Blog

26 Dec
0

Parque Forestal da Serra de San Fins

As parroquias de Vide, San Cibrán de Ribarteme, Cabeiras, Sela e os Concello de Arbo e das Neves elaboran a planificación do futuro Parque Forestal da Serra de Fins.

Defínense inicialmente áreas comúns de uso público, camiños, usos tendo moi enconta a prevención de incendios

 

Ler Máis
26 Dec
0

Obras nas Escolas de Rubiós e Taboexa

O Alcalde das Neves vén de supervisar as obras que se están a facer na Escola de Rubiós que teñen coma obxectivo, coma as que se levan adiante tamén na Escola de Taboexa, a mellora destes inmobles para continuar prestando o seu uso educativo.

Xosé Manuel Rodríguez Méndez comprobou que están a atallarse os problemas de humidade do edificio, así coma a de falla de illamento térmicos nas aulas, a mellora e reposición do chan e a colocación dun novo lavabo.

Para facelo posible haberá dobre fiestra en cada unha das aulas, conservando as xanelas de madeira e colocando unhas novas metálicas corredoiras. Así mesmo, está prevista a colocación dun tras-dosado interior de fábrica de ladrillo con cámara de aire e illamento e un aspirador nas chemineas das aulas, un falso teito no baño da aula principal, “para baixar a súa altura e mellorar o seu funcionamento térmico”.

Ao mesmo tempo, estanse a acometer traballos de mellora na instalación eléctrica, de calefacción e iluminación, mediante a renovación da mesma, a colocación de pantallas LED, un circuíto de alumeado de emerxencia e a colocación de novos radiadores e emisores térmicos.

Do mesmo xeito, sinala o alcalde, “estamos co mantemento da cuberta, incluíndo a substitución de xacias, pontóns e ripas en mal estado, así como de tellas rotas”.

Na Escola de Taboexa, procédese a colocación dun novo tabique divisor entre a entrada e os aseos, o pintado de teito do soportal exterior e a situación dun novo valado de madeira para protección e delimitación da zona de xogos infantís.

Poden consultar o PROXECTO

Ler Máis
19 Dec
0

Programación de Nadal do Concello das Neves, comezou coa apertura da inscrición para o Campamento Infantil, pensado para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral

O Concello das Neves vén iniciar o prazo para inscribirse no Campamento Ambiental  ‘O noso medio’, pensado para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante as vacacións de Nadal.

O mesmo, que será de balde, abrirase o luns, día 24 de decembro e durará ata o venres 4 de xaneiro de 2019. Poderán participar no mesmo nenas e nenos de entre 4 e 12 anos de idade que poderán participar en diferentes actividades dende as 9 da mañá. As inscripcións poden facerse xa no enderezo info@faia.gl.

Este campamento forma parte da ‘Programación de Nadal’ impulsada polo Concello das Neves que abrangue, entre outras propostas:

Obradoiro de Decoración de Nadal, para nenas e nenos de 5 a 12 anos (entre o 4 e o 19 de decembro, na Biblioteca Municipal); Concerto Didáctico ‘Dúas picariñas ourensás’, da man de Senén Vaamonde e dous músicos do grupo A Roda, dirixido a país e nais con nenas e nenos a partir de 2 anos de idade, o sábado 22 de decembro, ás 6 da tarde na Biblioteca Municipal.

‘Concerto de Nadal’ da Banda de Música de Rubiós, o domingo, día 23, ás 7 da tarde no Auditorio Municipal (ao remate haberá chocolate e Requeixo servido pola Coperativa do Requeixo e Mel das Neves).

6ª Carreira Popular Solidaria do Pavo, o luns, día 24, con saída na Praza Maior, organizada pola ACD Sanomedio; visita do Apalpador e Apalpadora, o venres 28 de decembro ás 12 na Praza do Concello ou, se chove, no Mercado Municipal.

Actuación Infantil ‘María Fumaça’, venres 28 ás 6 da tarde no Auditorio Municipal; o sábado 29 e domingo 30, de 10 da mañá a 9 da noite, ‘Mercadiño de Nadal: da man que ti queiras’, na Casa da Xuventude.

Concerto de Ano Novo de Corais, o domingo 30 de decembro, coa Coral Santa María das Neves e o coro invitado Lacedorium de Salvaterra de Miño, ás  6 e media da tarde no Auditorio Municipal con chocolate ao remate xunto con Requeixo e Mel.

Cabalgata de Reis, organizada polo Concello, coa colaboración do Voluntariado de As Neves, o sábado 5 de xaneiro de 2019, con saída ás 5:30 da tarde dende a Rotonda do Montesol, con percorrido polo centro da vila e remate no Pavillón Municipal. Haberá obradoiros, inflables, e entrega de agasallos aos máis pequenos.

Ler Máis
18 Dec
0

Anuncio composición bolsa de emprego auxiliar administrativo derivada do proceso selectivo expediente 366/2018

Prema no enlace para descargar o arquivo:

Anuncio_publicación_bolsa_emprego

Ler Máis
15 Dec
0

6ª Carreira do Pavo nas Neves o 24 de decembro

Presentouse no Concello a sexta edición desta carreira solidaria

A Asociación Cultural e Deportiva Sanomedio e o Concello das Neves presentaron na tarde deste venres a sexta edición da carreira popular e solidaria do Pavo nas Neves. O vindeiro 24 de decembro na tarde previa a noiteboa pequenos e maiores disputarán esta proba deportiva polas rúas das Neves.

Esta carreira xunta a parte competitiva, a familiar ou veciñal e a solidaría. Hai participantes que compiten por gañar a proba, outros participan de xeito festivo e todos o fan de xeito solidario, porque cada corredor ou corredora debe entregar alomenos un quilo de alimentos non perecedeiro que será donado a servizos sociais do concello nevés.

Na presentación, amáis de membros do clube ACD Sanomedio, o Alcalde das Neves, Xose Manuel Rodríguez Méndez e o Segundo Tenente de Alcalde e Concelleiro de Deportes, Oscar González, estiveron corredores e colaboradores locais como Ana Isabel Domínguez e o corredor e colaborador Bernardo Durán.

Ler Máis
11 Dec
0

Reunións informativas e de entrega de composteiros no sur ou suroeste do Concello

Nos próximos días o Concello das Neves xunto con técnicas/os do Plan Revitaliza e da Asociación Ecolóxista Adega continuará coas reunións para a posta en marcha do plan de compostaxe. A charla é formativa e nela entreganse diferentes documentos, o composteiro e tamén ferramentas.

O xoves 29 de novembro as 18hs na escola da Estación, o mércores 5 de decembro na Escola de Liñares as 18hs e seguirán outras.

O Alcalde, Xose Manuel Rodríguez e o Concelleiro de Medio Ambiente, Oscar González participarán nas reunións.

Fotos Estación:

Fotos Liñares:

Fotos de Tortoreos zona 1:

 

Ler Máis
09 Dec
0

I Trial no Concello das Neves

I Trial no Concello das Neves
Os días 8 e 9 de novembro na zona do Coto do Facho
Máis información en:
http://www.fgmoto.net/es/probas/2018/campionato-galego-de-trial—as-neves
Fotos:

Ler Máis
05 Dec
0

Contratación temporal dun/dunha traballador/a social para o Concello das Neves

O Concello das Neves convoca unha praza temporal, o obxecto desta convocatoria é a provisión con carácter temporal mentres dure a baixa laboral da titular,…., dun posto de Traballador/a Social.

As Bases da convocatoria son:

Bases disociadas da convocatoria dun posto de Traballador_a Social para o Concello das Neves

Resultado da selección para o posto de Traballador-a Social

Ler Máis
02 Dec
0

As adegas das Neves premiadas na VII cata das añadas da D.O. Rías Baixas

As adegas valoran que a Colleita deste ano foi de alta calidade grazas ao bo traballo de viticultura

A cata das añadas, un evento organizado pola Denominación de Orixe Rías Baixas entre tódalas adegas da denominación que cumpren os requisitos da convocatoria, (neste ano máis de sesenta adegas e perto de noventa marcas de viños), premiou nesta edición ás tres adegas das Neves co recoñecemento a diversas añadas que poñen en evidencia a positiva evolución e a calidade que se alcanza nos viños.

Os premios recoñecen a calidade dos viños analizados co transcurso do tempo e que evolucionan mellorando, incorporando matices diferentes .

A relación de premios por adegas foi:

Adegas Viña Nora.

Nora da Neve 2015. Albariño fermentado en barrica. Colleita de plata

Nora da Neve 2007 e 2014. Albariño fermentado en barrica. Colleita de ouro.

Abadía de Tortoreos.

Abadía de Tortoreos barrica 2015. Albariño. Colleita de Ouro.

Señorío de Rubiós.

Manuel de Amaro sobre lías 2016. Albariño. Colleita de Ouro.

Señorío de Rubiós 2015. Albariño. Colleita de Ouro.

Señorío de Rubiós 2010. Condado. Gran Colleita de Ouro.

A pesar de ser un ano complexo para os viticultores saldouse en positivo grazas a un traballo intenso e cada vez máis especializado. As Adegas das Neves recollen máis cantidade e agardan unha magnifica calidade deste produto.

Ler Máis
02 Dec
0

O proxecto do Parque Forestal de San fins entre Arbo e As Neves en marcha

O proxecto do Parque Forestal de San fins entre Arbo e As Neves en marcha!

As Comunidades de Montes de Sela, Cabeiras, Vide e San Cibrán de Ribarteme, a Deputación de Pontevedra e os Concellos de Arbo e As Neves, traballando conxuntamente para medrar.

Planificando o Parque Forestal en terreos que foron afectados polos lumes de 2016.

Instrumentos de cooperación imprescindibles para un futuro prometedor.

Ler Máis