Diante do aumento da demanda de material de protección individual e as dificultades para cubrir a necesidade que hai do mesmo, o Concello das Neves pon en marcha unha iniciativa de colaboración veciñal para a confección de batas e mascarillas reutilizables, a partir de tecido de uso sanitario financiado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas), e que aporta a coordinadora do equipo solidario de bastas e mascarillas de Ponteareas,  Maite Isla.



Para levar a cabo esta iniciativa, o Concello achegará os tecidos xa cortados ás casas dos veciños e veciñas que o soliciten, que aportarán o seu gran de area coséndoos. Finalmente, será tamén o propio Concello o encargado de recoller o material rematado.



Dende o Concello animamos a todas as persoas a unirse a esta rede de solidariedade veciñal! É imprescindible anotarse contactando con Servizos Sociais:

Chamando aos teléfonos 986 66 71 34 / 689 98 42 10

Escribindo un correo electrónico a servizossociais@asneves.gal

indicando nome, enderezo e datos de contacto.