O Concello está a investigar a procedencia e autoría dun verquido na zona do Pousadouro. No lugar hai unha rotonda con cinco vías, unha área para xantar ao aire libre, o paso do Camiño dos Frades e o acceso ao concorrido Miradoiro de San Nomedio.
Correcta xestión do lixo
Dende o Goberno municipal lémbrase que nas Neves hai máis de 60 áreas de reciclaxe con colectores de, polo menos, catro tipos (vidro, papel-cartón, envases e resto), a eles hai que engadir os de aceite doméstico e roupa en varios lugares.
A este feito súmase o de que o ‘Punto Limpo’ está aberto martes, xoves e sábado de 10:00 a 14:00 h e que, ademáis, pode pedirse a recollida a domicilio de elementos voluminosos, chamando ao Concello ou a través da App municipal ‘Línea Verde As Neves’.
Dende o Concello non se tolerarán comportamentos coma este que causan danos ao medio ambiente e molestias a veciñas e veciños e a todas aquelas persoas que se desprazas ata As Neves.