Os alcaldes de Arbo, Horacio Gil, e das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, veñen de solicitar, de novo, unha reunión co Director Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Ismael Aznar Cano.
Liña de moi alta tensión
Os dous alcaldes reiteraran, unha vez máis, ao director Xeral a necesidade de que o Goberno do Estado atenda as alegacións presentadas e a demanda dos veciños e veciñas de Arbo e As Neves, que rexeitan o trazado da liña de moi alta tensi´ón da LAT 400 KV, entre Fontefría e a Fronteira Portuguesa.
Xuntanza en febreiro de 2020
En febreiro de 2020, Horacio Gil e Xóse Manuel Rodriguez, mantiñan unha reunión en Madrid co director xeral ao que deron a coñecer o rechazo dos dous municipios a todos os trazados que se plantexaron ata ese momento.
A instancia dos dous alcaldes, o director xeral consultaría con Red Eléctrica outras opcións a ese tendido tendo en conta a firme oposición das corporacións e os veciños de Arbo e As Neves a calquera das alternativas de trazado propostas ata o de agora.
Pasado un tempo prudencial desde a consulta previa relativa ao “Estudio de trazado entre os apoios T-37 e T-43 da L/400 kV Fontefría-Fronteira Portuguesa” elaborado por “‘Red Eléctrica en xuño de 2019 e a consulta transfronteiriza do proxecto portugués “Linha Dupla Ponte de Lima – Fontefria, Troço Português, a 400 kV“, os alcaldes de Arbo e de As Neves, diríxense a esa Direción Xeral, para tratar o estado de tramitación do proxecto entre Fontefría-Fronteira Portuguesa e, do mesmo xeito, coñecer a opinión e a posición do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demógrafico sobre este trazado e reiterar que se atendan as peticións dos veciños e veciñas molestos por este proxecto.
Propostas ao Goberno dende o Congreso dos Deputados
Os dous alcaldes, a través dos seus representantes políticos, Horacio Gil, por medio do Partido Popular, e Xosé Manuel Rodríguez, polo BNG, presentaron propostas ante o Goberno de España para que atendan as alegacións presentadas e a demanda dos veciños e veciñas de Arbo e As Neves, que rexeitan o trazado da Linea de Alta tensión
No caso das Neves, o Diputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, reclamou ao Goberno no mes de xuño deste ano que atenda as alegacións presentadas polas distintas administracións, asociacións e colectivos pola afectación que provocará o proxecto de trazado que propón Red Eléctrica.