Borja Cachaldora é o novo axente da Policía Municipal de As Neves. Incorporarase o vindeiro 10 de xullo, estará en prácticas ata o 5 de setembro e, de novo, do 23 de decembro ao 31 de xaneiro de 2022, ata a súa toma de posesión oficial o 1 de febreiro.
O novo axente, de 28 anos de idade, completará os seis meses de adestramento regulamentario, a metade deles nas Neves e os outros tres na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) na Estrada. Neste tempo recibirá formación en materia xurídica, operativa, asistencial, de tráfico, administrativa, técnica, social, xudicial ou de investigación.
Borja será o primeiro que ten o concello en dous anos e o segundo en toda a súa historia. O seu antecesor estivo no seu posto preto de tres décadas, ata a súa xubilación en 2019.
A funcións do novo policía abranguerán dende a xestión de tráfico, realización de notificacións e elaboración de informes ata a coordenación coa Garda Civil e os Servizos de Emerxencias, entre outras.
O novo axente recibiu a benvida do alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, quen estivo acompañado do segundo tenente de alcalde, Óscar González.