea Verde As Neves’, será posible informar, facendo so unha fotografía, de calquera avaría, dano, atranco ou perigo que se atope en calquera lugar do concello e que teña que ver co alumeado, abastecemento, saneamento, estradas, camiños e pistas urbanas e rurais, lixo e limpeza, compostaxe, punto limpo ou áreas de lecer e de deportes.

As avarías ou danos que se comuniquen chegarán ás persoas do Concello encargadas de reparalas e a veciña ou veciño que realice a comunicación recibirá un aviso no seu teléfono móbil informando do estado da reparación- se a mesma está en curso, cando está previsto acometela ou se xa se traballa nela-e en canto se solucione se lle enviará aviso, incluso cunha fotografía, para que poida ver que, efectivamente, o problema está resolto.

Alertar de situacións de risco

Esta nova aplicación, que pode baixarse dende Play Store para teléfonos android ou dende “AppStore” para teléfonos Iphone, abrangue tamén incidencias que poidan producirse en fontes e lavadoiros e sinalizacións de tráfico, permite denunciar casos de acoso escolar e violencia machista e alertar de situacións de risco social ou sanitario.

Así mesmo, os cidadáns poden pedir información sobre medio ambiente, realizar consultas e obter respostas personalizadas en 24 horas, solicitar a recollida de residuos, buscar información sobre puntos de interese do concello ou acceder a outros servizos municipais como o de Turismo, Patrimonio, Urbanismo ou Edificios Públicos.

 

Notificacións e novas no teu teléfono 

Os veciños e veciñas que o desexen poderán recibir no seu teléfono todas as comunicacións, novas de actualidade e alertas  que o Concello publique nas súas redes sociais e participar, tamén, en consultas e enquisas que se fagan dende a administración municipal.

Descarga a aplicación en android ou iphone (pulsando nas imaxes):

 

Linea Verde AsNeves_Incidencias_diptico

Ler Máis
Reunión Aldea Modelo As Neves
30 Mai
0

As Neves creará a súa primeira ‘aldea modelo’ nunha superficie de 40 hectáreas nas parroquias de Tortoreos e Rubiós

Reunión Aldea Modelo As Neves

Reunión Aldea Modelo As Neves

Recuperar para o seu desenrolo económico e ambiental 40 hectáreas de monte entre as parroquias de Tortoreos e Rubiós. Ese é o proxecto no que traballa o Concello das Neves coa Consellería de Medio Rural da Xunta.

Un dos chanzos deste plan subiuse na reunión mantida nas Neves entre o  alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, o director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), Miguel Pérez Dubois,subdirector de Mobilidade de Terras da mesma axencia, e Antonio Crespo, delegado territorial da Consellería de Medio Rural.

Creación de emprego 

A intención é “pasar do abandono á utilidade”, recuperando un espazo desatendido para obter produtos con selo ecolóxico, “facilitando a creación de emprego e de riqueza e, ao tempo, comprometerse coa recuperación ambiental”, indica o alcalde das Neves.

Nesta superficie, que seguirá sendo dos seus propietarios, está previsto o establecemento de diferentes actividades de explotación que manterán o respecto polo medio ambiente, permitirán o uso da terra e xerarán bens de consumo.

Recuperación de terras abandonadas

Este proxecto engarza coa recuperación de terras agrarias abandonadas que está a impulsar a Xunta por medio das ‘Aldeas Modelo’ que, coma no caso desta demarcación entre as parroquias de Tortoreos e Rubiós, pretende mobilizar a terra para a recuperación produtiva en zonas abandonadas preto de núcleos de poboación, contribuíndo, ademais á prevención de incendios.

Ler Máis
29 Mai
0

Informe da Comisión de Seguimento da Covid-19 do día 29/5/2020

 
As Neves segue cun só caso rexistrado de Covid-19.

O Concello recolleu novas doazóns para o Banco de Alimentos.
 
Fíxose a reposición de mascarillas hixiénicas infantís nalgúns establecementos.
 
 
Lembramos a lista de establecementos nos que os veciños e veciñas poden recoller de balde mascarillas hixiénicas reutilizables de tipo infantil e adulto.
 
Sinalamos algunhas indicacións importantes sobre as mascarillas hixiénicas que o Concello achega aos veciños e veciñas.
 

Ler Máis
28 Mai
0

Informe da Comisión de Seguimento da Covid-19 do día 28/5/2020

Sanidade informa de que nas Neves seguimos cun só caso rexistrado de COVID-19.

No Concello recibimos este xoves un pequeno lote de material de protección da Xunta: 200 luvas, 250 mascarillas cirúrxicas, 4 traxes antisalpicaduras, 7 batas doadas por Inditex e 3 pantallas faciais.

Colocación dun timbre no edificio de Servizos Sociais para xestionar mellor a atención ás persoas que acoden despois de solicitar cita previa nos diversos servizos.

Lembramos que dende o luns, tanto a Casa do Concello como Servizos Sociais, volven ofrecer o servizo de atención presencial en horario de 9:00 a 14:00 h. Cumprindo coas medidas sanitarias requiridas e só con cita previa.

A cita pode solicitarse telefonicamente:
Casa do Concello: 986 64 80 38
Servizos Sociais: 986 66 71 34 / 689 98 42 10
Ou a través da Sede Electrónica do Concello:   
https://concelloasneves.sedelectronica.gal

Ler Máis