Dende o Concello pulamos pola alimentación sa e de proximidade. Afondado nesta idea, desenvolvemos unha iniciativa para mellorar a calidade do Banco de Alimentos contando coa participación dos veciños e veciñas.
Créase así unha rede de ‘solidariedade veciñal’ con persoas que aportan os seus excedentes de horta, froita, ovos, etc contribuindo a que nas Neves haxa un banco de alimentos para axudar a quen o necesita e a fomentar a alimentación sa e de proximidade.
Para participar, é necesario contactar con Servizos Sociais chamando a 986 66 71 34 ou 689 98 42 10, dende onde coordinarán a recollida das aportacións.