Blog

28 Abr
0

Aprobadas as bases de axudas municipais. Augas, cultura, deporte, sociais e comerciais

O Goberno local aprobou o pasado 13 de abril as bases de axudas municipais para asociacións sen fins de lucro e comunidades de usuarios de augas de consumo, por un valor total de 44.250,00 €.

???? Trátase de cinco liñas diferentes de axudas, todas elas en concorrencia competitiva:


???? 1. Subvencións municipais ás Comunidades de Usuarios de Augas de Consumo do Concello das Neves para a realización de melloras das instalacións durante o ano 2021, cun orzamento total de 20.000 €.

Bases axudas comunidades de augas

Publicación no Boletín Oficial da Provincia

Formularios:

Comunidades de Augas Solicitude Subvención (Formulario 1)

Comunidades de Augas Certificado do acordo de solicitude, nomeamento de representante e número de usuarios (Formulario 2)

Comunidades de Augas Conta xustificativa de gastos (Formulario 3)

Comunidades de Augas Certificación para a xustificación das subvencións (Formulario 4)

???? 2. Subvencións municipais a entidades sen fin de lucro e deportistas individuais do Concello das Neves para a realización de actividades deportivas durante o ano 2021, cun orzamento total de 2.500 €.

Bases axudas a asociacións ou clubes deportivos

Publicación no Boletín Oficial da Provincia

Formularios:

Actividades deportivas Solicitude de subvención (Formulario 1)

Actividades deportivas Certificado do acordo de solicitude, nomeamento de representante e número de socios (Formulario 2)

Actividades deportivas Conta xustificativa de gastos (Formulario 3)

Actividades deportivas Certificación para a xustificación das subvencións (Formulario 4)

???? 3. Subvencións municipais a entidades sen fin de lucro do Concello das Neves para a realización de actividades culturais durante o ano 2021, cun orzamento total de 16.750 €.

Bases axudas a asociacións culturais

Publicación no Boletín Oficial da Provincia

Formularios:

Actividades culturais Solicitude de subvención (Formulario 1)

Actividades culturais. Certificado do acordo de solicitude, nomeamento de representante e número de socios (Formulario 2)

Actividades culturais Conta xustificativa de gastos (Formulario 3)

Actividades culturais Certificación xustificación das subvencións de actividades culturais (Formulario 4)

???? 4. Subvencións municipais a entidades sen fin de lucro do Concello das Neves para a realización de actividades de promoción e dinamización comercial, e para a dixitalización do comercio retallista durante o ano 2021, cun orzamento total de 2.500 €.

Bases axudas a asociacións comerciais

Publicación no Boletín Oficial da Provincia

Formularios:

Actividades promocion do comercio Solicitude de subvención (Formulario 1)

Actividades promocion do comercio Certificado do acordo de solicitude, nomeamento de representante e número de socios (Formulario 2)

Actividades promocion do comercio Conta xustificativa de gastos (Formulario 3)

Actividades promocion do comercio Certificación xustificación das subvencións (Formulario 4)

???? 5. Subvencións municipais a entidades sen fin de lucro do Concello das Neves para a realización de actividades sociais durante o ano 2021, cun orzamento total de 2.500 €.

Bases axudas a asociacións para actividades sociais

Publicación no Boletín Oficial da Provincia

Formularios:

Actividades sociais Solicitude de subvención (Formulario 1)

Actividades sociais Certificado do acordo de solicitude, nomeamento de representante e número de socios (Formulario 2)

Actividades sociais Conta xustificativa de gastos (Formulario 3)

Actividades sociais Certificación xustificación das subvencións (Formulario 4)

???? O prazo de presentación de solicitudes estará aberto durante un mes dende o día seguinte á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO).

Ler Máis
11 Xan
0

ORDENANZA AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL

Solicítase a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectados pola futura norma.

Publicación Anuncio no Portal Web ORDENANZA AXUDAS DE EMERXENCIA SOCIAL

Ler Máis
12 Nov
0

ANUNCIO RESULTADOS PRIMEIRO EXERCICIO AUXILIAR BIBLIOTECA

Respostas e lista de aprobados no primeiro exercicio do proceso selectivo para o posto de auxiliar de bilioteca.

Anuncio resultados 1º exercicio proceso selectivo auxiliar biblioteca

Ler Máis
04 Abr
0

Bótanos unha man para confeccionar mascarillas e batas


Diante do aumento da demanda de material de protección individual e as dificultades para cubrir a necesidade que hai do mesmo, o Concello das Neves pon en marcha unha iniciativa de colaboración veciñal para a confección de batas e mascarillas reutilizables, a partir de tecido de uso sanitario financiado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas), e que aporta a coordinadora do equipo solidario de bastas e mascarillas de Ponteareas,  Maite Isla.



Para levar a cabo esta iniciativa, o Concello achegará os tecidos xa cortados ás casas dos veciños e veciñas que o soliciten, que aportarán o seu gran de area coséndoos. Finalmente, será tamén o propio Concello o encargado de recoller o material rematado.



Dende o Concello animamos a todas as persoas a unirse a esta rede de solidariedade veciñal! É imprescindible anotarse contactando con Servizos Sociais:

Chamando aos teléfonos 986 66 71 34 / 689 98 42 10

Escribindo un correo electrónico a servizossociais@asneves.gal

indicando nome, enderezo e datos de contacto.

Ler Máis
03 Abr
0

Vives nun lugar a onde non chega o 4G? se é así precisamos da túa axuda.

Dende o Concello estamos a facer unha análise da situación actual da conectividade do noso territorio. Falamos tanto da cobertura móbil como de internet na casa ou negocio.

As tres grandes operadoras, subministradoras da cobertura móbil, aseguran que nas Neves temos 4G con moi boa intensidade na práctica totalidade dos lugares.

En canto á conexión a internet a través de fibra óptica, non existen datos xerais, pero si se pode consultar a posibilidade de instalación en cada enderezo a través das súas páxinas web:

Vives nun lugar a onde non chega o 4G?

A túa casa está nun enderezo que ten acceso a fibra óptica, e en realidade non é así?

Axúdanos a mellorar a información!

Chama ao 986648038 ou

Escríbenos a servizos@asneves.gal

Ler Máis
27 Mar
0

O Concello inicia unha ‘Desinfección masiva’ no centro e nas parroquias

Nos lugares transitados, prazas, edificios públicos, colectores do lixo e composteiros

O Concello  iniciou este xoves unha “desinfección total” dos lugares máis transitados da vila-preto de gasolineiras, farmacias, supermercados, panaderías, bancos, parada de taxis, tendas, o Centro de Saúde, prazas ou a oficina de Correos-, ademais de todos os edificios públicos, coma o propio Concello o Mercado ou as dependencias de Servizos Sociais- un traballo que seguirá a semana que ve, e que se repetirá as vindeiras, coa finalidade de “reducir ao máximo o risco de contaxio por coronavirus“, sinala o segundo tenente de alcalde e concelleiro de Servizos Públicos, Óscar González.

Este traballo está a ser posible grazas á colaboración “totalmente altruísta” de Talleres La Almudena, que non so vén de ceder un tractor ao Concello para poder levar adiante este labor, senón que puxo a disposición da mesma a dous dos seus empregados que, xunto cun traballador municipal, están a realizar a limpeza.

O Concello aporta o bactericida que está a empregarse na desinfección e os Equipos de Protección Individual (EPIs), compostos por buzos, luvas, máscaras e gafas.

Desinfección dos colectores do lixo e composteiros

Ao mesmo tempo que se realiza este traballo, o Concello vai a desinfectar todos os colectores do concello, que están repartidos en 330 puntos, un traballo que se repetirá as veces que sexa necesario para que diminúa ao máximo calquera risco que puidese existir ao deixar o lixo. Xunto cos contedores tamén están a desinfectarse todos os centros de compostaxe públicos das Neves.

Tamén do interior de todos os edificios públicos.

Para poder facelo a fondo, as profesionais da empresa Arcoiris, que dende hai máis de 20 anos ten contrato co Concello para a limpeza dos colexios e do Centro de Día, sumáronse ás empregadas municipais, unha medida que non so permitirá realizar este labor, senón que axudará a que aquelas traballadoras non se vexan abocadas a un Expediente Temporal de Regulamento de Emprego (ERTE).

O traballo, que están a desenrolar durante 5 horas polas tardes (no mesmo horario de limpeza dos centros de ensino e o de día) empezou onte coa desinfección completa do Mercado Municipal, para “garantir a total seguridade na venta deste venres”, e seguirá xa durante o resto dos días, de xeito que os inmobles públicos sexan esterilizados a diario.

Ler Máis
03 Xan
0

O Reis Magos na Praza Maior

Este ano a Cabalgata das Súas Maxestades os reis Melchor, Gaspar e Baltasar, será estática e estará na Praza Maior, dende as 17:00h. deste mércores, día 5 de xaneiro.

Lembrade que haberá xogos para as e os máis pequenos… e agasallos para as nenas e nenos de 0 a 11 anos!

No caso de choiva, haberá que suspender a Cabalgata. 

Ler Máis
28 Dec
0

Lista de persoas admitidas e en agarda nas actividades de Exercicios Saudables para Maiores

Nesta lista, que podes consultar premendo aqui , figuran tanto as persoas admitidas como aquelas que están en agarda para este programa.

As actividades comezan en xaneiro -despois de Reis- e durarán ata xuño. Levaranse a cabo en As Neves,  San Pedro de Batalláns, San Cibrán de Ribarteme e  Setados.

Por suposto, en todas elas estará vixente a ‘normativa COVID’ decretada polas autoridades sanitarias.

Ler Máis
26 Dec
0

O Goberno local das Neves leva o xoves, día 30, a Pleno o Orzamento para 2022

O Goberno local das Neves presentará ao Pleno da Corporación, este vindeiro xoves, día 30 de decembro (19:00h.) para a súa aprobación, o Orzamento do Concello para o ano 2022.

Como sucedera coas contas deste ano, a proposta reflicte a cohesión do Goberno, plasmada na elaboración en prazo do Orzamento, e con pleno acordo, tanto na identificación das necesidades do Concello e en como abordalas.

As contas seguen avanzando no camiño, trazado dende o comezo do mandato, de eficiencia na xestión dos recursos, tanto no capítulo de Ingresos coma na área de Gasto. 

Así mesmo, cumpre coas magnitudes orzamentarias, tanto de aforro neto como de estabilidade orzamentaria, así como a relativa á débeda viva, á carga financeira e ao teito de gasto.

Do mesmo xeito, incide en actuacións de protección e promoción social, aposta pola redacción de proxectos a presentar en convocatorias de axudas que permiten ao Concello realizar actuacións que, de non ser así, non poderían executarse, e contempla a realización de novas iniciativas e a finalización  doutras impulsadas nos últimos meses.

Ler Máis
21 Dec
0

Presentado o libro-USB ‘Meniños Cantores 2’

O pasado venres presentouse o libro-USB ‘Meniños Cantores 2′ que promove a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte…nas ondas! Coa asistencia do alumnado da Escola Infantil de Taboexa, xunto coa profesora Karina Mouriño, a portadora Marina Moldes, o membro do grupo A Roda Alfredo, e as concelleiras de Cultura e Ensino, Rocío Barreiro e Mª Pilar González Casas xunto con Xerardo Feijoo en representación de Ponte…nas ondas! E boa parte das familias e amigas e amigos desta escola.

17 escolas de Portugal e Galiza

No acto, proxectouse o trailer do proxecto, no que participan 17 escolas de Portugal e Galiza ao longo de toda a fronteira. A escola de Taboexa é a única de ensino infantil que participa representando ao concello de As Neves.

Xerardo Feijoo agradeceu á profesora que preparou  ao alumnado e tamén  a colaboración  dos padriños musicais, o grupo A Roda, así como a participación de Xaquín Xesteira na percusión; Rodrigo Romaní na arpa e Segundo Grandío nas guitarras e contrabaixo.

Na TVG este Nadal

O representante de Ponte…nas ondas! agradeceu aos asistentes a participación  no Meninos Cantores 2 e anunciou que a TVG vai emitir no Nadal os 4 capítulos do documentario que están  incluídos no libro-USB.

O alumnado participante no proxecto asistiu con expectación  á proxección  do videoclip do tema musical “O gato”, un tema tradicional da Roda  que foi enriquecido para o proxecto. Ao final do acto foron  obsequiados cun exemplar do libro-USB Meninos Cantores 2.

Ler Máis
21 Dec
0

Campaña doazón de sangue nas Neves o 30 decembro

O vindeiro xoves, 30 de decembro, haberá unha Unidade Móbil de doazón de sangue fronte ao Centro de Saúde das Neves, en horario de 10:00 a 14:00 – 16:00 a 21:00 horas.

Para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar 2 horas.
É preciso levar a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar; e un informe ao médico se se está a tomar algún medicamento.

A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución.

Premendo aquí atoparás información sobre a doazón de sangue e os requisitos de saúde para participar. Lembra que cada día, hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade, e a súa colaboración é fundamental.

Ler Máis
18 Dec
0

Avanzan as obras do novo aparcadoiro da rúa Cruceiro

As obras do novo aparcadoiro na rúa Cruceiro, que comezaron hace uns días, seguen adiante. Coa finalidade de xerar as menores molestias posibeis, este sábado pola mañá, o Concello levou a cabo traballos de pintura na rúa.

Con este novo aparcadoiro o Goberno local quere resolver a falta de estacionamentos  na contorna da rúa Entrecíns.  As obras desenrólanse nunha parcela que é a porcentaxe da parte pública da unidade de execución nº3 do Plan Xeral de Ordenación Municipal  (PXOM) das Neves.

En total, terá unha capacidade para 40 vehículos nunha superficie duns 1.400 m2, con saída a rúa Cruceiro, limitando, tamén, coa Circunvalación. 

Ler Máis
16 Dec
0

Melloras nas Escolas Unitarias de Rubiós e Taboexa

O Concello segue mellorando e mantendo as escolas unitarias. Recentemente, en Rubiós, colocáronse dous radiadores máis e, en Taboexa, realizouse a limpeza de humidades e pintado da cociña e da sala de xogos.

Estes traballos súmanse aos realizados nos pasados seis anos, como os de 2020, coa colocación da nova calefacción nas aulas de Taboexa; a retirada das reixas que afeaban o edificio; a reforma do patio, recuperación do soportal e da zona do  “areeiro”, no que as nenas e nenos poden xogar, especialmente cando chova.

Na escola de Rubiós, levouse a cabo a reposición, reparación e revisión de pezas;pintado de estruturas; recuperación da baranda, relevo de taboas rotas, ademáis de mellora dos soportais e substitución das pezas dos baños.

 

Ler Máis
15 Dec
0

Comeza a Programación de Nadal nas Neves

O Concello das Neves comeza este mércores a súa ‘Programación de Nadal’ que durará ata o vindeiro 6 de xaneiro de 2022 e que ten unha ampla proposta de actividades ao longo destas semanas.

???? Do 15 de decembro ao 06 de xaneiro: Espazo de xogo infantil de Nadal na Praza Maior. Acceso libre.

????Venres, 17 decembro: ás 17:00 h – Presentación do libro “Meniños Cantores 2: Cantamos nós!” de Ponte nas Ondas e Casa de Tolos, no que colaborou a Escola de Ensino Infantil de Taboexa.
No Centro de Interpretación do Patrimonio Cultural de Taboexa.

???? Sábado, 18 decembro: ás 20:00 h – “Contos de boa xente” de Avelino González. Auditorio Municipal. Financia o programa Nadal en Rede da Rede de Dinamización Lingüística da Xunta.

???? Domingo 19 decembro:
o 19:30 h – Concerto de Nadal da Banda de Música Popular de Rubiós. Auditorio Municipal.

????  Domingo 26 decembro: ás 18:30 h – Teatro para público familiar, “Muiñada” de Galeatro. Auditorio Municipal.

???? Xoves 30 decembro: ás 11:00 h – Visita do Apalpador ao Centro Urbano. Financia a Deputación de Pontevedra.

???? Do 02 ao 09 de xaneiro: de 17:00 h a 21:00 h. Actividades para a mocidade (futbolín, videoxogos, xadrez, escape room, cinema, talleres de defensa persoal, manualidades e bailes). Na Casa da Xuventude, situada no espazo do Mercado Municipal.

???? Domingo, 2 xaneiro de 2022: ás 19:30 h – Concerto de Ano Novo da Coral Polifónica Santa María das Neves xunto con dúas corais convidadas. Auditorio Municipal.

???? Mércores, 5 xaneiro: a partir das 17:00 h – Cabalgata de Reis na Praza Maior con xogos para a cativada. Agasallos para as nenas e nenos de 0 a 11 anos.

Ler Máis
12 Dec
0

As Neves conta cun roupeiro para as persoas que o necesiten

Servizos Sociais, ofrece roupa e cueiros para maiores.

O Concello das Neves, dende o departamento de Servizos Sociais,  lembran que as veciñas e veciños que o necesiten, teñen ao seu dispor roupa e cueiros para maiores.


Indican que actualmente no roupeiro teñen roupa e calzado de muller, home, nenas e nenos, mozas e mozos, colchas, mantas, sabas, cortinas, artigos de bebé, mochilas, bolsos, bufandas, gorros e panos.


Tamén se dispón de cueiros para maiores de todas as tallas, e mesmo algúns xoguetes e bicicletas para nenas e nenos, que están á disposición de quen o necesite.


Para solicitar algún artigo só é necesario contactar con Servizos Sociais no teléfono 986 667 134.

Ler Máis
12 Dec
0

Logo de tres anos de esixencia do Concello, a Xunta decide reparar a pista da Caíña ao Pousadouro

Fixeron falla tres anos de esixencia do Concello das Neves para que, finalmenente, a Xunta decide reparar a pista da Caíña ao Pousadouro: a Dirección Xeral de Desenvolmento Rural logo do nomeamento da actual directora acolleu as reiteradas solicitudes do Goberno municipal.

A vía quedara destrozada polo tránsito moi elevado de camións de gran tonelaxe para a retirada da madeira queimada dos incendios de 2017. O Concello das Neves elaborou un proxecto de reparación, como lle pediu a Dirección Xeral, quen lle adxudicou os traballos á empresa Covsa por un valor aproximado de 48.000 euros.

Preto de 6 quilómetros

Os traballos abranguen unha lonxitude de 5.900,00 metros nos que se acometerá a limpeza das embocaduras de 6 tajeas, de beiravías fondas con retroescavadora, en todo o camiño, ata unha profundidade de preto dun metro, depositando o material escavado sobre camión, incluíndo o transporte do mesmo ó vertedoiro.

Logo realizarán o bacheo de firme asfáltico con 183,30 toneladas, compostas de mestura bituminosa en frío, así como o barrido, raspado e limpeza da superficie de apoio, retirada de elementos soltos, aplicación do rego de adherencia con dotación 1 Kg/m2 de ECR-2, recheo con base de 5 centímetros, mínimo de aglomerado 25 centímetros nivelado e compactación, incluso posterior selado con area ou similar.

O alcalde Xosé Manuel, xunto co primeiro tenete de alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Marcelino Couto, e Óscar González, concelleiro de Medio Rural e segundo tenente de alcalde, repasou os traballos que se van executar xunto cun técnico da Consellería de Medio Rural e outro da empresa contratada.

Ler Máis