Dende este sábado, 25 de setembro, coa entrada en vigor de novas normas de avance cara a ‘desescalada‘ na alerta pola COVID-19, xunto coa vantaxosa situación epidemiolóxica das Neves, o Concello permitirá a organización nas instalacións municipais de actividades socioculturais por parte de asociacións se fins de lucro.

Con carácter xeral, e atendendo ás normas actuais decretadas pola Consellería de Sanidade, permitirase unha capacidade máxima do 75% dos espazos e, naquelas actividades realizadas por grupos non se excederá o número de 10 persoas en cada un deles, sexan ou non conviventes, excluída a persoa monitora ou guía.

En todo caso, é obrigatorio comunicar ao Concello previamente a realización das actividades, xa que as normas poderán ser revisadas e adaptadas a cada circunstancia en función das restricións vixentes, decretadas pola Xunta de Galicia, que podes consultar premendo aquí.