Blog

19 Mai
0

Informe da Comisión de Seguimento da Covid-19 do día 19/5/2020

Un día máis, o Servizo Galego de Saúde indica que As Neves ten rexistrado un único caso de Covid-9 dende que se declarara a pandemia.

Este martes fixemos entrega de comestíbeis ás familias usuarias do Banco de Alimentos.

Hoxe, tamén, o Concello realizou a reposición de mascarillas hixiénicas (modelo adulto e infantil) e tamén cirúrxicas, nos establecementos abertos ao público. 

Iniciamos unha campaña de promoción e dinamización do comercio local.

Ler Máis
19 Mai
0

Comeza o cambio do céspede do campo ‘Pepe Capón’

O Concello comezou este venres pasado, día 15 de maio, os traballos de substitución do céspede do campo de fútbol ‘Pepe Capón’, que estaba seriamente danado debido ao incendio de 2017.

O cambio dos 6.842 metros cadrados da actual herba artificial por céspede coa certificación FIFA Quality Pro, foi adxudicada á empresa Mondo Ibérica por un orzamento de 126.868,50 €, que se financiarán coa axuda para bens públicos danados polo incendio de 2017 achegada polo Ministerio de Política Territorial e Función Pública (49%), a aseguradora MAPFRE (23%) e Fondos do Plan Concellos da Deputación (28%).



Óscar González, segundo tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, indica que as obras terán unha duración mínima de tres semanas, que pode variar en función da climatoloxía; pois a chuvia dificulta estes traballos.

Ler Máis
18 Mai
0

Informe da Comisión de Seguimento da Covid-19 do día 18/5/2020

Sanidade confirma que As Neves segue cun só caso rexistrado de Covid-19 .

O Concello vén de achegar material de protección (batas, luvas, mascarillas cirúrxicas e pantallas) na escola infantil ‘A Galiña Azul’, que  abriu o seu prazo de matrícula este luns.

Levamos a cabo a recollida de alimentos da Fundación Amigos de Galicia.

Fíxose a entrega de alimentos nos domicilios das familias usuarias do Banco de Alimentos, que segue a recibir doazóns. O Concello expresa, unha vez máis, o seu agradecemento a todas e cada unha das persoas que colaboran.

Este luns tamén se levaron mascarillas de tipo adulto e infantil no Centro Social de Santa Eulalia de Batalláns.

Ler Máis
17 Mai
0

A decisión de Abanca de abrir nas Neves só dous días á semana causa aglomeracións e retrasos de máis dunha hora nas xestións

O Goberno local das Neves quere amosar o seu desacordo total coa decisión da dirección da oficina de Abanca de non abrir ao público de luns a venres e seguir atendendo ás veciñas e veciños que son clientes desta entidade só dous días á semana.

De xeito reiterado, dende o inicio do ‘Estado de Alarma’, o propio alcalde contactou cos responsábeis de Abanca para que se modificaran os días de apertura, facéndoos coincidir cos días de mercado e insistindo tamén para que a apertura se estendese aos 5 días da semana.

A dirección da oficina non amosou disposición algunha de modificar a situación actual, algo que o Goberno local considera inxustificado, considerando que hai outra entidade financeira nas Neves que si abre os cinco días da semana e, ademais, un menosprezo ás veciñas e veciños e un agravio con respecto a outros concellos nos que Abanca si atende nas súas oficinas de luns a venres.

Dende o Concello lémbrase que estamos diante dun servizo moi necesario, aínda máis atendendo á tipoloxía da poboación das Neves, o que non fai factible remitir aos seus clientes á ‘banca electrónica’ ou ao caixeiro automático.

Aglomeracións e demoras de máis dunha hora

Cada un dos dous días nas que abre a oficina- martes e venres-prodúcense aglomeracións e colas, que fan que  sexa moito máis difícil cumprir coas medidas sanitarias e que causan que calquera xestión tarde máis dunha hora, algo que non se produciría se a sucursal abrise os cinco días laborais da semana.

Por todo isto, o Goberno municipal insta aos responsábeis de Abanca a adaptar as instalacións da oficina das Neves para que cumpran coas medidas hixiénico sanitarias establecidas e a abrir ao público de luns a venres no seu horario habitual.

Ler Máis
16 Mai
0

O Concello das Neves mantén un compromiso permanente co idioma

A situación na que nos atopamos non nos permite celebrar as Letras Galegas como tiñamos programado, pero é unha data moi importante para a difusión do uso e a normalización do galego, e non a queremos deixar pasar.

Por iso, a Concellería de Cultura, anima a espallar o apoio ao galego a través das redes sociais, compartindo imaxes, vídeos e/ou fragmentos de texto de libros en galego.

O primeiro libro que liches, o último, o que volverías ler, o máis importante para ti, etc.

Queremos encher a rede de literatura galega, para encher as redes de galego!

Alén desta iniciativa de participación, este ano, no que se lle dedican as Letras galegas a Ricardo Carvalho Calero, queremos contribuír ao achegamento e difusión da figura deste filólogo, lingüista e escritor galego:

Entrevista ao autor realizada por de Víctor F. Freixanes, actual presidente da Real Academia Galega, no programa A trabe de Ouro da TVG do ano 1987: https://bit.ly/3dQY8E5

Para os máis pequenos e pequenas da casa, Pepe Carreiro, autor da serie Os Bolechas, vén de crear unha nova edición dedicada a Ricardo Carvalho Calero que se pode ver e descargar aquí: https://bit.ly/2X2sJrn

 

Ler Máis
16 Mai
0

Regulación das prórrogas da ITV caducadas dentro do estado de alarma

O  Ministerio de Sanidade publica hoxe unha Orde pola que se establece unha nova prórroga da validez dos certificados de ITV de vehículos.


Ata agora, a validez estaba prorrogada de xeito automático 30 días despois da finalización do estado de alarma (SND/325/2020, de 6 de abril).


Para posibilitar a realización do elevado número de inspeccións que quedaron pendentes trala declaración do estado de alarma, que supuxo o peche das estacións de ITV, vese necesario fixar novos períodos de prórroga dos certificados que serán de aplicación a partir de hoxe, 16 de maio de 2020.

Acceso ao texto completo do BOE: https://bit.ly/2z1ol43

Ler Máis
15 Mai
0

Informe da Comisión de Seguimento da Covid-19 do día 15/5/2020

Sanidade confirma que seguimos cun só caso rexistrado de COVID-19 nas Neves.

Continúa a reposición de mascarillas cirúrxicas e hixiénicas nos establecementos abertos ao público. Xa son 39 os lugares de recollida de mascarillas destinadas a toda a veciñanza; actualizamos unha vez máis a lista.

Preparación de alimentos para entregar a partir do luns. Ese mesmo día tamén se realizará a recollida de alimentos doados pola Fundación Amigos de Galicia, que serán distribuídos o martes.

O Concello reitera o seu agradecemento ás persoas que integran o grupo de costura solidaria de mascarillas, que continúan traballando para todas as veciñas e veciños.

Ler Máis
14 Mai
0

Informe da Comisión de Seguimento da Covid-19 do día 14/5/2019

Seguimos cun só caso rexistrado de COVID-19 no concello.

Reposición de mascarillas cirúrxicas e hixiénicas nos establecementos abertos ao público.

A colaboración segue aumentado, e xa son 38 os lugares de recollida de mascarillas destinadas a toda a veciñanza; actualizamos a lista.

Ler Máis
13 Mai
0

Informe da Comisión de Seguimento da Covid-19 do día 13/5/2020

As Neves segue cun só caso rexistrado de COVID-19 no concello.

Doazón da veciñanza ao Banco de Alimentos.

Reposición de mascarillas cirúrxicas e hixiénicas nos establecementos abertos ao público.

Xa son 35 os lugares de recollida de mascarillas destinadas a toda a veciñanza, actualizamos a lista.

Ler Máis
12 Mai
0

Informe da Comisión de Seguimento da Covid-19 do día 12/5/2020

Sanidade confirma que As Neves segue cun so caso rexistrado de Covid-19.

Recibimos a doazón de alimentos do comedor escolar do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé para o Banco de Alimentos.
 
O Concello levou a cabo a reposición de mascarillas cirúrxicas e hixiénicas nos establecementos abertos ao público.
 
Ademáis, fíxose entrega de mascarillas e outro material de protección a aqueles que reabren estes días.
 

Ler Máis