


PROXECTO REDMAY
O Concello das Neves foi seleccionado para participar no Proxecto RED MAY (Rede de apoio ás persoas maiores que residan no rural galego).
O obxectivo desta actividade é achegar aos concellos do rural os servizos sociais e de benestar ás persoas maiores de 55 anos, de xeito que poidan acceder sen ter que desplazarse fóra da súa localidade ou contorno inmediato. Destinatarios: Persoas maiores de 55 anos do concello As Neves (solicitar cita previa)
O proxecto RED MAY é un programa totalmente gratuíto
A través dunha unidade mobil que se ubicará no noso Concello no aparcamento do Centro de Saúde, as persoas maiores de 55 anos, poderán acceder a servizos de revisión óptica, podoloxía e de prevencion do alzheimer e outras demencias.
A maiores realizaránse dúas charlas informativas por profesiónais especializados na materia:
1º Charla Alzheimer e outras demencias – Luns 19 de agosto de 16:00h – 17:30h
2º Charla óptica – Martes 20 de agosto de 17:30h a 18:30h
Funcionamento do programa. Ver documentos adxuntos (díptico e nota informativa)
Aquelas persoas que teñan dúbidas ou queiran ter máis información sobre o proxecto poden achegarse ou contactar cos:
Servizos Sociais Municipáis Centro Social
Rúa Marquesa do Pazo n.º 22 – As Neves
Telefono 986 667 134
Documentos asociados a publicación:
NOTA INFORMATIVA RED MAY CONCELLO
RED MAY DIPTICO INFORMATIVO XENERICO
CARTEL CHARLA ALZHEIMER E OUTRAS DEMENCIAS
Un ano máis o Concello das Neves publica o libriño coas actividades que durante o verán se celebran por todo o territorio.
Consultao completo no seguinte enlace http://bit.ly/veran2019
O Concello das Neves pon en marcha o proceso de selección dun informador ou informadora turística que é financiado pola Deputación de Pontevedra coa cantidade de 6.272,46 € que corresponde ao 75% do custe total.
Fotografía do exterior da Oficina de Turismo
Documentos:
Decreto coas Bases de selección do/a Informador/a Turístico
Decreto de correción das Bases de selección do/a Informador-/aTurístico/a
Como ben indican as bases o prazo de presentación de solicitudes é de 7 días naturais dende o seguinte ao de publicación do anuncio nun xornal de ampla difusión.
Resultado da Selección de Informador/a Turístico
O Concello das Neves pon en marcha o proceso para a selección de 3 condutores/as de camión motobomba para a campaña de extinción de incendios forestais.
Os documentos que rexen o proceso son:
Bases de Selección de condutor/a de camión motobomba
ANEXO I (condutor/a motobomba)
A Banda de Música Popular de Rubiós e o Concello das Neves poñen en marcha por cuarta ocasión o Tour das sección Infantil e Xuvenil de banda de Música.
Este ano as visitas as parroquias serán a:
Taboexa o 10 xullo
Santa Eulalia de Batalláns o 13 de xullo
San Xosé de Ribarteme o 17 de xullo
O Concello das Neves en colaboración co clube F.S. As Neves pon en marcha unha nova edición do campionato de fútbol sala de verán na pista deportiva da Estación.
Resultado da selección: admitidas e lista de agarda
1º listado – LISTADO DEFINITIVOS XULLO
2º listado – LISTADO AGARDA XULLO
3º Listado – LISTADO DEFINITIVOS AGOSTO
NOTA INFORMATIVA:
a) ¿Cómo coñecer se a miña solicitude foi admitida?
En cumprimento da normativa vixente de protección de datos, nos listados figura:
1º o número de rexistro de entrada que se asignou con cada solicitude
2º DNI da persoa solicitante (nai/pai)
3º Iniciales do menor
b) Solicitudes de agosto e criterios de asignación de prazas:
De cara a posibilitar a participación de cada un dos menores nunha quenda polo menos:
Ábrese o prazo ata o mércores 26 de xuño ata as 15:00 para que aquelas persoas na lista de agarda de xullo poidan optar a unha praza no mes de agosto, así como para dúbidas e reclamacións.
Criteiros de prioridade asignación prazas mes de agosto:
1º Persoas que solicitaron exclusivamente a quenda agosto.
2º Persoas que non desfrutaran do campamento na quenda de xullo
3º Persoas admitidas na quenda de xullo, por orde de preferencia.
O xoves 27 as 09:00h publicarase o listado definitivo de admitidos na quenda de agosto.
c) Reunión informativa:
convócase ás persoas admitidas a unha reunión de presentación e información sobre os contidos do campamento, horarios, normativa e dúbidas en xeral.
Data de celebración: xoves 27 as 12:00h
Lugar de celebración:
Centro Social As Neves
2ª planta
Máis información:
Servizos Sociais
Concello das Neves
Teléfonos: 986667134 | 689 984 210
A seguir información publicada o 8 de xuño de 2019
O Concello das Neves pon en marcha un ano máis o Campamento de Verán para que os máis novos manteñan actividades durante o verán e así axudar ao seu desenvolvemento e a conciliación da vida laboral e familiar.
Os documentos relacionados co proceso son:
Decreto e bases Campamento de Verán 2019
Circular Campamento de Verán 2019 _ Colexios
Bando Campamento de Verán 2019