O vindeiro martes, día 1 de setembro, reabre para os usuarios o Centro de Día das Neves, que permanecía pechado dende o pasado 13 de agosto.
Naquela data, tal e coma comunicara o Servizo Galego de Saúde (Sergas) ao Concello, unha das usuarias do mesmo, veciña das Neves, dera positivo por Covid-19. De inmediato, dérase aviso ao resto das usuarias e ao persoal do mesmo para que permanecesen illadas nas súas casas por un período de 15 días.
Coma establece o protocolo, sometéronse aos test indicados por Sanidade que deron, todos eles, negativos. Nos días seguintes, o Concello realizou tarefas de limpeza a fondo desta zona e doutras partes das Neves e este mesmo luns, día 31 de agosto, levará a cabo unha nova desinfección de todo o centro antes da súa apertura.
Empezan as clases na nova Escola Infantil
Tamen o martes, 1 de setembro, empeza a actividade na nova Escola Infantil das Neves.
O centro, situado xunto ao CEIP Marquesa do Pazo da Mercé, e ao que acudirán 20 nenas e nenos, dispón de 490 metros cadrados, máis de 161 deles construídos, con dúas aulas de usos múltiples, almacén, zona de descanso, despacho, zona de hixiene, cociña e baños.
No exterior conta con espazo para xogos, hortas, un xardín e a acceso para as familias.