A Xunta vén de publicar no Diario Oficial de Galicia (DOG) deste martes, día 28 de abril, unha nova normativa que afecta ás persoas que teñan cultivos ou viñedos para o seu propio consumo e que debe de seguirse mentres dure a situación de crise sanitaria poro COVID-19
- As persoas que teñan cultivos ou viñedos considerados de autoconsumo, poderán realizar os desprazamentos mínimos e imprescindibles para o mantemento e atención dos devanditos cultivos e viñas sempre que o desprazamento se realice dentro do mesmo termo municipal ou, de realizarse a outro termo municipal, que non supoña unha distancia superior a 5 km da súa vivenda habitual.
- En ningún caso poderá haber máis de dúas persoas no predio, as cales deberán respectar en todo momento as distancias de seguridade e demais protocolos de prevención establecidos pola autoridade sanitaria.
- En relación coa acreditación da necesidade de desprazamento, as actividades agrarias consideradas de autoconsumo poderanse realizar coa presentación do carné de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios. No caso das persoas viticultoras, poderán acreditalo co carné de aplicador/manipulador de produtos fitosanitarios ou coa tarxeta de rexistro dispensada polo Consello Regulador da Denominación de Orixe cando se dan de alta nos rexistros.
- As persoas que teñan cultivos ou viñas de autoconsumo deberán levar consigo unha declaración responsable que comprenda os predios nos cales levan a cabo eses cultivos.DECLARACION RESPONSABLE