Andaina con saída en Santa Mariña domingo 23
Deporte, natureza, historia, comida, xuntanza…
Andaina con saída en Santa Mariña domingo 23
Deporte, natureza, historia, comida, xuntanza…
A Biblioteca Municipal é un espazo activo de lectura, creación e participación. Ademáis dunha ampla variedade de libros, tamén dispón dunha sala de estudo, zona infantil con mobiliario de tamaño reducido (pizarra con tizas, alfombra e puffs) e unha sala de creación. Esta última sala dispón dunha mesa de tres módulos que se poden recolocar para traballar en equipo, cunha pizarra dixital.
Horario:
– De martes a venres: de 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00
– Sábados: de 10:00 a 14:00 (primer sábado do mes pechado)
Rincón de crear.
Interior da Biblioteca.
Sala de estudio e lectura.
Zona infantil.
Campionato de España de Raids de aventura 2018.
Organizado polo Club Vizhoja-Cornélios, a carreira na súa 3ª edición na Liga española pasará polos concellos pontevedreses de A Cañiza, As Neves, Arbo Salvaterra de Miño.
O Raid desenvolverase en 2 etapas o sábado 15 e domingo 16 de setembro. A etapa do sábado terá saída na Cañiza e meta en Salvaterra, consiste en 8 seccións terá un total de 150 km baixo disciplinas BTT, sendeirismo, piragüismo, natación e cordas. etapa do domingo terá lugar enteiramente no municipio de Arbo e consiste en tres etapas, cun total de 40 km.
O horario da carreira será:
Sábado de 9:00 a. m
Domingo de 9:00 a 13:00
É que supón un total de carreira 19,5h para un total de preto de 190 km de viaxe. Ao final do campionato todos terán un merecido tributo e conmemoración na Bodega Marqués de Vizhoja onde ademais de degustar produtos da nosa terra acompañados de viños Marqués de Vizhoja e boa música.
Por outra banda, este ano imos continuar o proxecto de solidariedade e colaboración coas nosas montañas: “Un ataque = a raíz”. Proxecto que comezou o ano pasado, como resultado dos incendios que causaron graves danos ambientais no noso territorio. Coa participación na competición, colaborarás na plantación de árbores para a repoboación da zona.
Para a inscrición no III Raid do Condado Marqués de Vizhoja podes facelo na ligazón a seguir Tracktherace: https://tracktherace.com/es/iii-raid-do-condado-marques-de-vizhoja-2018
Estamos esperando por todos no III Raid do Condado-Marqués de Vizhoja!
O próximo 7 de setembro arrancamos o primeiro “Mercadiño” da vila das Neves. O Mercadiño é moda, segunda man, música, arte,cine e tamén un bo lugar no que tomar algo acompñado do mellor ambiente. Calquera persoa que queira por á venta todo aquelo que non necesita que se poña en contacto con nós, así como calquera artista. Cos días iremos publicando a listaxe de actividades, estade atentas.
Horario de ACTIVIDADES durante o Mercadiño:
11:00 – Viaje a la Luna (1902) de Georges Méliès
12:00- Traballos realizados por Diaño Filmes
16:00- HER ( 2013) de Spike Jonze
18:30- Elephant Garden
Durante todo o mercadiño estaranse reproducindo outras curtametraxes e trabalhos audiovisuais ( videoclips, animacións….) se tes alcunha recomendación ou petición non dudes en escribirnos. Unha aperta!
A Deputación de Pontevedra, o Concello das Neves e a asociación ecoloxista Adega asinaron un convenio para repartir 1.300 compostadores neste municipio e cambiar o seu modelo de xestión de lixo co obxectivo de compostar todos os biorresiduos da poboación a principios de 2019.
O acordo foi asinado este luns polo vicepresidente da institución provincial, César Mosquera; o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez; e a presidenta de Adega, Virxinia Rodríguez.
O convenio permitirá nos próximos meses realizar 26 charlas de formación sobre compostaxe e a repartición de 1.300 compostadores entre as familias da localidade que dispoñen de casa con horta. Así, búscase que pasen a compostar os seus residuos orgánicos en lugar de depositalos nos contedores verdes.
Con esta iniciativa, este municipio pontevedrés será un dos primeiros do Estado que compostará todos os seus biorresiduos e cumprirá coa normativa da Unión Europea, que obriga a que os concellos recollan de maneira separada o 100% do lixo orgánico e trátena de forma específica en 2020. “Estou convencido de que seremos un espello para o país”, afirmou.
DETALLES DO ACORDO
En concreto, pola realización das charlas de formación e o seguimento individualizado Adega recibirá 92.430 euros, unha cifra que se suma á axuda económica de 197.597,39 euros concedida pola Deputación ao Concello das Neves para desenvolver o Plan Revitaliza.
Na súa intervención, o vicepresidente César Mosquera destacou que para garantir os obxectivos do Plan Revitaliza “debe haber sincronización” entre a Deputación, os concellos e o movemento ecoloxista, “xa que non hai outro camiño para implicar á poboación”. “Nós sempre traballaremos da man con esta liña”, engadiu a presidenta de Adega.
“Temos sentadas as bases para facer algo que dificilmente vai fallar”, manifestou o vicepresidente provincial, que expresou o desexo do goberno provincial de “que a compostaxe funcione con garantías e que sexa irreversible”.
Aproveita unha subvención especifica para conseguilos, a custe cero para a veciñanza
A través da financiación do fondo de compensación ambiental o goberno das Neves acaba de adquirir un vehículo novo e tamén varios tipos de contedores para a recollida do lixo. A subvención que se aproveita ao cento por cento permite a adquisición de equipamento destinado a mellora do medio ambiente.
O Concello das Neves quere seguir avanzando na transformación do sistema de tratamento do lixo, para iso amáis de apostar polo plan de compostaxe -plan Revitaliza-, ao tempo dota aos seus núcleos de poboación de máis posibilidades para a reciclaxe. Neste momento remata de comprar contedores para a recollida selectiva de papel-cartón, envases e outros de tamaño menor para o seu uso en eventos.
Por outra banda, tamén ven de entregarse a nova furgoneta que servirá para mellorar a prestación dos servizos públicos sustituíndo, en breve a algún dos vehículos máis antigos que están no límite da súa vida útil.
O Concelleiro de medio ambiente e patrimonio, Oscar González, indica que amáis de atender o día a día da xestión, o goberno nevés quere transformar a realidade como no mencionado caso do tratamento do lixo.
Romaría celebrada no cumio do monte Sandomedio, pertencente á parroquia de Taboexa cada 7 de agosto, que serve de punto de encontro e intercambio cultural.
Dende algunhas das parroquias limítrofes organízanse andainas ata a romaría, mesmo existen grupos de persoas que se desprazan ata a zona o día anterior acampando xa no día previo ao festexo.
Celébrase unha misa normalmente ás 13:00 horas. A festa prolóngase dende a primeira hora da mañá durante todo o día. Os actos acompáñanse de música tradicional, postos de comida e bebida, etc.
Ademáis atópase moi preto a Área Recreativa de Pousadouro onde moitas persoas que se desprazan a esta celebración aproveitan para comer e descansar nun entorno natural e tranquilo.
Tódalas actividades culturais e deportivas que se celebrarán no Concello durante este verán…