Blog

28 Out
0

As Neves mellora a rúa Rosalía de Castro e a súa contorna

O Concello de As Neves está a executar, dende hai varios días, o proxecto de mellora da mobilidade e seguranza viaria na rúa Rosalía de Castro e a súa contorna. As obras abranguen o ámbito da igrexa, a Praza de San Agustín e o aparcadoiro do Colexio.

Os traballos realízanse con cargo ao plan DepoRemse da Deputación de Pontevedra, contan cun orzamento de 254.868.02€.

Retirada da ‘torre’ de Fenosa e prioridade para os peóns

Coa obra perséguese recuperar a conexión entre o centro urbano e a zona escolar, mellorar a mobilidade e seguridade e tamén acrecentar a calidade ambiental en todo o ámbito.

Os traballos no aparcadoiro inclúen a retirada da torre de Fenosa, unha antiga demanda da comunidade escolar, e definirán os espazos de aparcamento e de tránsito peonil. Na rúa Rosalía de Castro amplíase unha das beirarrúas, quedando aparcamentos en liña, e crearanse espazos da calidade ambiental usando o formigón impreso como elemento construtivo.

Na Praza de San Agustín increméntase o espazo, pasando a ser de plataforma única onde predominará o empedrado, que lle confire prioridade aos peóns.

Cambios no tráfico

Durante a obra está a haber cambios puntais no tráfico como o acceso aos aparcadoiros do cemiterio e a rúa Rosalía de Castro é temporalmente de entrada e saída.

Nos vindeiros días, co avance das obras, a rúa Doutor Martínez será de dobre sentido dende a Circunvalación só para residentes ao estar interrompido o acceso á Praza de San Agustín.

O tráfico, unha vez rematadas as obras será diferente ao actual, acollendo algunhas das demandas veciñais e as propostas de estudo de mobilidade urbana. A rúa doutor Martínez Rodríguez será de acceso a centro urbano e a rúa Rosalía de Castro permitirá a circulación en dirección ao Colexio, as dúas de sentido único de circulación.

Doutra banda, a rúa Esperanza cambiará o sentido do tráfico pasando a ser descendente e a parada de taxis situarase no espazo de aparcamento entre a Igrexa e a Praza Maior.

Ler Máis
25 Out
0

As Neves inicia o proceso para o cambio do céspede do Campo Municipal Pepe Capón moi danado por 12 anos de uso e polos incendios de 2017

O Goberno local de As Neves vén de iniciar o proceso de cambio do céspede do Campo Municipal de Fútbol ‘Pepe Capón’ que, logo do uso continuado durante 12 anos e os danos causados polo brutal incendio, presenta importantes deficiencias.

A declaración de Zona catastrófica por parte do Goberno Central, logo dos lumes de 2017 abriu a posibilidade de financiamento para esta obra de reposición e o Concello de As Neves acudiu á convocatoria de subvencións, conseguindo do Estado preto de 85.000€ de investimento para repoñer o céspede artificial.

Ao tempo, o Goberno Municipal contactou coa Federación Galega de Fútbol que se ocupou de elaborar o proxecto definitivo que ten un custo de case 170.000€, do que o Concello aportará o resto do orzamento-outros 85.000€- para realizar este traballo que se agarda que sexa unha realidade a finais deste ano ou a comezos de 2020.

Ler Máis
22 Out
0

100 quilómetros en bicicleta de montaña con saída e meta en As Neves.

Este martes o tenente de Alcalde Marcelino Couto e o concelleiro de Deportes Óscar González, presentaron a proba
ciclista ‘100km btt do Condado’, proba organizada polo club Marqués de Vizhoja – Cornelios a beneficio da asociación ‘Fibrose Quística de Galicia’.
O vindeiro sábado, día 26, os corredores sairán e chegarán á Praza Maior de As Neves logo de percorrer 100 quilómetros polos montes do Condado Paradanta.

Toda a información en:

https://www.facebook.com/bttcorneliosvizhoja/?__tn__=kCH-R&eid=ARDS7WJthaBD2qwBMNKMQynmCMuBPMVY6JUN4RWOnUDTURgLw1Jm1lAJGof-MHNXjt6zNAEL7o9Y-0UE&hc_ref=ARSOGZracOwqYORaVmiBKSsqY1HziDDztV2RxW_EeNUR0l5GAZXOUHLw20EjFK8zyLc&fref=nf&__xts__[0]=68.ARDuvG30CJqFAwcKhFA4oqpGOBMIiLE6H97HBOMNDGdgKzr_ZkZOOq63Z_b6yhLWp201UzBJKHEWcxk2TRhpz0DhGLtFPvbWbvb9DuwO9hDik3wWujNmyR_8Z9kWgg-lZbF6pojltL_J37u125gbFWs_ka8A8vrcRA6QNs2-PKp-5MFxuFzpgP0uDQLahyrVv9N6NXWFrzD-Vc0VrfeKWEZCfTDNnFmDHD4jK2xrqa8rx3HE-XVnLH7qknjJBWtux_gM7vswMuRdPsIRd3WQVL_bhFYWfL1ZDxvaump11ojG-W-8fZc5mqiyIR9HdDfqB3llBUaRvHNgbQ2Vg5g4TpTde4p9C8JtEd1G-k5hptyX0tX8EHk-dsea2Z1I7WmLcWaTQJofJFXsawQFXKT7LeeJvcWuSEH1qyoKK3nO6KvbrRi2BsgygeudZq5IFPMgHt9hcOozRj2PlzZKiygd-RZeHBxDGbjzw7BpfotIu94BAh2t7pyLvg

Ler Máis
22 Out
0

Novo miradoiro en San Nomedio

O Xeodestino Condado Paradanta, dependente do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Condado Paradanta, está a potenciar o proxecto dunha rede de miradoiros nos concellos que forman parte do mesmo, financiados, nunha grande porcentaxe con fondos procedentes da Xunta de Galicia.

Este proxecto, que ten un orzamento de máis de 37.000€, contempla un miradoiro de iguais características en cada vila e, no caso de As Neves, será en San Nomedio, na parroquia de Taboexa.

Alí estase a rematar unha construción en forma de tubo que servirá de guía para mirar ao leste, cara ao nacemento do sol-o amencer- e ao oeste-o solpor-ofrecendo unha vista panorámica de boa parte de As Neves.

A outra parte do deseño abrangue a instalación do observatorio nocturno, mediante unha serie de pezas en forma de circunferencia que serven para sentarse e observar o ceo e as estrelas

O miradoiro de San Nomedio atópase a 694 metros de altitude nun monte de grande pendente, pertencente a los montes de A Paradanta, aberta a impresionantes vistas sobre o val do Termes e do Xuliana, ademais do Miño, xa máis lonxe, abarcando, xunto a parte de As Neves, o norte de Portugal.

Ler Máis
22 Out
0

Proxectos de Alfabetización, Búsqueda de Emprego e Intervención Socio-Comunitaria, grazas á financiación da ‘Fundación La Caixa’

O Goberno local de As Neves vén de enviar a todas as veciñas e veciños da vila unha carta na que informa da posta en marcha, dende o mes de novembro, de varios proxectos sociais, que poden realizarse grazas á achega da ‘Fundación La Caixa’.

Estes tres proxectos, que serán totalmente gratuítos para quen queira participar neles, son:

Alfabetización, destinado a persoas que queiran aprender ou mellorar o seu nivel de lectura e escritura. O mesmo terá 6 meses de duración; Técnicas de búsqueda de emprego, destinado a persoas en idade activa (de 25 a 65 anos), ao longo de dous meses; e Intervención Socio-comunitaria, para persoas de máis de 55 anos, que durará 5 medes e que se impartirá nos locais das parroquias abranguendo actividades coma obradoiros, xogos, parladoiros nos que compartir saberes, tempo e intereses dun xeito ameno.

Todas as persoas interesadas poderán anotarse nas oficinas dos Servizos Sociais Municipais, ou a través do teléfono 986 667 134.

Nas vindeiras semanas, persoas do grupo de Voluntariado de As Neves, visitarán as casas do concello para informar e animar á participar nestas actividades, que pretenden fomentar redes de apoio entre as persoas das distintas parroquias.

Ler Máis
19 Out
0

O Concello das Neves leva a cabo distintos traballos de mellora en centros de ensino

A Concellería de Ensino e Benestar Social vén de realizar distintos traballos de arranxo e mellora en varios centros de As Neves, destinando aos mesmos máis de 8.000€.

Escolas infantís de Rubiós e Taboexa

A semana pasada remataron as obras de rehabilitación, aviado e instalación do parque da Escola de Educación Infantil de Rubiós, que abrangueron a reposición, reparación e revisión de pezas, pintado de estruturas, recuperación da varanda e substitución de táboas rotas, ademais de aviar os soportais exteriores e substituír as pezas dos baños, por un importe total de 4.186,60€.

O parque, situado a carón da nova Casa da Música, está aberto para uso de todas as veciñas e veciños da parroquia e, nos vindeiros meses, o Concello orzamentará a habilitación dun novo ‘patio interior’ na propia escola.

Do mesmo xeito, nos vindeiros días, coincidindo co aumento da matrícula na Escola Infantil de Taboexa, o Concello realizará a instalación da calefacción na mesma logo de que se habilitase a segunda aula. O orzamento para este traballo superará os 1.500€.

Galiña Azul

Nas últimas semanas, o Concello rematou a colocación do valado arredor do xardín, con presuposto que superou os 600€ e xa empezaron os traballos para situar o novo centro na antiga casa do conserxe do colexio.

Esta nova escola, prevista para acoller, en principio a 20 nenas en nenos, terá unha superficie de máis de 160 metros cadrados e disporá dunha parcela de máis de 400 e estará co-financiada pola Xunta de Galicia.

O custe total da mesma será duns 300.000€ dos que a administración galega aportará 225.000, o 75%, e o Concello de As Neves, os outros 75.000- o 25%.

CEIP Pazo da Mercé

Ao longo verán, aproveitando as vacacións escolares, o Concello levou a cabo distintas melloras e arranxos no CEIP Pazo da Mercé, fundamentalmente na instalación eléctrica, espazo deportivos ademais da retirada de distintos materiais para o punto limpo.

A concelleira de Ensino, Pilar González Casas, agarda poder manter unha xuntanza co xefe territorial da Consellería de Educación, César Pérez Ares, a cal xa se ten solicitado en dúas ocasións, para expoñerlle a necesidade de acometer o cambio de fiestras e persianas, “que son as mesmas que na súa inauguración hai máis de 30 anos” e que atópanse en moi mal estado.

Ler Máis
15 Out
0

O Goberno local explicará ás veciñas e veciños as alegacións presentadas ante o Ministerio de Industria en contra do trazado da liña de alta tensión

O vindeiro xoves, día 17, ás 21:00h., na Casa de Auga da parroquia de Vide, o alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez, á fronte de todo o equipo do Goberno local, mantén unha xuntanza con veciñas e veciños para informarlles sobre as alegacións presentadas diante do Ministerio de Industria, contra o novo trazado da liña de alta tensión.

Dacordo coa información de Red Eléctrica Española, o novo trazado, polo que circularán máis de 400.000 voltios, sairá de Fontefría, en A Cañiza e entrará en Portugal pasando moi preto de vivendas da parroquia nevense de Vide, algo ao que se opón completamente o Concello.

O alcalde amósase “absolutamente contrario” a este proxecto de trazado xa que entende que a súa proximidade ás casas, “tanto de As Neves coma de Arbo”, non é aceptable e, “presentamos estas alegacións agora que o trazado non é definitivo e o proxecto está en fase informativa”.

Para o Goberno local este novo percorrido do tendido ten alternativas é, sobre todo, non hai xustificación na súa proximidade a zonas habitadas considerando os danos que poden ocasionar o campo electromagnético.

Ler Máis
15 Out
0

As profesionais do Servizo de Atención Temperá das Neves, amosan e explican o seu traballo con nenas e nenos de entre 0 e 6 anos de idade

As persoas que o desexen poden coñecer en primeira persoa, este mércores, día 16, ás 16:30 horas- no CEIP Marquesa do Pazo da Mercé- o traballo que desenrolan os profesionais do Servizo de Atención Temperá do Concello das Neves.

Dende o pasado 2 de setembro, este servizo, desenrolado no Centro Social municipal, a cargo da psicóloga Rosa García, a logopeda Noelia Rivadas e a fisioterapeuta Tania da Rocha, ten coma obxectivo detectar e atender posibles trastornos no desenrolo de nenas en nenos de entre 0 e 6 anos de idade.

Implicación do entorno escolar e familiar

Esta atención, coma sinalan as tres profesionais, abranguen un conxunto de intervencións e iniciativas que non só teñen coma implicados aos pequenos, senón “ás persoas da súa contorna”, coma os país, educadores e familiares.

Intervención de servizos sociais, profesores e pediatras

Na detección de posíbeis dificultades ou problemas no desenrolo teñen unha importancia clave as profesoras e profesores das escolas de Educación Infantil, o persoal do departamento de Servizos Sociais, que está en contacto diario con familias do concello e a Pediatra, que pode atopar alteracións, sexan transitorias ou non, que requiran unha análise, estudo e atención.

Importancia da actuación dende os primeiros meses de vida

Este servizo, que conta cunha subvención do Goberno de Galicia, por medio da Consellería de Política Social, atende na actualidade en As Neves a 8 nenas e nenos con dificultades no seu desenrolo, ou en risco de telas, aos que se estimula mediante técnicas de fisioterapia, psicomotricidade e logopedia, desenroladas mediante xogos e actividades de lecer e entretemento, de cara a darlle resposta, axiña, ás mesmas.

Rosa, Noelia e Tania, subliñan a transcendencia de traballar con cativas e cativos xa dende os primeiros meses posto que aproveitase a facilidade de aprendizaxe e capacidade de adaptación que ten o cerebro de bebés e nenos de entre 0 e 6 anos. É nesta etapa de tempo na que máis se pode favorecer o desenrolo das pequenas e pequenos proporcionándolles percepcións sensoriais que os estimulen.

Ler Máis
01 Out
0

XIV Festa do Tinto Rías Baixas

AS NEVES ACOLLE A ‘XIV FESTA DO TINTO DAS RÍAS BAIXAS’ CUN PROGRAMA QUE EMPEZA ESTE XOVES E ABRANGUE DISTINTAS ACTIVIDADES DURANTE NOVE DÍAS

O programa da ‘XIV Festa do Tinto das Rías Baixas’, que como cada ano ten As Neves coma escenario, empeza este mesmo xoves, 3 de outubro, e seguirá, con diferentes propostas e actividades, ata o vindeiro día 12.

Segundo sinala o alcalde de As Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, o obxectivo é xerar ao redor desta festa unha ‘cultura’ dos sabores, tanto dos propios desta cita enolóxica, coma gastronómicos, culturais ou paisaxísticos.

Con esta idea, o vindeiro xoves, terá lugar unha ‘Cata-maridaxe A catro mans’, ás 21:30h, no Restaurante Horta e Viño do Hotel Nande, cos chefs Fran Sotelino e Rui Ribeiro.

O sábado, día 5, ás 16:30 h,dende a Praza do Concello, sairá a ‘Andaina do Tinto Rías Baixas’, que durante dúas horas percorrerá viñedos de As Neves, completado a xornada cun ‘concerto no solpor’ e a degustación de pincho e viño da D.O. Rías Baixas no Hotel Nande.

Ese mesmo día, e ata o venres, 11, desenrolarase a ‘V Ruta dos pinchos do Tinto Rías Baixas’, no que participan os principais locais de restauración de As Neves, ofrecendo pincho e viño a un prezo de 2,5€.

O sábado 12, chegará o ‘día central’ da cita deste ano, que empezará ás 10:30 h. coa apertura da Festa, dará paso ás 13:00h. ao pregón a cargo da actriz e presentadora de televisión Neves Rodríguez, quen abrirá unha xornada na que ademais do protagonismo do viño e da gastronomía, haberá música e actividades pensadas para os máis pequenos.

 

Ler Máis
13 Set
0

Selección de 2 prazas do programa “O teu primeiro emprego”

O Concello das Neves solicitou subvención para a contratación de dous/dúas traballadores/as en réxime de contrato en prácticas, de conformidade co BOPPO N.o 92 de data 15 de maio de 2019, no que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións dirixidas a entidades locais para a contratación de ata dúas persoas en réxime de contrato en prácticas.
Trátase da contratación en interese do fomento da empregabilidade dos desempregados da Provincia de Pontevedra de dous/dúas traballadores/as a xornada completa durante 6 meses prorrogables ata 2 anos, para colaborar cos  correspondentes servizos municipais e para as seguintes titulacións:
– Diplomatura/Grao en Educación Social.
– Grao en enxeñería de Edificación Arquitectura Técnica/Arquitectura Técnica en
Execución de Obras.

 

Documentos do proceso de selección:

Decreto de Convocatoria e Bases de Selección do programa O TEU PRIMEIRO EMPREGO

Instancias programa

Resultados da Comisión de valoración

Resultado da comisión de selección para a praza de arquitectura técnica co gallo da ampliación da oferta

Ler Máis