

Normas de aplicación no ámbito da mobilidade na ‘fase 1’ da desescalada, que comezou este luns, día 11 de maio, podes consultalas premendo aquí.
Condicións de ocupación dos vehículos no transporte terrestre, resumo das mesmas
????Resumo das principais medidas que entran en vigor o vindeiro luns 11 de maio con motivo do pase á fase 1 da desescalada.
????Toda a información sobre as medidas desta nova fase poden consultarse premendo aquí.
????Lembramos que seguen vixentes as medidas de seguridade e hixiene para frear os contaxios por Covid-19: distancia social, lavado frecuente de mans e uso de mascarilla nos supostos recomendados. Está na nosa man continuar avanzando.
As Neves segue a ter un so caso rexistrado de coronavirus, segundo a información de Sanidade.
O Concello segue coa reposición de mascarillas nos establecementos abertos ao público.
Tamén levouse a cabo a recollida de mascarillas confeccionadas polo grupo de costura solidaria e a reposición de material para seguir confeccionando.
Entrega de material a alumnado do IES Pazo da Mercé e a unha usuaria do Centro de Día.
A partir da vindeira semana comezará a realizarse atención presencial no andar inferior de Servizos Sociais:
– Só con cita previa, chamando ao 986 66 71 34 ou 689 98 42 10.
– Os martes e venres de 9:00 a 14:00 horas.
– Manteranse as medidas de seguridade precisas para protexer a saúde do persoal e das usuarias e usuarios.
????A Xunta vén de aprobar o levantamento da suspensión da realización de queimas nos terreos rústicos, suxeitas á obtención de autorización previa ou a comunicación, segundo corresponda, a partir do vindeiro 11 de maio de 2020.
????Para iniciar, a tramitación e en canto non estean abertas ao publico as oficinas dos distritos ou servizos de prevención de defensa de incendios, os interesados poderán utilizar dúas vías: ou ben chamando ao teléfono 012 ou a vía telemática desde o enderezo web: https://queimasweb.xunta.gal.
????Respecto daquelas autorizacións xa notificadas e das comunicacións xa efectuadas que foron deixadas sen efecto polo estado de alarma, é necesario solicitar unha nova autorización.
Todas as condicións poden consultarse no Diario Oficial de Galicia (DOG), premendo aquí.
O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPO), publica este venres a Oferta Pública de Emprego do 2020 do Concello das Neves e que abrangue estes postos:
*Axente da Policía Local
*Traballadora Social
*Axente de Emprego e Desenvolvemento Local
*Asistente de Axuda a Domicilio
*Auxiliar de Xulgado de Paz
*Educador/a Familiar
*Arquitecto/a
Podes consultar as condicións da convocatoria premendo aquí.
Sanidade confirma que As Neves segue cun so caso rexistrado de Covid-19.
Este xoves recibiuse no Concello o material sanitario enviado pola Xunta composto por: 3 botes de xel, 3 pantallas, 1 caixa de luvas M e outra L, 250 mascarillas faciais médicas e 6 batas desbotables.
A Deputación de Pontevedra achegou de 1.100 mascarillas médicas desbotables.
Vimos de actualizar a lista de establecementos onde se poden recoller mascarillas reutilizables achegadas polo Concello destinadas á poboación das Neves.
Seguimos cun só caso rexistrado de COVID-19 no concello.
Continúa a costura solidaria de mascarillas polas veciñas e veciños e auméntase o material para as de tipo infantil.
Continúa tamén a entrega de material de seguridade aos establecementos que van abrir nos vindeiros días.
Reposición de mascarillas nos establecementos abertos ao público destinadas á poboación das Neves.
Realizada unha compra grande de alimentos e produtos de limpeza para dotar ao Banco de Alimentos ata a chegada da próxima entrega, co fin de poder seguir atendendo as necesidades das familias que o necesitan.
O Servizo Galego de Saúde (Sergas) indica que As Neves segue cun só caso rexistrado de COVID-19.
Nova recollida e entrega de mascarillas e material para a súa confección por parte das persoas que realizan a costura solidaria. Tamén se repartiron mascarillas no mercado.
Ampliación de establecementos para o reparto de mascarillas. A lista actual alcanza un total de 32 puntos de recollida de mascarillas para os veciños e veciñas das Neves.
Estes son os lugares das Neves onde as veciñas e veciños que o precisen poden recoller mascarillas hixiénicas