Seguimos cun só caso rexistrado de COVID-19 no concello.
Continúa a costura solidaria de mascarillas polas veciñas e veciños e auméntase o material para as de tipo infantil.
Continúa tamén a entrega de material de seguridade aos establecementos que van abrir nos vindeiros días.
Reposición de mascarillas nos establecementos abertos ao público destinadas á poboación das Neves.
Realizada unha compra grande de alimentos e produtos de limpeza para dotar ao Banco de Alimentos ata a chegada da próxima entrega, co fin de poder seguir atendendo as necesidades das familias que o necesitan.