Blog

17 Xuñ
0

Selección de socorristas para as piscinas municipais das Neves

O Concello das Neves abre o proceso de selección de 2 socorristas para as piscinas municipais.

✅ Os requisitos, bases, proceso de selección, documentos e prazos poden consultarse entrando aquí ???? Bases de selección para dous postos de socorristas, para o Servizo de Atención ás Piscinas Municipais

✅ Data e hora da entrevista ???? Data e hora da entrevista

Resultado

Ler Máis
17 Xuñ
0

O Goberno das Neves fai balance dos seus primeiros dous anos de xestión

Os membros do Goberno local das Neves, acompañados polo secretario xeral do PSdG-PSOE na provincia de Pontevedra, David Regades, e por Ana Miranda, integrante da Executiva Nacional do Bloque Nacionalista Galego (BNG), celebraron este martes os dous primeiros anos de xestión deste mandato.

Vive Nas Neves

O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez (BNG), subliñou a “importancia” e a “responsabilidade” do acordo entre PSOE e o Bloque para facer posible o actual goberno. Rodríguez Méndez apuntou que dende este momento van a empezar a fructificar os plans e iniciativas impulsadas na primeira parte da ‘lexislatura’e poderemos facer realidade as transformacións que “consideramos esenciais para o noso territorio”.

Rodríguez referiuse ao proxecto ‘Vive Nas Neves’, que quere ser un cambio total do que supón vivir aquí, abranguendo unha nova proposta urbanística, social, económica, laboral, cultural e medioambiental, por medio da actividade municipal e a colaboración con outras administracións, “que fará posible ofrecer un fogar e un xeito de vivir”.


Conxunción, cohesión e amizade entre os membros do Goberno

Marcelino Couto (PSOE),primeiro tenente de alcalde, felicitouse pola conxunción a cohesión e a amizade entre os seis concelleiras e concelleiros do Goberno local, totalmente paritario, que permitiu traballar cos mesmos obxectivos, “remando na mesma dirección, como único xeito de avanzar” e acadar os resultados que faciliten a vida das veciñas e veciños. Couto mirou cara o futuro e adiantou que seguirá esta labor e esforzo constante, na idea de que “sempre se pode facer algo máis e tendo a sensación de que sempre queda algo por facer”, un inconformismo que permite medrar e progresar.

O Concello preto das veciñas e veciños durante a pandemia

David Regades amosouse “moi satisfeito” pola xestión realizada durante estes dous anos e porque dúas forzas de esquerdas fosen quen de chegar a acordos para “sumar”. Na súa experiencia, engadiu, no Concello de Vigo e na Deputación de Pontevedra, o BNG é un “socio ideal” para gobernar, “con persoas nas que se pode confiar e coas que é facil traballar, como se pode comprobar”.

O secretario xeral dos socialistas da provincia quixo subliñar a importancia da acción dos concellos, en xeral, e concretamente, do das Neves, durante o tempo da emerxencia sanitaria e a incertidumbre creada pola COVID e, neste sentido, agradeceu o esforzo das concelleiras e concelleiros para estar cos cidadáns e, especialmente, que se atendera ás veciñas e veciños de xeito que fosen partícipes de que tiñan dereito a esa axuda e que sentisen que a administración que está máis preto deles estivo, en todo momento, ao seu carón.

Regades reafirmou a súa aposta pola necesidade de esforzarse por mellorar a vida das persoas que viven no rural, por garantirlles os mesmos servizos, dereitos e oportunidades. Neste sentido enfatizou que “apostar polo rural é investir no rural” para asegurar a mellora das infraestruturas, das comunicacións, empezando polo despliegue da fibra óptica, da sanidade, do emprego, da industria, da cultura, do lecer e do medio ambiente.

Xestión transversal

Ana Miranda aplaudiu o feito de que o Goberno das Neves apostase por unha xestión “transversal”, de xeito que non hai compartimentos ‘estancos’ e que todos os temas son importantes e as decisión tómanse en equipo. Miranda lembrou a colaboración de PSOE e BNG noutras institucións, como a Deputación de Pontevedra e comentou o bo funcionamento da mesma e os resultados que están a beneficiar a milleiros de persoas.

A responsable de asuntos europeos do BNG agradeceu ao Goberno das Neves que soubese sobrepoñerse a un feito de tanta gravidade como foron os incendios de 2017 e que os encarase con decisión, logrando darlles a volta buscando novas oportunidades sociais, laborais, económicas ou medioambientais.

Miranda apostou por impulsar o rural galego, mellorando as infraestruturas verdes, potenciando a transformación urbanística, optando aos fondos europeos, participando nos foros da UE,como cando o alcalde das Nevs viaxou a Bruxelas para expor o problema dos incendios agravado pola proliferación das plantacións de eucalipto.

Ler Máis
16 Xuñ
0

O programa ‘TiCemprendes’ amplía a súa oferta formativa

O proxecto Ti©emprendres da Deputación de Pontevedra incorpora cursos novos que se suman ás que xa se están a impartir. Lembramos que son accións formativas gratuítas, de 125 horas de duración distribuídas en 100 horas de curso e 25 horas de autoemprego e emprendemento.

Con estas novidades, o programa actualmente oferta o seguinte:
Cursos en aula virtual:
• Competencias dixitais en ofimática.
• Aplicacións móbiles.
• Contidos dixitais: imaxe, vídeo e videoxogos.
• Tendas en liña.
• Márketing dixital.
• Community manager.
Cursos semipresenciais:
• Guía de itinerarios ao aire libre.
• Operario/a de xestión loxística e dixital dun almacén (con módulo de Carretilleiro/a).

Os requisitos para poder participar son:
• Ter entre 16 e 30 anos.
• Non estar estudando nin traballando.
• Residir nun dos concellos rurais de menos de 5000 habitantes que aparecen en cor no mapa do cartel, entre os que se atopa As Neves.

ℹ️Mais información en www.depo.gal/tic-emprendes e nos teléfonos 639780360, 886217320 e 986804100.

Ler Máis
14 Xuñ
0

As Neves contra a violencia machista: concentración este martes ás 12h. no Concello

O Concello das Neves quere condenar, con toda contundencia, a agresión machista sufrida por unha das nosas veciñas e amosar a nosa dor e o noso rexeitamento de todos os casos de violencia de xénero que desfán vidas e familias, como estamos a ver cada día.

Desgraciadamente, o despiadado asasinato de dúas nenas hai uns días non foi o único: no que vai de ano, son xa 19 as vítimas destes criminais en todo o Estado español- a metade delas no último mes– e 1.097 mortes dende 2003. Hoxe mesmo, o Poder Xudicial informaba de que o número de mulleres vítimas de violencia machista en Galicia aumentou un 18% no último ano.

Rematar con este terrorismo é responsabilidade de cada un e cada unha de nós: a ‘tolerancia cero’ con calquera tipo de violencia, o rexeitamento das persoas que a exercen, encobren e xustifican e a denuncia para que os agresores acaben diante da xustiza, é traballo de todos. Calar, agochar, ocultar e mirar para outro lado é, sen maís, ser cómplice dos criminais e dos seus crimes e o xeito de deixar sen amparo ás vítimas.

Por todo isto, a Corporación das Neves, convoca este martes, día 15, a todas as veciñas e veciños, profesionais e integrantes dos centros educativos da nosa vila a unha concentración diante do Concello ás 12:00 h.

Ler Máis
14 Xuñ
0

Axudas a persoas coidadoras de dependentes

Xa está publicada a convocatoria de axudas económicas ás familias con persoas en situación de dependencia ou con discapacidade a través do Programa Respiro Familiar para persoas coidadoras.

Trátase de axudas en réxime de concorrencia non competitiva destinadas a persoas coidadoras habituais non profesionais que atendan de forma continuada unha ou máis persoas dependentes ou con discapacidade ou en situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.

O período subvencionable comprende dende o 1 de xaneiro ata o 30 de novembro de 2021.

???? Toda a información da Orde publicada no DOG: https://bit.ly/3glnZH3

Ler Máis
11 Xuñ
0

Proceso selectivo de 3 condutores motobomba para a campaña contraincendios

O Concello das Neves ven de lanzar o proceso de selección para a contratación.

Documentos:

Bases de selección

Anexo I

Anexo II

Ler Máis
10 Xuñ
0

Apertura da renovada pista de tenis das Neves

Rematada a reforma dunha das pistas de tenis, o Concello das Neves estrea pista e sistema de reserva para o seu uso.

Os traballos, cun custo total de 21.000 € financiados polo Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra consistiron na instalación dun novo pavimento coas súas drenaxes, o pintado da pista, a reposición de redes
novas e o arranxo do peche exterior.

A partir deste momento está habilitado un sistema de reserva a través da web reservapistas.asneves.gal, onde se pode escoller un bloque de dúas horas por día dende as 9:00 h ata as 21:00 h. A reserva das pistas será gratuíta ata o día 1 de xullo.

Cando se realiza a reserva a persoa usuaria recibe no seu correo electrónico un recibo cun código e os seus datos que debe ter dispoñible xunto cun documento de identidade cando estea na pista, xa que en calquera momento o persoal municipal poderá solicitarlle documentación de
identificación e da reserva para comprobar que o uso das instalacións é o correcto.

O Concello pretende dinamizar así o uso das instalacións da área deportiva da Caíña, e anuncia tamén a posta en marcha dun novidoso campus chamado DeporteNasNeves Verán 2021, que incluirá, entre outras actividades, o tenis

Ler Máis
10 Xuñ
0

Campamento de Verán 2021

Un ano máis, nos meses de xullo e agosto desenvolverase un Campamento de Verán destinado a nenas e nenos de 4 a 12 anos, co obxectivo de facilitar a conciliación da vida persoal, laboral e familiar durante as vacacións de verán.

As actividades desenvolveranse de luns a venres entre o 5 de xullo e o 27 de agosto de 2021, agás os días 29 de xullo e 5 de agosto, e terán lugar en instalacións municipais situadas en Cerdeira, A Estación e Vide.

????⏱ O horario de apertura será de 9.00 a 14:00 horas, podendo modificarse a hora de entrada (ás 08:00 h) en función das necesidades das familias, sempre que haxa un mínimo de 5 nenas/os.

Será requisito, que os ingresos da unidade familiar non superen 6,5 veces o IPREM, límite que se incrementa nun 15% máis cando se trate de familias monoparentais ou numerosas.

Terán prioridade, pola seguinte orde:
1. Persoas empadroadas no Concello de As Neves.
2. Persoas que xustifiquen a necesidade por motivos laborais.
3. Familias con informe xustificativo dos Servizos Sociais de As Neves.
4. Familias monoparentais e/ou familias numerosas.

No caso de darse a mesma puntuación entre dúas solicitudes, a praza adxudicarase por rigorosa orde de inscrición.

Establécese un prezo público de 20€ por menor e quenda. Aquelas familias que fagan uso do campamento de verán como medida de intervención, con informe técnico debidamente cumprimentado e xustificado dos Servizos Sociais, terán unha bonificación do 100%.

As familias que o acrediten, mediante o título de familia numerosa ou o certificado de acreditación de familia monoparental, obterán unha bonificación do 50%.



????As solicitudes deberanse presentar entre o 14 e o 25 de xuño nos Servizos Sociais do Concello, de xeito presencial ou a través do correo electrónico servizossociais@asneves.gal. Para facelo
debese facilitar a solicitude de inscrición (Anexo I) cuberta xunto coa seguinte documentación:
• Ficha da/o menor participante (Anexo II).
• DNI do pai/nai/titor/a.
• DNI da/o menor ou libro de familia.
• Tarxeta Sanitaria da/o menor.
• Xustificante dos ingresos da unidade familiar do ano 2020 (mediante presentación da declaración da renda e/ou declaración xurada).
• Quen alegue necesidade por motivos laborais presentará a copia do contrato laboral das persoas que conforman a unidade familiar e o certificado de empresa co horario de traballo ou declaración xurada do horario de traballo (Anexo III).
• Título de familia numerosa ou certificado de recoñecemento da condición de familia monoparental, cando sexa de aplicación.
• Xustificante de ter realizado o abono do prezo público na conta do Concello das Neves: ES45 2080 5434 0731 1010 0021.

???? Máis información a través do enderezo electrónico servizossociais@asneves.gal ou nos teléfonos 986 667 134 e 689 984 210.

Ler Máis
07 Xuñ
0

Programa ‘Revitaliza’ nas Neves

O Concello das Neves está adherido ao Plan Revitaliza posto en marcha pola Deputación de Pontevedra dende os seus inicios, apostando pola mudanza cara un modelo de xestión de residuos máis sustentable e respectuosa co medio que nos rodea.

Nestes anos, entregáronse aos veciños  uns 1.050 composteiros individuais e instaláronse 5 centros de compostaxe comunitaria no casco urbano (4 deles para uso dos veciños e veciñas e 1 que dá servizo á cociña do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé). Ademais, todos os centros de
ensino dos distintos niveis educativos do concello contan tamén cun composteiro individual para fomentar a educación ambiental neste eido.

Cabe facer especial mención a que todo o compost obtido a partir dos biorresiduos xestionados no CEIP Marquesa do Pazo da Mercé foi empregado no propio centro, ben na horta ou ben en diferentes actividades organizadas polo colexio, pechando deste xeito o ciclo e dando lugar a un proceso de xestión de residuos km 0.

Nos anos 2018, 2019 e 2020, os centros de compostaxe comunitarios xestionaron máis de 56 toneladas de residuos orgánicos e fracción vexetal, os cales produciron un recurso moi valioso como é o compost que, pola súa estrutura aterroada conta con numerosos beneficios para a terra, xa que facilita a formación de conglomerados do solo, o que lle permite manter unha correcta aireación e humidade.

Trátase dun produto natural, sen compostos químicos e libre de patóxenos, que en moitos casos actúa como bactericida e funxicida. É un excelente fertilizante para as plantas por ser rico en nutrientes e macronutrientes, pechando así o ciclo da materia orgánica.

 Acabas de chegar á túa casa nas Neves de vacacións? Aínda non tes o teu composteiro individual?
Necesitas compost producido nos composteiros comunitarios do concello? É ideal para fertilizar a túa horta e as túas plantas!
 Chama ao 676 68 67 52 de luns a venres de 9:00 a 14:00 h e solicítaos totalmente de balde!!

Ler Máis
05 Xuñ
0

Balance positivo da xestión dos residuos nas Neves

O Goberno Municipal das Neves fai balance da xestión dos Residuos Sólidos Urbanos (RSU) nos últimos anos, nos que realizou unha aposta, firme e permanente, polo progreso deste importante servizo.

☝️ Dende 2016 levouse a cabo unha mellora substancial das instalacións destinadas aos RSU cun aumento no número de contedores ???? e unha ordenación dos espazos ocupados por eles a través da creación de áreas de reciclaxe. Ademais, dende 2017,  ♻️ As Neves adheriuse ao Plan Revitaliza da Deputación para fomentar a redución dos residuos da fracción resto (non reciclables), a través da compostaxe dos restos orgánicos que tiramos.

✌️ As cifras mostran unha consolidación do descenso da fracción resto e un aumento da reciclaxe. Así, se comparamos as porcentaxes de cada tipo de residuo respecto do total de residuos xestionados entre 2015 e 2020, vemos que se pasou do 93,7% ao 82,9% na fracción resto, do 1,5% ao 4,4% nos envases (plásticos, briks e latas), do 0,5% ao 2,6% no papel e cartón, e, do 4,3% ao 8,5% no caso do vidro. ???? Isto supuxo case triplicar a porcentaxe de residuos que se reciclan en menos de cinco anos, xa que se pasou do 6,3% ao 17,1%.

????Todas estas cifras amosan unha clara tendencia xeral que dá boa conta do esforzo realizado dende a área de Medio Ambiente, dirixida por Óscar González, Tenente de Alcalde e Concelleiro de Medio, quen valora moi positivamente estes datos e lembra que queda moito por facer;

Animamos a todos os veciños e veciñas a reciclar e recalcamos a importancia da compostaxe, porque o mellor residuo é o que non se xera”.

Ler Máis