Blog

04 Xuñ
0

Nos vindeiros meses As Neves terá máis do 90% do alumeado público en LED

No Concello se está a levar adiante a substitución de luminarias na zona urbana que foron contratados pola Deputación de Pontevedra.

A Xunta de Goberno Local aprobou a adxudicación dos contratos para o cambio na maioría dos barrios das parroquias de Santiago, San Xosé e San Cibrán de Ribarteme, e tamén de Santa Eulalia e San Pedro de Batalláns.

Estas obras serán financiadas ao 80% polo Instituto de Diversificación e Aforro de Enerxía (IDAE) cubrindo o Concello o restante 20%. Ademais, estes días recibiuse a aprobación da subvención do Fondo de Compensación Ambiental que permitirá, coa financiación do 100%, acometer o cambio das luminarias a tecnoloxía LED na parroquia de Cerdeira e un barrio de San Xosé.

Redución media de consumo dun 70%

Todos estes cambios son posibles grazas a un longo traballo para conseguir os recursos, que nos permitirán lograr unha moi importante mellora enerxética, ambiental e económica cunha redución media dos consumos dun 70%; ademais de quedar con luminarias e cadros totalmente novos.

Máis dun millón de euros

Óscar González, segundo Tenente-Alcalde e concelleiro de Medio Ambiente,  subliña a eficiente xestión neste proceso, no que se conseguiu unha inversión total de máis de un millón de euros “dos cales as nevesas e neveses aportamos arredor dun 10%”.

Ler Máis
03 Xuñ
0

Proceso selectivo de informador/a turístico

O Concello das Neves pon en marcha a selección para o posto de traballo temporal de informador/a turístico.

Toda a información a seguir:

Bases de selección

Anuncio en Faro de Vigo o 16/05/2021:

Listado provisional de candidatos e candidatas

Listado definitivo de candidatos e candidatas

Nomeamento do Tribunal de selección e data da entrevista

Resultado da selección

 

Ler Máis
01 Xuñ
0

As Neves comparte con Salceda o uso dunha ‘biotrituradora’ de refugallos de poda

A alcaldesa de Salceda de Caselas, Loli Castiñeira, e o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez asinaron, acompañados polos concelleiros de Medio Ambiente dos dous concellos, Rubén González Coto, e Óscar González, un convenio que regula a cesión gratuita, por parte das Neves, dunha máquina trituradora de refugallos de poda e reciclaxe de refugos vexetais.

O mesmo convenio contempla, tamén a cesión do uso dun vehículo de recollida de lixo, durante o período en que se atope avariado algún dos vehículos dos que dispón o Concello de Salceda.

O alcalde das Neves lembrou que a colaboración entre os dous concellos comezara no anterior mandato, “que queda renovado agora”. Xose Manuel Rodríguez salientou a importancia de acordos coma este que “serven para que os traballos institucionais teñan como principais beneficiarios as persoas que viven no noso territorio”. Rodríguez apostou polo “uso intelixente dos recursos cos que conta o concello das Neves para que sirvan as veciñas e veciños de Salceda, e os que ten Salceda para beneficiar aos cidadáns das Neves”.



A alcaldesa de Salceda de Caselas amosouse “moi satisfeita” de que “sexa posible seguir estreitando lazos de colaboración tan necesarios” e de que “consigamos avanzar na optimización de recursos”. Loli Castiñeira apuntou que o primeiro dos convenios de cooperación entre Salceda e As Neves foi o do servizo de Atención Tempera, que atende a nenas e nenos de 0 a 6 anos dos dous concellos e que foi renovado este mesmo ano, co obxectivo de seguir dando resposta ás necesidades destas nenas e nenas con problemas de desenrolo.

Castiñeira engadiu que, se antes era Salceda quen prestaba o seu camión de lixo ás Neves, “agora somos os que nos beneficamos deste camión e desta trituradora” que, rematou, “nos axudará a cumprir os obxectivos de coidado do medio ambiente dentro do Plan Revitaliza, da Axenta 2030 e do Pacto dos Alcaldes e Alcaldesas para o Clima e a Enerxía (PACES)”.

Ler Máis
01 Xuñ
0

O IES Pazo da Mercé integrado no programa E-Dixgal

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou a resolución definitiva da relación de centros docentes admitidos para participar no proxecto Educación Dixital (E-Dixgal) convocado pola Xunta de Galicia, durante o curso 2021/22.

???? O IES Pazo da Mercé das Neves, incorpórase a este proxecto educativo dende o vindeiro curso, coas aulas de 1º de ESO.

Ler Máis
01 Xuñ
0

Visita da Fundación Amigos de Galicia

Este venres pasado, a Fundación Amigos de Galicia fixo entrega dun ordenador a unha familia das Neves con menores en idade escolar.

A acción está encadrada no programa DidácTICo “Dixitalízate con nós” desenvolvido pola propia Fundación.

Os membros de Amigos de Galicia que se desprazaron ata As Neves, mantiveron unha xuntanza co alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, no Concello.

Ler Máis
30 Mai
0

Licitación da explotación do bar e do servizo de limpeza dos vestiarios das piscinas municipais durante as tempadas de verán 2021-2022

O Concello das Neves pon en marcha o proceso de licitación para a contratación da explotación do bar ou cantina e a limpeza dos vestiarios das piscinas.

????Esta licitación será para as tempadas de verán dos anos 2021 e 2022.

As persoas interesadas teñen a súa disposición na sede electrónica, nesta web ou no Concello o prego de condicións no que se indica o procedemento e os criterios de valoración entre eles está o prezo e unha serie de melloras no ámbito da cantina-terraza.

???? O prazo para presentar as ofertas é ata o 9 de xuño.

???? Documentos ????

Anuncio

Prego de condicións administrativas

Ler Máis
30 Mai
0

Axudas para adquirir libros de texto e material escolar

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade vén de abrir a convocatoria de axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Educación Especial en centros públicos, para o curso escolar 2021/2022.

???? Podes acceder ás bases desta convocatoria entrando en  https://bit.ly/2T4NwMR

Ler Máis
30 Mai
0

Arranxos nas Escolas infantís de Rubiós e Taboexa

Nos pasados días, o Concello vén de realizar novas melloras nas escolas infantís.

Na de Taboexa actualizouse a porta de entrada e, na de Rubiós pintouse o almacén da aula de psicomotricidade e o vestíbulo.

Ler Máis
27 Mai
0

As Neves volve a ter un axente de Policía Municipal

Borja Cachaldora é o novo axente da Policía Municipal de As Neves. Incorporarase o vindeiro 10 de xullo, estará en prácticas ata o 5 de setembro e, de novo, do 23 de decembro ao 31 de xaneiro de 2022, ata a súa toma de posesión oficial o 1 de febreiro.

O novo axente, de 28 anos de idade, completará os  seis meses de adestramento regulamentario, a metade deles nas Neves e os outros tres na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) na Estrada. Neste tempo recibirá formación en materia xurídica, operativa, asistencial, de tráfico, administrativa, técnica, social, xudicial ou de investigación.

Borja será o primeiro que ten o concello en dous anos e o segundo en toda a súa historia. O seu antecesor estivo no seu posto preto de tres décadas, ata a súa xubilación en 2019. 

A funcións do novo policía abranguerán dende a xestión de tráfico, realización de notificacións e elaboración de informes ata a coordenación coa Garda Civil e os Servizos de Emerxencias, entre outras

O novo axente recibiu a benvida do alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, quen estivo acompañado do segundo tenente de alcalde, Óscar González. 

Ler Máis
25 Mai
0

O prazo fixado pola Xunta para ter limpas as fincas preto das casas remata o día 31 de maio

???????? O Concello das Neves lembra que o vindeiro 31 de maio finaliza o prazo para ter limpas as finca  preto de vivendas fixado pola Xunta de Galicia.

Retirada de especies non permitidas como os eucaliptos

???? No que vai de ano o Concello notificou directamente a máis de 100 propiedades nas que é necesaria a limpeza das fincas ou montes e a retirada de especies arbóreas non permitidas como eucaliptos, piñeiros e acacias.

Convenio Seaga

☝️ Por outra banda, mediante o convenio con Seaga están a piques de rematar os traballos contratados de 2020 e agora realizarase a execución subsidiaria. Son un total dunhas 90 hectáreas que teñen que quedar limpas rodeando os núcleos de poboación das Neves, Tortoreos e Liñares.

????‼️ O Concello recorda a necesidade de ter en bo estado as parcelas para evitar incendios como o de 2017, e aproveitar a oportunidade de volver converter en produtivos ou protectores os terreos lindeiros ás vivendas e barrios.

Ler Máis