Blog

23 Nov
0

Continúan os traballos de desbroce e poda nas Neves

Avanzado o mes de novembro o  Departamento de Servizos do Concello das Neves continúa coa limpeza das estradas municipais.

Logo da primavera-verán, momento no que máis medra a maleza, os tractores repasan as vías nas que máis crece a biomasa, sexa porque a zona é máis húmida ou polo tipo de especies.

Este traballo seguirá durante o inverno coa intención de manter continuidade de limpeza todo o ano, intensificándoa na temporada de primavera-verán.

Desbroce de camiños

Ao mesmo tempo, desbrózanse camiños que unen uns barrios con outros e permiten o acceso a fincas, axudando a que se usen esas fincas e en conxunto previr incendios.

Poda de árbores

Outro equipo traballa na poda de árbores das beiras das vías para permitir o mellor paso de grandes vehículos como autobuses ou camións, ademais de retirar os pés que teñen perigo de caer e provocar algún accidente. Os restos de poda tritúranse para o proceso de compostaxe do Plan Revitaliza

Ler Máis
22 Nov
0

As Neves busca Xuíz de Paz substituto

Este luns, 22 de novembro publicouse na sede do Concello das Neves un edicto para dar publicidade do proceso de selección por parte do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) de un Xuíz de Paz substituto.

As persoas interesadas neste cargo, poden dirixir unha instancia á Presidencia do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Praza Galicia, 1, 15004 A Coruña)  facendo constar

1.- Nome, apelidos, fotocopia DNI, edad e enderezo postal

2.- Indicar se xa foi xuiz de paz ou substituto/a

3.-Méritos que teña para ocupar o posto

4.- Profesión actual.

O prazo é de 15 días, dende a publicación do edicto no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO)

Ler Máis
21 Nov
0

As Neves insiste na necesidade da mellora dos servizos de tren de proximidade

O segundo Tenente de Alcalde e Concelleiro de Servizos Públicos Óscar González Álvarez, acudiu á reunión entre a Xunta, os Concellos e o sector ferroviario de CCOO-Pontevedra para acordar o traslado ao Goberno do Estado dun plan de reforzo dos servizos de tren de proximidade.

Os responsabéis municipais de Crecente, Salvaterra, Arbo e As Neves, ademaís dos representantes sindicais  e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, estiveron dacordo na urxencia de mellorar a mobilidade dos cidadáns para revitalizar o interior de Galicia e o seu rural.

Actuar na contorna da fronteira do Miño

Todos eles coincidiron en manifestar a súa preocupación pola situación dos servizos e as infraestruturas ferroviarias en Galicia, especialmente na contorna da fronteira do Miño, onde o tren presenta importantes carencias.

A ese respecto, o segundo tenente de alcalde das Neves apuntou que é preciso aproveitar a oportunidade dos fondos europeos previstos para o Corredor Atlántico para impulsar a modernización da liña ferroviaria do Miño.

Óscar Gonz´ález coincidiu na necesidade de actuar nos servizos e nas infraestruturas ferroviarias para adaptar a oferta ás novas necesidades da poboación, modernizando as instalacións e impulsando a intermodalidade.

Aproveitar a chegada do AVE a Ourense, este mesmo luns

Ademais, salientou que os servizos de proximidade son positivos para sacar o máximo proveito da chegada do AVE a Galicia e para revitalizar o sur e o interior da provincia de Pontevedra.

Na xuntanza tamén se coincidiu na importancia de rehabilitar as estacións da liña do Miño , en mellorar a accesibilidade ou ofrecer servizos complementarios nas estacións de tren, como estacionamento de bicicletas ou recarga de vehículos eléctricos.

Ler Máis
18 Nov
0

Plan Municipal de Risco de Seca, ¡participa!

O Goberno local das Neves está a elaborar un ‘Plan Municipal de Emerxencia e Xestión do Risco de Seca’. 

Este plan abrangue as accións a desenvolver en caso de que se produzan situacións de escaseza de auga e, sinala o alcalde, “a participación de todas as partes implicadas é importante para determinar as mellores solucións para cada escenario”.

Dous talleres

Por iso, dende o Concello convídase a todos os veciños e veciñas  a participar nos seguintes talleres: 1.- Aberto dende o 18 ao 21 de novembro e 2.- Aberto do 23 ao 25, a través da web:  https://planemerxenciaseca.gal/as-neves

Programa dos talleres participativos

Taller 1: Sesión 0: Presentación e diagnóstico. Esta sesión inclúe os seguintes contidos:

  • Introdución.
  • Obxectivos.
  • Presentación do proxecto.
  • Presentación do diagnostico técnico.

Sesión 1: Avaliar as capacidades, o grao de coñecemento e sensibilidade social;  Sesión 2: Identificación de debilidades; Sesión 3: Identificación e caracterización preliminar de medidas e fortalezas; Sesión 4: Exposición pública e enquisa de avaliación.

Taller 2:  Sesión 0 (XERAL): Presentación. Esta sesión inclúe as seguintes actividades:

–        Introdución.

–        Presentación da estrutura do taller.

–        Obxectivos.

 Taller 2.1.- Identificación de zonas, poboacións e actividades vulnerables; Taller 2.2.- Definición de medidas para cada escenario.

Ler Máis
18 Nov
0

Día Mundial da Infancia

O vindeiro sábado 20 de novembro celébrase o ‘Día Mundial da Infancia’, un día dedicado a todos os nenos e nenas do mundo.

Para a súa conmemoración, o Concello das Neves únese á proposta de UNICEF e iluminará de cor azul zyan o exterior da Casa do Concello

Ler Máis
17 Nov
0

Mellora da eficiencia das instalacións de saneamento do concello das Neves

O Concello das Neves vén de rematar a instalación de 2 novas bombas sumerxibles de 3,2kw no bombeo de Babareira que sustitúen a outras dúas, que xa tiñan moito desgaste logo de 9.100 e 9.600 horas de funcionamento.

 

EDAR do Termes, en Vide

Na Edar do Termes (Vide) sustitúense 3 bombas sumerxibles. As 2 bombas de cabeceira que tiña moito desgaste debido ao traballo ininterrompido tratando 264 metros cúbico por día.

A outra bomba que se cambia e se deixa de reserva é a que recicula os lodos, o nova terá unha potencia de 1,7kw.

 

EDAR da Estación

Así mesmo, instálanse equipos de telexestión e supervisión na Edar do Termes e na Edar da Estación. Estas dúas depuradoras actualmente non dispoñen de equipos de xestión a distancia. Colocaranse nelas autómatas programables con conexión 4G que permitiran coñecer en tempo real, o nivel  dos pozos, si os motores ou bombas están traballando, si houbo algún atasco, o caudal entrante, os niveis de osíxeno, etc.

Batalláns

Finalmente na Edar de Estación e de Batalláns, sustituiranse os actuais trituradores e bombas de parafuso por unha bomba trituradora de 1,1kw en cada caso.

O primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Vías e Obras, Marcelino Couto, comprobou a chegada dos materiais e a calidade das novas
bombas.

Ler Máis
17 Nov
0

Melloras no abastecemento de augas das Neves

As obras para a mellora da eficacia e eficiencia no abastecemento financiadas pola Unión Europea a través de Augas de Galicia tiveron lugar no bombeo do río Termes e na Etap da Caíña.

No bombeo do río Termes en Vide sustituíse a bomba número 2. A hidráulica xa tiña máis de 12.849 horas e foi sustituída por un corpo hidráulico Zeda ZH-80/4. Logo fixeronse novas programación no autómata do bombeo para mellorar funcionalidades que teñen que ver coas tormetas ou fortes choivas e por exemplo poder apagar ou acender o bombeo a distancia. Por último decidiuse instalar un válvula de alivio antiariete Dorot S-300 2 en fundición para axudar a regular as presións que se producen no proceso de impulsión dende o bombeo cara a Etap.

Na Estación de Tratamento de Auga Potable da Caiña (Etap) sustituíronse 2 bombas de servizo con bancada e motor de 7.5kw. Estas bombas xa tiñan máis de 30.000 horas de servizo tendo en conta que traballando de media 5 horas ao día podendo chegar a tratar os 600 metros cúbicos ao día en épocas de alta demanda de auga. Tamén se fixeron varios traballos de instalación e programación para aumentar as funcionalides do autómata e das xestións a través do servidor web, como as que teñen que ver co analizador de cloro.

Os traballos adxudicados a empresa Gainser tiveron un custe total de 46.975 euros financiados na súa totalidade cunha subvención de Augas de Galicia.

Ler Máis
16 Nov
0

As Neves conmemora o 25N ‘Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres’

O Concello das Neves conmemora o 25N, ‘Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres’, coa programación de actividades durante cinco días.

• Comezarán o sábado, día 20 de novembro coa Andaina “Camiña sen violencia” a partir das 10:00 h. Será unha ruta circular con inicio e fin na Praza do Concello. Haberá un punto violeta de información fixo na praza. Durante a andaina, ademais de concienciar sobre a violencia contra as
mulleres, falarase sobre a figura da Marquesa do Pazo da Mercé ao paso polo IES Pazo da Mercé, a EFA A Cancela e o CEIP Marquesa do pazo da Mercé.

• O luns, día 22, ás 12:00 h no Auditorio Municipal, o alumnado do instituto 
asistirá á representación da obra de teatro “Bravas” interpretada por Isa Risco, dentro do programa “Tornar ás táboas” da Deputación de Pontevedra.

• Xa o xoves, 25 de novembro, ás 12:00 h na Praza do Concello, terá lugar o acto institucional do Concello das Neves en colaboración co CEIP Marquesa do Pazo da Mercé, o IES Pazo da Mercé e a EFA A Cancela.

• A programación deste #25N rematará o domingo  28 de novembro coa proxección do documental “Nación” dirixido por Margarita Ledo Andión. Ás 18:30 h no Auditorio Municipal.

Ler Máis
12 Nov
0

Os alcaldes das Neves e Arbo reiteran ao Goberno a súa oposición ao paso da liña de alta tensión polos seus concellos

 

Os alcaldes de Arbo, Horacio Gil, e das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, mantiveron este mércores, día 10, unha reunión on line co director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, Ismael Aznar, para tratar, de novo, o proxecto da Liña de Alta Tensión (LAT 400K) que afecta aos dous concellos.

Aznar transmitiu aos dous alcaldes que aínda non hai resolución sobre o trazado final da liña Fontefría-Fronteira Portuguesa, para a cal existen dúas alternativas que afectarían, ben ás parroquias de Sela e Barcala, en Arbo, ou á de Vide nas Neves. En calquera das dúas opcións, a liña pasaría a poucos metros das casas, co risco conseguinte para a saúde dos seus habitantes, ademais do dano no medio ambiente, o prexuízo para a viticultura e o efecto na paisaxe da zona. 

A decisión, antes de finais de ano

O director xeral adiantou que habería unha decisión antes de finais deste ano, unha vez que rematen o estudos de impacto ambiental, e comprometeuse a manter, daquela, unha nova xuntanza cos dous concellos para para explicarlles as razóns da mesma, mentres que quedou sobre a mesa implementar o estudo de características técnicas que poidan mellorar a seguridade do tendido, en especial nos treitos que pasen preto das vivendas.

Oposición frontal dos dous concellos

Horacio Gil e Xosé Manuel Rodríguez, reiteraron a oposición de Arbo e As Neves aos dous posíbeis trazados, e insistiron nas alegacións presentadas, así como na demanda, repetida nos últimos anos, dos veciños e veciñas das dúas vilas. Así mesmo, lamentaron que, neste momento non haxa outras alternativas a estes dous proxectos e amosaron a súa preocupación polo feito de que o Goberno español non se teña manifestado en relación coa decisión, reiterada hai poucas semanas, polo Goberno de Portugal de manter o trazado da Alta Tensión por Sela. 

Ler Máis
11 Nov
0

A Deputación saca a licitación a mellora da mobilidade na rotonda da EP-4006 nas Neves

A Deputación de Pontevedra vén de sacar a licitación a mellora da mobilidade peonil da EP-4006 Ponteareas-As Neves. As actuacións teñen un orzamento de 117.400 euros e con elas acondicionaranse 120 metros de estrada na contorna da rotonda que comunica coa EP-4202, situada no concello das Neves.

 Prioridade aos peóns

Con estas obras, a institución provincial aposta por darlle prioridade ao tráfico peonil ao incrementar o espazo ocupado polas beirarrúas á vez que mellora a seguridade viaria mediante a reordenación dos accesos á rotonda e ao apartadoiro do autobús. As empresas que desexen levar a cabo este proxecto poden presentar as súas ofertas ata o 30 de novembro.

 Rotonda renovada

Máis polo miúdo, contémplanse actuacións na devandita rotonda, que contará con dous carrís de circulación  de catro metros e unha beiravía exterior de 0,5 metros, así como a instalación dunha nova marquesiña e da sinalización horizontal e vertical correspondente.

 Recollida de augas, pluviais e alumeado

Do mesmo xeito procederase á reposición dos servizos de recollida de augas pluviais e alumeado público con luminarias LED, máis respectuosas co medio ambiente. Tamén se acondicionarán as zonas verdes, rotonda e illotes con terra vexetal e céspede e ao longo das beirarrúas distribuiranse nove árbores e catro bancos de granito.

Ler Máis