Blog

28 Xul
0

Selección temporal de conserxe

O Concello das Neves lanza o proceso selectivo para contrar un ou unha conserxe ata final de ano.

BASES DE SELECCIÓN CONSERXE

RESULTADOS SELECCIÓN CONSERXE

Ler Máis
28 Xul
0

Proxección de ‘María Solinha’ nas Neves

A estrea deste proxecto inédito, galego e en galego, pasará polas Neves o martes 4 de agosto. A proxección, con formato de cinema na rúa, será na Praza de San Agustín a partir das 22:30 h e contará con espazo de photocall.

Coa longametraxe ‘María Solinha’, o director Ignacio Vilar (A esmorga, 2014) leva á gran pantalla a lenda dunha muller icónica, condenada pola Inquisición, cun relato que se move entre o século XVII e o XXI.

Grial Montes e Laura Míguez protagonizan a versión contemporánea da lenda dunha figura visionaria cuxo anhelo de liberdade a converteu en icona feminista. Ademais, o carismático reparto conta co nomeado ao Premio Goya Santi Prego (Mientras dure la guerra), co gañador do Premio Feroz Antonio Durán ‘Morris’ (Fariña, Dhogs) e coa veterana intérprete Mabel Rivera (Mar adentro, Los fantasmas de Goya).

O prestixioso músico lugués Abraham Cupeiro asina a música do filme, na que incorpora instrumentos milenarios coma o cárnyx ou a caracola.

A Concelleira de Cultura, Rocío Barreiro, remarca que “a proxección se realizará cumprindo con todas as medidas de seguridade e sanitarias”, e convida a asistir e gozar deste proxecto cinematográfico.

Ler Máis
28 Xul
0

A Unidade Móbil da Axencia de Doazón de Sangue, o vindeiro venres nas Neves

 

A Unidade Móbil da Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), estará o vindeiro venres, día 31 de xullo nas Neves, fronte ao Centro de Saúde, de 10:00-14:00h. e de 16:00 a 21:00 h.

ADOS está a impulsar medidas para garantir a continuidade deste
servicio esencial, que permite cada día salvar vidas de moitos enfermos
ingresados nos hospitais de Galicia.

Os hospitais galegos precisan 10.000 doazóns de sangue cada mes

Todos os días precisan sangue moitas persoas que son sometidas a
intervencións cirúrxicas, que sufriron accidentes de tráfico ou laborais, que padecen anemias, hemorraxias, cancro, leucemia ou deben someterse a un  transplantes de órganos para sobrevivir.

Cada día, os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de
sangue para poder facerlle fronte as súas necesidades: ti podes colaborar.

Para máis seguridade, as veciñas e veciños que queiran doar poden solicitar cita previa chamando ao teléfono 900 100 828.

Ler Máis
27 Xul
0

Selección de condutores de motobomba para a campaña de prevención e extinción de incendios

O Concello das Neves inicia a selección dos condutores para vehículo motobomba. Os postos de traballo teñen duración de xornada completo durante 3 meses.

CONVOCATORIA E BASES DE SELECCIÓN CONDUTORES VEHÍCULO MOTOBOMBA

Resultado da Selección postos de condutor motobomba

Ler Máis
27 Xul
0

Importante! Conexión ás redes Wi-Fi municipais das Neves

O Concello continúa a mellorar a instalación de posibilidades de conexión a internet nos edificios públicos nas parroquias e centro urbano.
 
Actualmente hai conexión a internet sen fíos nun total de dez edificios municipais nos que se pode acceder a internet, a través dunha conexión Wifi, de xeito libre para toda a cidadanía.
 
Os lugares/edificios públicos do Concello onde hai WiFi actualmente son:
1. Biblioteca e Casa do Concello
2. Centro Social
3. Casa da Xuventude
4. Mercado Municipal
5. Edificio de Correos
6. Escola Infantil
7. Punto Limpo
8. Casa da Música/Centro Cultural de Rubiós
9. Centro Social de San Pedro de Batalláns
10. Centro Social de Santiago de Ribarteme
 
Vimos de realizar a unificación do nome de rede e do contrasinal de todos eles, polo que, dende agora, tanto o nome como o contrasinal da rede son AsNevesWifi.
 
Deste xeito, unha vez gardados os datos da rede, ao estar nun destes edificio municipal con WiFi, a conexión será automática.
 

Ler Máis
27 Xul
0

Convocada a praza de Policía Local das Neves

O pasado día 10 de xullo, o Diario Oficial de Galicia (DOG) publicaba a orde pola que se conocaba a Apertura do Proceso de selección para o acceso e ingreso nos corpos da Policía Local de Galicia nos que se inclúe unha praza para o Concello das Neves.

Este mércores, 22 de xullo, a convocatoria saiu no Boletín Oficial do Estado (BOE),  sinalando que a praza convócase mediante oposición e engadindo que o prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación desta resolución no BOE.

Ler Máis
24 Xul
0

Bo día da Patria Galega!

Dende 1920, para as e os galegos o 25 de xullo é unha xornada de loita e reivindicación do noso territorio como nación.

Cen anos despois, seguimos camiñando para aumentar a nosa capacidade para decidir sobre os temas centrais que afectan ao noso desenvolvemento e ao noso benestar. Implicándonos tamén dende as institucións como no Concello das Neves adoptando decisións firmes e intencionadamente cargadas de xustiza social, igualdade e respecto pola sociedade diversa que somos.

E queremos continuar coa complicidade de cantas persoas acrediten nestes valores para ofrecer futuro ao noso País.

Bo día da Patria Galega!

Xosé Manuel Rodríguez Méndez.
Alcalde Concello As Neves.

Ler Máis
21 Xul
0

Información do Concello sobre as ‘Tarxetas-Moedeiro’

????QUE SON?
Son unhas tarxetas para a compra de produtos de alimentación, hixiene e/ou farmacia destinadas a persoas en situación de vulnerabilidade ocasionada pola COVID-19.

Cargaranse mensualmente con distintos importes segundo o número de persoas integrantes da unidade familiar, durante os tres meses seguintes á súa entrega.

Estas tarxetas foron creadas a partir dun programa extraordinario de axudas económicas, dentro dun convenio de colaboración asinado pola Consellería de Política Social e a Cruz Vermella Española.

????QUE REQUISITOS HAI QUE CUMPRIR?
Para acollerse a este programa é preciso residir en Galicia e non percibir ningunha outra prestación económica.

????COMO E ONDE SOLICITALA?
Estas axudas poden tramitarse a través dos Servizos Sociais do Concello das Neves. Para facelo, deben chamar ao número de teléfono 986 66 71 34, e solicitar cita coa traballadora social.

Ler Máis
20 Xul
0

O Concello segue adiante cos traballos de roza e limpeza de estradas, vías, rúas e beiravías

O Concello das Neves segue adiante coa roza e limpeza de vías, beiravías, estradas e rúas en toda a vila de cara a reducir ao mínimo o risco de lume durante os meses de verán. Os traballos están rematados ao 70% e a Concellería de Servizos Públicos ten previsto chegar ao cen por cen ao longo desta mesma semana.

Para adiantar o labor, que está atrasada en relación cos anos anteriores pola paralización de certos traballos a causa da pandemia da Covid-19, ao final do mes pasado incorporáronse máis persoas que, indica o segundo tenente de alcalde e concelleiro de Servizos Públicos, Óscar González, “non puideron ser empregadas antes ao non estar resoltas as subvencións correspondentes da Xunta de Galicia”.

Aínda así, sinala o tenente de alcalde, “para que poder ir recuperando o tempo de atraso procedeuse a contratación externa dalgúns traballos en areas recreativas e sendas e empregados municipais están redobrando esforzos nas súas xornadas e incluso alongando o seu horario de traballo”.



Dende o Goberno municipal pídese, de novo as veciñas e veciños e colectivos locais que, na medida do posíbel, manteñan limpas as frontes das súas propiedades para poder avanzar e prestar mellor estes servizos.

Ler Máis
20 Xul
0

O Concello convoca reunións informativas sobre a limpeza de parcelas coma medida de loita contra o lume

O Concello das Neves está adherido dende 2018 o Convenio de Colaboración subscrito entre a Xunta de Galicia a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos (Seaga), en materia de prevención e defensa contra incendios forestais, para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias.

A Comisión de Seguimento do Convenio, mantivo unha xuntanza nas Neves hai unhas semanas na que seleccionou como priorizadas polo Concello as parroquias de Tortoreos, Liñares e As Neves.



Os titulares de parcelas afectadas por faixas secundarias destas parroquias, poden asinar a adhesión ao contrato de xestión da biomasa. Este contrato ofrece a posibilidade de contratar a xestión da biomasa vexetal, a través da empresa pública Seaga, por unha tarifa anual de 350 € por hectárea, asumindo todas as obrigas que corresponden ás persoas responsables segundo a Lei 3/2007, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Reunións informativas

Dende o Concello, convocarase a reunións informativas a todas as persoas propietarias das parcelas incluídas no convenio, para resolver todas as posibles dúbidas e declarar, se o desexan, a súa intención de subscribir o contrato de xestión da biomasa proposto.

As mesmas terán lugar o luns, 3 de agosto ás 20:30h. na Escola de Liñares; o martes 4 de agosto, ás 20:30h. na Escola da Chan en Tortoreos e o xoves 6 de agosto, tamén ás 20:30h., no Auditorio Municipal das Neves.

Nesta fase, só se incluíron estas tres parroquias por ser as que cumprían os requirimentos da convocatoria en canto a afectación polos últimos incendios e a peonalización. Está previsto ir aumentando este acordo ao longo de todo o territorio municipal.

Dende o Concello sinálase que as parcelas que se atopen dentro das faixas secundarias cuxos propietarios non sexan localizados ou non limpen as mesma, serán desbrozadas por Seaga e, posteriormente, cobrado o servizo aos propietarios.

Ler Máis