Blog

02 Feb
0

O Concello As Neves da un paso máis cara a necesaria ampliación do Centro de Saúde

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) contará despois de Semana Santa con espazo para ampliar o Centro de Saúde de As Neves, unha vez que os cativos e cativas da actual Escola Infantil da Galiña Azul se vaian para a nova gardería, situada a carón do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé, que estará rematadas nesas datas.

Así o comprobou o xerente da Área Sanitaria de Vigo, Julio García Comesaña, quen este xoves desprazouse ata As Neves para comprobar o estado do centro de saúde e manter unha xuntanza, que fora solicitada polo alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, e pola concelleira de Benestar, Pilar González Casas.

O alcalde inspeccionou co xerente o estado do centro de saúde, no que o Concello realizou unha serie de obras, e melloras, coma a pintura das instalacións, tratamento de humidades, colocación de azulexos, substitución de marcos e a apertura dunha porta para comunicar a consulta de Pediatría e a de Enfermería, “que era unha solicitude que fixeran os responsábeis e profesionais do centro hai máis de 8 anos”.

Os representantes locais, que agradeceron a visita do xerente e cualificaron a entrevista con Julio Comesaña de “moi fluída, cordial e proveitosa”, expuxéronlle a intención de que o espazo que deixa libre a escola infantil, se destine a aumentar a superficie da zona de Pediatría e comprometéronse a remitirlle, por escrito, un adianto do proxecto a desenrolar, inmediatamente despois do traslado da gardería ao seu novo destino.

Na mesma reunión, o alcalde e a concelleira aludiron aos problemas que ten o centro de saúde no que se refire á substitución das baixas dos médicos de Atención Primaria-que o pasado mes de xullo causara ata 20 días de espera para consulta- e no servizo de Pediatría, que “se repiten dende hai varios anos” e que o xerente da Área Sanitaria asegurou que tentaría solucionar á maior brevidade, considerando as dificultades que, como explicou, hai na actualidade para atopar médicos.

Ler Máis
30 Xan
0

Respostas do proceso selectivo para cubrir unha praza de auxiliar de administración xeral vacante no cadro de persoal funcionario do concello As Neves, incluída na oferta de emprego público do ano 2018

Ler Máis
29 Xan
0

Entroido 2020

O Concello das Neves pon en marcha as actividades do entroido 2020.

O sábado 22 de febreiro será o día grande co concurso desfile de carrozas do entroido a partir das 18 horas dende a rotonda do antigo Montesol ata a Praza Maior onde haberá música, coplas, actividades infantís e a queima da velutina.

Antes, o venres 21, os centros escolares tamén celebrarán o entroido cos seus desfiles.

Publicanse as Bases que rexerán o concurso-desfile de carrozas do entroido 2020.

Bases Entroido 2020

Anexos

Algunhas imaxes do Entroido 2019

Cartaz do entroido:

Ler Máis
28 Xan
0

Bota a andar nas Neves o programa `Acompañados´ contra a soidade

Tal e coma anunciara hai un mes o Goberno local, este martes pasado, día 14 de xaneiro, comezou a andar o proxecto socio-‘Acompañados’, na parroquia das Neves, coa primeira das xuntanzas de 17 a 19 horas. O mesmo terá continuidade este mércores, día 15, na parroquia de San Cibrán, de 16 a 18 horas; seguirá o xoves, día 16, en Liñares, no mesmo horario, para retomar xa a semana que ven na parroquia de Setados de 17 a 19 h.

Retomar las relacións entre veciños e combater a soidade



‘Acompañados’ é unha actividade innovadora e pioneira, que non ten antecedentes en Galicia, que está a organizar o Concello, en colaboración con Avelaíña, unha asociación sen ánimo de lucro, e co financiamento da Fundación La Caixa.

Rafael Álvarez,  máximo responsable de Avelaíña sinala que o obxectivo deste programa é o de “facilitar as relacións entre veciños, mellorar a súa calidade de vida ao mesmo tempo que se mellora a comunidade na que vive, dentro de cada unha das parroquias das Neves”.

Ademais, supón unha axuda na labor cotiá a veciños e veciñas dun entorno rural, que en moitos casos viven illadas, especialmente no inverno, e “tecer lazos entre elas, de xeito que esas relacións persistan e sirvan para acabar coa sensación de soidade”.

Tres actividades en cada parroquia

Durante los próximos 6 meses, catro profesionais -Rosabel Rodríguez Ku, traballadora social, Lorena Francisco, psicóloga, unha técnica de emprego de Feafes Galicia e unha monitora especializada en actividades funcionais- con axuda de membros de Voluntariado de As Neves, poñerán en marcha tres actividades: Dinamización Comunitaria; Alfabetización Funcional e Procura de Emprego, en locais sociais das 13 parroquias das Neves e no propio Centro Social Municipal.

Dinamización Comunitaria

Está dirixida a veciños e veciñas maiores de 55 anos e abrangue actividades coma ‘transmisión de saberes’, obradoiros, estimulación cognitiva ou xogos que servirán para retomar e afianzar relacións ou reactivar o coñecemento. Esta actividade se realizará durante 2 horas por semana en cada parroquia.


Alfabetización Funcional

Pensada para maiores de 25 anos e menores de 65, coa que se pretende axudar a que poidan  entender un recibo, unha carta do banco ou unha notificación do Concello,  o Sergas ou de Tráfico e realizar trámites normais, coma pedir hora no médico ou reservar un billete de tren. Será na Biblioteca 2 horas por semana.

 


Procura de Emprego

Destinada a grupos de 15 persoas de máis de 25 anos e menores de 65, con participación tanto conxunta coma individual, durante 2 meses cunha periodicidade de 1,5 horas semanais.

Fotos das primeiras xuntanzas

Ler Máis
28 Xan
0

Comunicamos que Unión Fenosa Distribución S.A. pretende realizar as operacións de xestión da biomasa

Ver bando e planos no seguinte enlace

BANDO. Operacións de xestión da biomasa – Unión Fenosa Distribución S.A.

Ler Máis
28 Xan
0

EMENDA DO DECRETO DA ALCALDÍA DE APROBACIÓN DA LISTA DEFINITIVA DE ADMITIDOS E EXCLUÍDOS PARA A PROVISIÓN DUNHA PRAZA DE AUXILIAR DE ADMINISTRACIÓN XERAL VACANTE NO CADRO DE PERSOAL FUNCIONARIO DO CONCELLO DAS NEVES, INCLUÍDA NA OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO DO ANO 2018.

[TERCEIRA CORRECCIÓN ERRO DATOS PERSONAIS NA LISTA DE ADMITIDOS PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO]

Ler Máis
24 Xan
0

As Neves inicia o ciclo de Cinema de Inverno

O domingo 26 de xaneiro ás 18:30 h no Auditorio Municipal, a Concellería de Cultura das Neves inicia o ciclo de ‘Cinema de Inverno 2020’. Nesta primeira sesión o público poderá gozar da proxección das curtas infantís  ‘Jako e o ladrón de mascotas’, de Yanco Apesteguia; ‘O noticiario do espazo’, de Yanco Apesteguia e Enrique Criado e ‘Alistán, o demo oveiro’, de Tomás Conde e Virginia Curiá.

Este ciclo conta coa colaboración do Centro Galego de Artes da Imaxe e a entrada ás proxeccións é gratuíta.

Nas seguintes sesións, programadas para o 16 de febreiro e o 14 de marzo, o público poderá ver, respectivamente, unha escolma de curtas do Festival de Cans, e o filme ‘O que arde’, do director lucense Oliver Laxe, gañadora do Premio do Xurado no Festival de Cans, do Premio Gaudí á Mellor Película Europea,  e nomeada a tres Premios Goya- Mellor Director, Mellor Guión e Mellor Actriz Revelación, para a tamén lucense, Benedicta Sánchez. 
 
 

Ler Máis
23 Xan
0

SEGUNDA CORRECCIÓN ERRO DATOS PERSONAIS NA LISTA DE ADMITIDOS PRAZA DE AUXILIAR ADMINISTRATIVO

Ler Máis
23 Xan
0

Acordo Moción para a mellora da Sanidade Pública

Ver bando do acordo no seguinte enlace

BANDO DO ACORDO DO PLENO DE MOCIÓN PARA A MELLORA DA SANIDADE PÚBLICA

Ler Máis
21 Xan
0

Visita ao Miradoiro de San Nomedio

O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, acompañou este domingo pasado á directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, nunha visita ao miradoiro de San Nomedio, logo das melloras realizadas no mesmo grazas a unha achega de preto de 30.000€ por parte da Consellería de Cultura e Turismo do Goberno de Galicia.

Rodríguez Méndez subliñou que o miradoiro “ten unhas vistas únicas da comarca do Condado” e constitúe un lugar inmellorábel, tanto para quen queren gozar da natureza coma para os amantes da astronomía, “pola súa situación coma pola escasa contaminación lumínica”, o que permite unha observación clara do firmamento.

Xeodestino Condado-Paradanta

O Xeodestino Condado Paradanta, dependente do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Condado Paradanta, está a potenciar o proxecto dunha rede de miradoiros nos concellos que forman parte do mesmo​ e contempla un miradoiro de iguais características en cada vila da comarca.

694 metros de altitude

O miradoiro de San Nomedio atópase a 694 metros de altitude nun monte de grande pendente, pertencente aos montes de A Paradanta, aberto a impresionantes vistas sobre o val do Termes e do Xuliana, ademais do Miño, xa máis lonxe, abranguendo, xunto a parte de As Neves, o norte de Portugal.

No mesmo, como puido ver este domingo a directora de Turismo da Xunta, rematouse unha construción en ‘forma de tubo’ que serve de guía para mirar ao leste, cara ao nacemento do sol-o amencer- e ao oeste-o solpor-ofrecendo​ unha vista panorámica de boa parte de As Neves.

Ademais, tamén está acabado o​ ‘observatorio nocturno’, que conta cunha serie de pezas en forma de circunferencia que serven para sentarse e observar o ceo e as estrelas.

Ler Máis