Blog

26 Xuñ
0

Proceso de selección de persoal de 5 postos de peóns

O Concello das Neves lanza o proceso para seleccional 5 persoas traballadoras para ocupar temporalmente o posto de peón.

As bases de selección foron elaboradas ao abeiro da Orde do 20 de decembro de 2019 , da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

Resultado da selección de peóns da construcción

Resultado da selección de peóns forestais

Ler Máis
26 Xuñ
0

O Concello agradece a colaboración e coordinación co Sergas durante a pandemia da Covid-19

A Concelleira de Benestar, Pilar González Casas, visitou o Centro de Saúde das Neves para mostrar o agradecemento do Concello pola súa colaboración ao longo destes meses. “Foi un exemplo de boa comunicación e coordinación por ambas partes, que permitiu atender en tempo real as necesidades do centro e coñecer a situación da pandemia no noso territorio en todo momento”, sinalou a concelleira.

Consultas médicas

Na mesma visita, González Casas tamén solicitou información sobre o desenvolvemento actual das consultas médicas. Seguindo as indicacións do Servizo Galego de Saúde (SERGAS), o primeiro contacto é sempre telefónico e se a atención pode resolverse por ese medio, realízase así. Só naqueles casos nos que non se pode realizar a consulta telefonicamente, a persoa é  citada para pasar polo Centro.

A concelleira constatou que o sistema mudou e que xa non é posible chegar ao Centro de saúde e recibir atención de xeito inmediato, agás nos casos de urxencia. Ademais, actualmente o aforo está limitado a 8 persoas.

Ler Máis
25 Xuñ
0

Cambios nos colexios electorais das Neves que afectan ás Eleccións ao Parlamento de Galicia do vindeiro 12 de xullo

Comunícase a tódolos veciños e veciñas do concello das Neves, que os colexios electorais de San Cibrán de Ribarteme, Setados e Santiago de Ribarteme, foron suprimidos ao non acadar o número mínimo de persoas censadas.

Logo  destes cambios, teremos 7 mesas cos votantes distribuídos da seguinte maneira:
Mesa electoral Parroquias
As Neves: As Neves – Setados
Rubiós: Rubiós
Tortoreos: Tortoreos – Liñares
Vide: Vide – San Cibrán de Ribarteme
San Xosé de Ribarteme: San Xosé de Ribarteme – Santiago de Ribarteme – Cerdeira
Sta. Eulalia de Batalláns: Sta. Eulalia de Batalláns – San Pedro de Batalláns
Taboexa: Taboexa

Nas tarxetas censais que se reciben na casa

Estes cambios poderanse ver nas tarxetas censais, que se remitirán aos seus domicilios nos próximos días, polo que se roga a tódolos veciños e veciñas que comproben os datos destas tarxetas.

Autobuses para ir a votar

Para facilitar o desprazamento aos colexios electorais, van habilitarse varias rutas de autobuses o vindeiro 12 de xullo, día da celebración das Eleccións ao Parlamento de Galicia.

As rutas serán as que se detallan a continuación:
????Parroquia de Santiago de Ribarteme
Sairá ás 12:00 en horario de mañá e ás 17:00 en horario de tarde, coa seguinte ruta: Escola de Santiago de Ribarteme – Cristo – Soledá – Igrexa – “Volta da Tulla” – Escola de San Xosé de Ribarteme. Posteriormente realizarase o percorrido en sentido inverso.

???? Parroquia de Cerdeira
Sairá ás 11:30 en horario de mañá e ás 16:00 en horario de tarde, coa seguinte ruta: Igrexa – Empiade – “Marquiño” – Escola de San Xosé de Ribarteme. Posteriormente realizarase o percorrido en sentido inverso.

????Parroquia de San Pedro de Batalláns
Sairá ás 13:00 en horario de mañá e ás 17:30 en horario de tarde, coa seguinte ruta: Guimaráns – Igrexa – Cividá – Souto – Escola de Santa Eulalia de Batalláns. Posteriormente realizarase o percorrido en sentido inverso.

????Parroquia de Setados
Sairá ás 11:00 en horario de mañá e ás 17:30 en horario de tarde, coa seguinte ruta: Lamela (Carboeiro) – Pedrouzón – CEIP Marquesa do Pazo da Mercé (As Neves). Posteriormente realizarase o percorrido en sentido inverso.

????Parroquia de San Cibrán de Ribarteme
Sairá ás 10:00 en horario de mañá e ás 16:00 en horario de tarde, coa seguinte ruta: Sequeirós – Igrexa – Piñeiro (Tenda de Tate) – Escola de Vide. Posteriormente realizarase o percorrido en sentido inverso.

Necesario o uso de mascarilla

Lémbrase a tódolos veciños e veciñas, que por mor da Covid-19 é necesario o uso de mascarilla e o mantemento da distancia de seguridade, co  bxectivo de minimizar os riscos de contaxio do virus.

Ler Máis
24 Xuñ
0

Así é a nova Escola Infantil das Neves

O alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, acompañado de Perfecto Rodríguez, xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Pilar González Casas, concelleira de Educación, o xefe da obra, arquitecto e técnicos, visitou a nova Escola de Educación Infantil, xa rematada.

O novo centro, ao que acudirán 20 nenas e nenos,  está situado a carón do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé. Dispón de 490 metros cadrados, máis de 161 deles construídos, con dúas aulas de usos múltiples, almacén, zona de descanso, despacho, zona de hixiene, cociña e baños.



No exterior conta con espazo para xogos, hortas, un xardín e a acceso para as familias, tal e como acordaran no seu día o Goberno municipal, a comunidade escolar, e a Asociación de Nais e Pais da Alumas e Alumnos (ANPA), a través do  Consello Escolar Municipal.
O orzamento total das obras foi duns 300.000€.



Unha prioridade do Goberno das Neves

Esta nova Escola Infantil, é unha das prioridades do Goberno municipal e da resposta a unha demanda moi reiterada e agardada polas veciñas e veciños das Neves.



Acordo Xunta-Concello

A mesma é unha realidade logo do  convenio asinado co Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Dito convenio establecía que o Concello das Neves tiña que realizar e pagar o proxecto da escola infantil, como así se fixo;  poñer a dispor un solar municipal, que é no que estaba a antiga casa do conserxe do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé e, por último, achegar o 25% do custo total das obras, 75.000€ en total, con cargo aos orzamentos municipais.



O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, achegou o 75% do custo total dos traballos, 225.000€, ademais da compra e colocación do mobiliario e a limpeza e desinfección do nova Escola.



Empeza o traslado

No mes de xullo, unha vez colocado o mobiliario e rematados os últimos ‘retoques’, está previsto realizar o traslado dende o local que ocupaba ata hoxe a Escola Infantil ata o novo.



O espazo que deixa baleiro a antiga escola, pegado ao Centro de Saúde, servirá para a ampliación do mesmo, tal e como acordaron o Concello e o Servizo Galego de Saúde (Sergas), e que xa foi visitado polo xerente da Área Sanitaria de Vigo. O mesmo estará destinado a unha nova consulta de Pediatría.



A nova escola necesitará unha ampliación case inmediata

Xosé Manuel Rodríguez transmitiu a Perfecto Rodríguez que solicitará “de inmediato” a ampliación da nova Escola Infantil que, finalmente, non poderá acoller a todas as pequenas e pequenos que solicitaron praza na mesma. O alcalde sinalou ao xerente do Consorcio de Servizos de Igualdade que 17 nenas e nenos non obtiveron praza. A ampliación, tal e como comentaron, consistiría na construción dun novo ‘módulo’ para o cal, como estaba previsto, hai espazo libre.

 

Ler Máis
23 Xuñ
0

Proceso para a selección temporal do posto de peón forestal

O Concello das Neves pon en marcha o proceso para seleccionar a unha persoa para o posto de peón forestal que será financiado mediante Aprol Rural e seleccionado según as seguintes bases:

Bases da convocatoria

Resultado da selección

Ler Máis
23 Xuñ
0

Os parques infantís das Neves seguirán pechados

Todos os parques infantís das Neves permanecerán pechados. O Goberno local tomou esta medida pola seguridade das nenas e nenos e xogan nos mesmos e das persoas que os acompaña. 

A decisión débese a non poder garantir o cumprimento da normativa de limpeza e desinfección requirida actualmente.

En cada un deles haberá un cartel coma este no que se indica que non se pode acceder nin utilizar os espazos de xogo.

Dende o Concello pídese a todas as veciñas e veciños que desculpen as molestias. 

Ler Máis
19 Xuñ
0

Acto de recoñecemento ás costureiras das Neves que coseron máscaras e batas durante a pandemia

 

Este sábado, día 20, ás 19 horas, no local do Vide Vide, o Concello fará un pequeno acto de recoñecemento e agradecemento ao traballo feito por un numeroso grupo de mulleres costureiras das Neves (chegaron a ser 40, de practicamente todas as parroquias e de todas as idades), que durante o confinamento e ata hoxe, dedicaronse a coser máscaras e batas que se distribuían a través do obradoiro organizado por Maite Isla, en Ponteareas.

Alí recolliamos as teas, os filtros e o material xa preparado que era distribuido polas casas das costureiras grazas á colaboración altruísta de Nieves Rodríguez, taxista do noso concello que, a súa vez recollía o material unha vez rematado o traballo,para ser entregado en Ponteareas de novo.



O Concello quere agradecer persoalmente este traballo ao mesmo tempo que facilitar un encontro entre todas elas, xa que moitas non se coñecen entre sí.

Ler Máis
19 Xuñ
0

Os servizos sociais do Concello das Neves seguen a tramitar as solicitudes do Ingreso Mínimo Vital

Os Servizos Sociais do Concello das Neves tramitaron, dende o pasado luns, día 15, un total de 23 solicitudes da renda de Ingreso Mínimo Vital (IMV).

As Neves é un dos primeiros concellos que comezou a axudar ás súas veciñas e veciños a facer a solicitude do IMV.

“A maioría das persoas que acudan ao Concello para que lles axudemos coa solicitude, non dispoñen de medios ou coñecementos para tramitala por si mesmas, por iso dende o Goberno municipal consideramos que era un servizo que tíñamos que ofrecer”, sinala a concelleira de Benestar Social, Pilar González Casas.

A concelleira lembra que  o pasado día 4 de publicouse información sobre o IMV na páxina web do Concello, e tamén informouse ás veciñas e veciños mediante carteis.



Gonzalez Casas, reitera que se trata dunha prestación non  contributiva da Seguridade Social, “compatible con outros ingresos e axudas”, que poden solicitar persoas de entre 23 e 65 anos, “ou 18 se teñen alguén ao seu cargo”.

Dende o pasado día 15 xa se pode solicitar entrando na Sede Electrónica da Seguridade Social e, aquelas persoas que precisen axuda para realizar a solicitude, teñen á súa disposición os Servizos Sociais do Concello, pedindo cita previa, chamando a un destes teléfonos: 986 66 71 34 ou 689 98 42 10.

Ler Máis
15 Xuñ
0

Informe da Comisión de Seguimento da Covid-19 do luns 15/xuño/2020

Sanidade confirma que As Neves segue cun so caso rexistrado de COVID-19.

Dende este luns, día 15 de xuño, deixa de estar vixente o ‘Estado de Alarma’, decretado o 14 de marzo, e xa están de novo operativos todos os órganos colexiados; tanto a Xunta de Goberno Local como o Pleno Municipal. Por estas razóns, esta mesma mañá, acordouse extinguir esta comisión creada para realizar o control e seguimento da acción do goberno durante a pandemia da COVID-19. Agradecemos a atención mantida ao longo de todo este tempo e a actitude de non confrontación coa xestión levada a cabo polo equipo de goberno.

Ler Máis
14 Xuñ
0

Aclaracións sobre a apertura, este luns día 15, de 3 novos pasos fronteirizos con Portugal

Este luns, 15 de xuño, van abrir tres novos pasos fronteirizos con Portugal

Serán o de Arbo con Melgaço; Salvaterra de Miño con Monção, e Tomiño con Vilanova de Cerveira.

A apertura:
É só para aqueles movementos permitidos entre os dous Estados,
nomeadamente, razóns laborais.
• Os pasos estarán abertos de luns a venres entre as 8:00 h e as 22:00 h, o que non é compatible con algúns horario de traballo.

Neste sentido, comunicamos tamén que dende o grupo de Alcaldes/as e Presidentes de Cámara integrados na AECT Rio Minho, estase a negociar cos
dous gobernos para ampliar o horario de apertura e adecualo aos horarios laborais das persoas usuarias destas vías de comunicación.
Ata o día 1 de xullo non está prevista a apertura total das fronteiras, mantendo ata entón o control estrito dos pasos fronteirizos abertos.

Ler Máis