Blog

15 Abr
0

Información da xestión dos lumes

VOLUNTARIADO:

Unha vez máis, cumplimos co noso compromiso de facer públicos os movementos da conta “AS NEVES ZONA 0”

Neste último ano seguimos traballando en tres áreas fundamentais.

REFORESTACIÓN: Colaboramos na plantación de máis de 10.000 árbores autóctonas en diversas zonas do concello, sempre en colaboración coas respectivas Comunidades de Montes e o Concello das Neves, e por suposto grazas as doazóns de distintas empresas e institucións.
O MONTE NACE NA ESCOLA: Colaboración cos centros educativos do concello para a posta en marcha deste proxecto para que paulatinamente pase a formar parte do proxecto educativo de cada un deles.
OFICINA DE VOLUNTARIADO: Atención aos veciños e veciñas, os venres de 10:00 a 13:00 no Centro Social donde tratamos de axudar con aquilo que esté nas nosas máns, dubidas de a donde dirixirse, e axuda nalguns trámites aparentemente sinxelos, como por exemplo a solicitude do Bono Eléctrico.

Aproveitamos para recordarvos que o Voluntariado das Neves, é unha organización aberta a tod@s aquel@s, que queirades colaborar, tanto presencialmente como aportando ideas que creades que podemos levar a cabo.
Para porvos en contacto ou pedir máis info podedes pasar os venres pola oficina ou contactar con nos a través de voluntariadoasneves@gmail.com

Máis información sobre as xestións do voluntariado no facebook Concello As Neves

GRAZAS.

Ler Máis
05 Abr
0

Reunión informativa e de entrega de composteiros das vivendas próximas a zona urbana

Reunión informativa e de entrega de composteiros do Plan #Revitaliza. Para as vivendas con xardín ou horta da parroquia das Neves máis próximas ao centro urbano.

Celebrarase o vindeiro mércores día 10 as 19 horas no Centro Social.

#AsNevesémedioambiente
#AsNevesecolóxica

Ler Máis
05 Abr
0

Presentada a Feira do Requeixo e do Mel das Neves que este ano dobra a súa duración

Presentada a Feira do Requeixo e do Mel das Neves que este ano dobra a súa duración
A Feira do Requeixo e Mel deste 2019, a número 28, que se celebra en As Neves, está a abranguer este ano un gran número de propostas que levan sucedéndose varias semanas ate chegar aos días ‘centrais’ desta celebración, que este ano serán dous: o 19 e 20 de abril.
Así o explicou na presentación da feira,este venres, o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, quen estivo acompañado do presidente de la cooperativa do requeixo do Condado-Paradanta, Alejandro Martínez, e da técnico de Turismo de As Neves, María Francisco.
Un programa ateigado de actividades
O programa ten propostas para o tempo de lecer, para maiores e cativos, para os amantes das tradicións, para aqueles e aquelas que queiran amosar as súa pericia culinaria ou para os e as que prefiran gozar, sen máis, da gastronomía.
Tamén haberá tempo para a música, novas experiencias relacionadas coa elaboración do requeixo e a obtención do mel, para relacionarse coa natureza, para coñecer a cultura e as tradicións de As Neves e para os e as amantes do deporte.
Cumprindo coa tradición, nesta edición os asistentes poderán probar unha nova receita que ten coma base o requeixo: unha ensalada con salsa de requeixo salgada, algas, mexilóns e brotes de mostaza.

Pregón do chef Iván Domínguez
Como xa é tradicional, o ‘día grande’ da feira será o venres 19, ‘venres santo’, no que a mesma quedará aberta ás 11 da mañá, antes de dar paso ao pregón que este ano estará a cargo do chef Iván Domínguez, do restaurante  Nado, ‘Estrela Michelín’ e integrante do Grupo Nove.
Como en anos anteriores o pregón consistirá na elaboración dunha receita na que o chef empregará requeixo coma un dos principais ingredientes da mesma.
Ese mesmo día terá lugar a entrega dos premios do II Concurso de Receitas Requeixo das Neves, convocado o martes día 16 e no que paticipan estudantes do Obradoiro de EFA-A Cancela.
Haberá, de seguido, animación musical, a actuación de Circo Chosco, na Praza Maior, para os cativos, e pechará a xornada, no mesmo escenario, o concertó de A Banda das Crechas e Davide Salvado.
O segundo día, sábado 20
A novidade deste 2019 será a suma dun segundo día de Feira que empezará co Kaiak do Requeixo, no río, da man dos integrantes de Paralelo Zero. Seguirá co I Gran Capítulo Cofradía do Tinto das Rías Baixas e continuará co ‘Vermú Musical’ na Praza Maior. O remate da feira será para as rapazas e rapaces coa actuación, xa pola tarde, de Os Meninos, na Praza Maior.
Bases II Concurso de Receitas:

Ler Máis
04 Abr
0

Prestación por filla ou fillo menor de 3 anos

O Concello das Neves informa da prestación económica para persoas que teñan fillas ou fillos menores de 3 anos.

Cartaz – Resumo prestación

Ler Máis
04 Abr
0

Programa de Balnearios e Talasoterapia

O Concello das Neves informa dos programas de Talasoterapia e Balnearios da Xunta de Galicia

Resumen BALNEARIOS e TALASOTERAPIA

BALNEARIOS_2019_folleto

TALASOTERAPIA_diptico_2019

Ler Máis
03 Abr
0

Estrea do documental O Salto

Despois de meses de traballo e quiilómetros chega o momento para anunciar a estrea de O SALTO ????, un documental que recolle como a forza popular impediu que se construira un novo encoro no río Miño ao seu polo Condado-Paradanta: o Salto de Sela. O lugar escollido para a súa estrea é o Auditorio Municipal (As Neves) o próximo sábado 27 de abril ás 20:00, acto no cal nos acompañará algúns dos protagonistas desta historia.

Esperamos vervos a todos!

???? TAQUILLA INVERSA: o prezo da entrada será voluntaria.

???? Adrián González Fernández

Ler Máis
26 Mar
0

O Concello consegue que a Xunta poña solución ao xiro no cruce da PO-400 na parroquia de Setados, cambiando a sinalización horizontal, mellorando a visibilidade e reforzando a seguridade

As xestións feitas polo Goberno local das Neves diante da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, para poñer solución ao xiro no cruce da PO-400 cara a parroquia de Setados, deron resultados.

Este mesmo martes, a consellería está modificando o pintado da sinalización horizontal desta estrada, de xeito que sexa posible realizar o xiro cara a pista que leva a Laxes, a Igrexa e que conecta coa maioría da parroquia de Setados.

O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, subliña que trátase dunha medida “provisoria” de cara a que se artelle a solución definitiva que o Goberno local entende sería a ‘colocación’ dunha ‘rotonda’ ou unha ‘raqueta’ neste cruzamento, “garantindo a seguridade para os vehículos e as veciñas e veciños que pasan camiñando por esta zona”.

A nova sinalización, que incorpora un espello no cruce, modifica o ancho dos carrís de circulación neste lugar, “mellora a visibilidade e fai máis doada e máis segura a saída cara As Neves, tal e coma pedían os habitantes de Setados e reclamamos dende o Goberno local”.

Ao mesmo tempo que se cambia a sinalización, o Concello está a levar adiante o asfaltado do treito dende este cruce ata a entrada da parroquia “que estaba en moi mal estado e que agora quedará arranxado cunha nova pavimentación”.

Ler Máis
26 Mar
0

Contratación temporal dun bibliotecario/a para o Concello das Neves

O Concello das Neves pon en marcha o proceso de selección temporal dun bibliotecario/a e publica os seguintes documentos:

BASES e outras publicacións

Bases da convocatoria de auxiliar de biblioteca

Decreto anulación da oferta auxiliar de biblioteca

Ler Máis
26 Mar
0

II Xornadas de Abril de Historia das Neves

II Xornadas de Abril de Historia das Neves

Ler Máis
25 Mar
0

A Deputación porá en marcha este mes tres centros de compostaxe comunitaria do plan Revitaliza nas Neves

O mércores día 13 realizarase unha charla informativa ás 18.30 horas no composteiro comunitario situado diante da Casa da Xuventude

O mestres e mestras composteiros do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra porán en marcha neste mes de marzo tres centros de compostaxe comunitaria no centro urbano do Concello das Neves. O obxectivo é mudar o modelo de xestión de lixo de toda a veciñanza tanto no núcleo da vila coma no rural, e que todos os biorresiduos se composten en lugar de depositalos nos colectores verdes.

Haberá unha reunión informativa para a posta en marcha de cada un dos centros de compostaxe comunitaria. A primeira será este mércores día 13 ás 18.30 horas no composteiro situado diante da Casa da Xuventude. Alí as catro mestras e mestres composteiros que traballan no Concello, xunto co técnico de residuos, explicaran á veciñanza todo o que precisen sobre compostaxe, aclarando as dúbidas que poidan xurdir sobre o funcionamento do centro comunitario e o proceso que pasa o lixo orgánico para converterse en compost. O persoal técnico anima aos veciños e veciñas da zona a achegarse e incluso a levar os seus restos de comida e vexetais para así coñecer de primeira man todo o que precisen saber, co fin de eliminar mitos sobre posibles problemas.

As seguintes postas en marcha de composteiros comunitarios serán o xoves 21 de marzo ás 18.30 horas nas inmediacións do centro de compostaxe da rúa Marquesa do Pazo, e o mércores 27 –á mesma hora- no composteiro situado no aparcadoiro anexo ao cemiterio. Paralelamente a estas charlas colectivas, o persoal técnico da Deputación realizará información porta a porta sobre compostaxe entre a veciñanza destas zonas co fin de concienciar da necesidade de compostar os residuos.

En total, no centro urbano das Neves instaláronse cinco centros de compostaxe comunitaria para xestionar en proximidade toda a materia orgánica. Nestes momentos hai funcionando un centro na rúa da Esperanza no que están a depositar os seus biorresiduos 80 familias da vila. Tamén hai un composteiro comunitario para o colexio Marquesa do Pazo da Mercé, así como nas unitarias de Taboexa e Rubiós, na gardería, no Instituto e na EFA.

Ademais dos centros de compostaxe comunitaria para xestionar os biorresiduos da zona con edificación máis densa no municipio está prevista tamén a distribución de 1.300 composteiros individuais, dos que nestes momentos xa se levan entregados preto de 750 por todas as parroquias do concello xunto, para o que tamén se fixeron as correspondentes visitas de seguimento. Lévanse dous anos co reparto dos composteiros individuais e a instalación dos cinco centros de compostaxe comunitaria, o Concello das Neves será un dos primeiros da provincia (xunto con Vilaboa, Mondariz, Mondariz Balneario, O Grove e Pontevedra) e de todo o estado que compostará todos os seus biorresiduos. Deste xeito cumprirá coa normativa da Unión Europea que obriga a que os concellos recollan de xeito separado o 100% do lixo orgánico e o traten de xeito específico en 2020.

Hai que lembrar que o Concello das Neves recibiu da Deputación unha subvención de 197.597,39 euros para desenvolver o Plan Revitaliza (o 87,06% do orzamento solicitado para mercar composteiros individuais, colectivos e materiais complementarios), ademais dun investimento de 92.430 euros para o convenio coa asociación ecoloxista Adega, co fin de prestar apoio á veciñanza na compostaxe individual e facer seguimento dos composteiros para garantir a calidade do compost que se produce.

A Deputación de Pontevedra leva dende o inicio de mandato a traballar no Plan Revitaliza co fin de promover a compostaxe de proximidade tanto por unha cuestión ambiental como porque se trata dun sistema de xestión de residuos máis económico que o actual, xa que se aforra o custe da recollida de máis do 50% da bolsa do lixo –que é a parte orgánica- ao tratarse in situ nos composteiros, o seu transporte ata a planta de incineración, e tamén no propio tratamento.

Ler Máis