Blog

08 Set
0

As Neves transforma o espazo urbano entre a Praza de Santo Agostiño e o colexio

O centro das Neves xa conta cun espazo renovado, humanizado e seguro entre o colexio Marquesa do Pazo da Mercé e a praza de San Agostiño, a través da rúa Rosalía de Castro.

O deputado provincial Gregorio Agís visitou este martes as obras de mellora desta parte da vila, executadas ao abeiro do ‘Plan DepoRemse’ da Deputación de Pontevedra.

Agís, acompañado polo alcalde, Xosé Manuel Rodríguez,  o primeiro tenente de alcalde, Marcelino Couto, e os membros do Goberno municipal, puxo en valor esta actuación, na que se investiron 254.868€, o 90%  aportado pola institución provincial-229.381€- e o restante 10% polo Concello das Neves-25.486€-.

Espazo a disposición das persoas

O deputado provincial e os máximos representantes do Goberno municipal coincidiron na importancia desta actuación na que o espazo público se pon a disposición das persoas e onde se establece o tráfico en condicións de seguridade.

Así mesmo, subliñaron a importancia de que a Deputación e o Concello teñan unha mesma visión urbanística subliñando a importancia de gañar espazo para as veciñas e veciños.

‘Cambio radical’

A actuación, nunha zona de especial tránsito, ao transcorrer polo centro urbano e o colexio, permitiu darlle un cambio radical a este espazo proporcionando unha mobilidade segura e dándolle prioridade ás persoas

Unha vez rematadas as obras, a praza de Santo Agostiño, que antes estaba invadida de coches, foi reordenada cunha plataforma única de pedra seguindo a tradición dos pavimentos utilizados no centro da vila. Este novo empedrado conta ademais cun despece para facilitar a flexibilidade dos espazos nos que está permitida a circulación de vehículos.

Contorna do colexio

En canto ás obras realizadas na contorna do colexio, consistiron na ordenación de todo o aparcamento, que anteriormente era unha simple explanada.

Deste xeito, a zona quedou acondicionada cunha beirarrúa de 2,5 metros de anchura, co marcado dos espazos de aparcamento e coa identificación mediante marcas viarias dos destinos de cada un dos autobuses.

Retirada da ‘torreta’ de Fenosa

Ademais, tamén se deu solución a unha demanda histórica da comunidade escolar ao retirar unha torreta de Fenosa.

Rúa Rosalía de Castro

No que atinxe á rúa Rosalía de Castro, o obxectivo era ofrecer un itinerario peonil accesible e seguro entre o colexio e o centro da vila. Para isto, ampliouse unha das beirarrúas e na outra executouse un aparcamento en liña. Finalmente, o viario quedou de sentido único en dirección ao colexio, cun carril de circulación de 3 metros e con pasos de peóns reforzados con luminarias no chan para unha mellor visibilidade. 

5,5 millóns de investimentos da Deputación 

Dende 2015, tal e como sinalou Gregorio Agís,  a Deputación de Pontevedra realizou investimentos de máis de 5,5 millóns en As Neves, entre eles o Plan Concellos que permitiu realizar máis de 50 obras e sufragar actividades culturais, amais da liña de emprego, que permitiu contratar nestes anos a 75 traballadores e traballadoras.

Ler Máis
06 Set
0

As Neves gaba o labor dos seus comerciantes no confinamento e deseña un programa de formación para o Comercio Local

Este sábado, día 5, o Concello das Neves estreou en primicia, para comerciantes, empresas e colectivos, un documental sobre o comercio local que se mantivo aberto durante o período de confinamento vivido nos pasados meses.

O documental, titulado ‘O comercio que nos coida’, realizado por Daniel Pérez , trata de valorizar e facer visible a importancia do traballo das e dos comerciantes nun momento coma o vivido nas primeiras semanas despois de decretarse o ‘Estado de Alarma’, semanas nas que o comercio local xogou un papel fundamental, como apuntou o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez.

O acto, conducido pola Concelleira de Cultura, Rocío Barreiro, tivo lugar ás 21:00 h na Praza Maior, e contou coa presenza de máis de 100 comerciantes e empresarios e empresarias das Neves.

Programa de formación dirixido ao comercio local

Durante o mesmo, o Concello tamén presentou un programa de formación dirixido ao comercio local que se levará a cabo no que resta de ano, e que ten o obxectivo de promover a súa transformación estratéxica e dixital, con formación, asesoramento e apoio no novo escenario POST-COVID.

Este programa de formación, que será en liña, vai desenvolverse en dúas fases: unha primeira de seis sesións impartidas durante o mes de setembro, e unha segunda con titorías individuais os tres meses seguintes.

A inscrición pode facerse, ata o vindeiro mércores, día 9, a través do enlace: https://bit.ly/3h1ZtJB.



Para pechar a noite, a Banda de Música Popular de Rubiós, ofreceu un pequeno concerto, coa interpretación de seis pezas. Trátase da súa primeira actuación dende que fora decretado o ‘Estado de Alarma’.

Cumprindo coas medidas sanitarias e de protección, o lugar onde se desenvolveu o acto, estivo delimitado, e as cadeiras previamente asignadas, estaban distribuídas mantendo a distancia de seguridade. Ademais, era obrigatorio o uso de máscara e a desinfección das mans con xel hidroalcohólico á entrada no espazo.

Ler Máis
04 Set
0

O Mercado Municipal acolle unha exposición dos traballos realizados no ‘Campamento de Verán’

Dende este venres está aberto ao público, no Mercado Municipal-en horario de 10:00 a 13:00h.- unha exposición que amosa  os traballos realizados polas rapazas e rapaces durante o ‘Campamento de Verán das Neves’. 

Ler Máis
03 Set
0

O Concello, en acordo cos centros de ensino, moviliza todos os seus recursos para extremar a seguridade e hixiene na volta ás aulas

Representantes de centros educativos das Neves participaron nunha reunión convocada polo Goberno local e presidida polo alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, acompañado pola concelleira de Ensino, Pilar Gonzalez Casas, para poñer en común as medidas a tomar neste comezo de curso, marcado pola COVID-19, e establecer a colaboración do Concello ante a “falla de instrucións por parte da Xunta, a día de hoxe”.

Transporte público

Os docentes amosaron a súa precupación ante o comezo das clases -que xa están en marcha na nova Escola Infantil da Galiña Azul– e que empezarán o vindeiro día 10 no CEIP Marquesa do Pazo da Mercé e o 16 no instituto.

Un dos problemas más serios é o do transporte público, especialmente no que atangue ao Instituto, ao que os buses chegan as 08:20 h.cuarenta minutos antes da apertura do centro. Para tentar “axustar o máximo posible a hora de chegada dos autocares co inicio das clases”, o alcalde terá esta vindeira semana unha reunión cos responsbles da nova empresa adxudicataria do transporte.

Entradas e saídas e uso das instalacións dos centros

Polo que se refire ao CEIP Marquesa do Pazo da Mercé, o Concello comprométese enviará unha persoa encargada da súa apertura e de que o acceso e as saídas sexan graduiais, para evitar amoreamentos. Tamén dende o Concello haberá un control da chegada das alumnas e alumnos en vehículos particulares e do tráfico na zona coincidindo co inicio e remate das clases.

No mesmo centro, hai unha aula, a de 5ª curso, con 25 alumnas e alumnos que non pode ‘desdobrarse’ por falla de persoal, aínda que sí sería posible habilitar dúas clases porque hai espazo para facelo. O Goberno municipal solicitará de Educación que aumente o número de profesores e, no caso de que non se atenda esta solicitude, facilitar o cambio dos estudantes a un espazo más amplo no que sexa posible manter a separación de seguridade.

Limpeza e desinfección

No relativo á limpeza dos centros,o Concello xa limpou o exterior do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé; na Escola de Educación Infantil de Rubiós, o xardín, xardineiras de entrada, areeiros aparcadoiros e accesos e, estos días, estase a levar a cabo unha limpeza integral no interior da Escola de Taboexa e do mesmo CEIP.

A esta medida sumarase o incremento da hixienización, nas propias unitarias, a todos os días da semana para o cal o Concello aumentará as horas de traballo da empresa concesionaria deste servizo, con protocolos distintos en cada nivel educativo. Así mesmo, establecerase unha ‘folla de seguimento’ da hixiene e mantemento dos baños.

Polo que ten que ver coa ‘desinfección’, “traballo pouco definido a día de hoxe e imposto aos concellos pola Xunta”, o alcalde manifestou que o Concello das Neves está disposto a facerse cargo do mesmo, “por responsabilidade”, pero sen deixar de esixir á Xunta que asuma as súas competencias ou os gastos derivados das mesmas.

No CEIP será necesaria unha persoa durante todo o horario lectivo e no caso das escolas unitarias, terán garantido este servizo ao longo do día. Polo que se refire á nova Escola Infantil da ‘Galiña Azul’ a súa directora amosou a necesidade de desinfectar “decote” os espazos e os xoguetes e obxectos usados polos cativos.

Continxencias, clases on line e axudas

Na xuntanza, os responsábeis de todos os centros sinalaron que adiantarán o seu Plan de Adaptación á COVID e o Plan de Continxencia para a ensinanza non presencial, no caso de ter que producirse esta.
Neste aspecto, o Concello comprometeuse a  esixir á Xunta a extensión da Fibra óptica a todo o rural e seguir colaborando cos centros na entrega, en man, na casa das alumnas e alumnos do material e libros que deixaran nos centros, como xa se fixera no período de confinamento.

As directoras e directores dos centros quedaron encargados de comunicar ao Concello os casos que poida haber de familias con problemas económicos para asumir a compra de máscaras para os seus filos e fillas.

Ler Máis
03 Set
0

O Pleno do Concello aproba unha modificación do PXOM que afecta ao antiguo cuartel

O Pleno da Corporación do pasado martes, día 1 de setembro arobou unha modificación puntual  do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), que afecta ao lugar no que está o inmoble do antigo cuartel.

Ademáis, estableceu que os festivos locais no vindeiro ano 2021 serán os habituais: o 29 de xullo (Santa Marta) e o 5 de agosto (As Neves).

  1.  

Ler Máis
28 Ago
0

O Concello investiga a autoría dun verquido en Pousadouro

O Concello está a investigar a procedencia e autoría dun verquido na zona do Pousadouro. No lugar hai unha rotonda con cinco vías, unha área para xantar ao aire libre, o paso do Camiño dos Frades e o acceso ao concorrido Miradoiro de San Nomedio.

Correcta xestión do lixo 

Dende o Goberno municipal lémbrase que nas Neves hai máis de 60 áreas de reciclaxe con colectores de, polo menos, catro tipos (vidro, papel-cartón, envases e resto), a eles hai que engadir os de aceite doméstico e roupa en varios lugares.

A este feito súmase o de que o ‘Punto Limpo’ está aberto martes, xoves e sábado de 10:00 a 14:00 h e que, ademáis, pode pedirse a recollida a domicilio de elementos voluminosos, chamando ao Concello ou a través da App municipal ‘Línea Verde As Neves’.

Dende o Concello non se tolerarán comportamentos coma este que causan danos ao medio ambiente e molestias a veciñas e veciños e a todas aquelas persoas que se desprazas ata As Neves.

 

Ler Máis
28 Ago
0

Retirada a torre de alta tensión situada a carón do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé e da nova Escola de Educación Infantil

Hai unhas semanas, o Goberno municipal das Neves mantivo contacto co xefe do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas para tratar da retirada da torre de Fenosa, situada a carón do CEIP Marquesa do Pazo da Mercé e da nova Escola de Educación Infantil.

Tratábase dunha demanda altamente agardada e unha necesidade irrenunciabel nunha zona na que están o pavillón municipal de deportes e dous centros de ensino.

Finalmente, os traballos para quitar a torre están rematados e a mesma xa desapareceu deixando libre toda a área na que se atopaba. Trátase do aparcadoiro, moi transitado durante o curso escolar, que o Concello vén de reformar para facilitar a entrada e saída dos estudantes, tanto dos que se desprazan en bus como dos que o fan nos vehículos familiares. 

Ler Máis
27 Ago
0

O martes, día 1 de setembro, reabre o Centro de Día e empezan as clases na nova Escola Infantil das Neves

O vindeiro martes, día 1 de setembro, reabre para os usuarios o Centro de Día das Neves, que permanecía pechado dende o pasado 13 de agosto. 

Naquela data, tal e coma comunicara o Servizo Galego de Saúde (Sergas) ao Concello, unha das usuarias do mesmo, veciña das Neves, dera positivo por Covid-19. De inmediato, dérase aviso ao resto das usuarias e ao persoal do mesmo para que permanecesen illadas nas súas casas por un período de 15 días.

Coma establece o protocolo, sometéronse aos test indicados por Sanidade que deron, todos eles, negativos. Nos días seguintes, o Concello realizou tarefas de limpeza a fondo desta zona e doutras partes das Neves e este mesmo luns, día 31 de agosto, levará a cabo unha nova desinfección de todo o centro antes da súa apertura.

Empezan as clases na nova Escola Infantil

Tamen o martes, 1 de setembro, empeza a actividade na nova Escola Infantil das Neves. 

O centro, situado xunto ao CEIP Marquesa do Pazo da Mercé, e ao que acudirán 20 nenas e nenos, dispón de 490 metros cadrados, máis de 161 deles construídos, con dúas aulas de usos múltiples, almacén, zona de descanso, despacho, zona de hixiene, cociña e baños.

No exterior conta con espazo para xogos, hortas, un xardín e a acceso para as familias.

 

Ler Máis
24 Ago
0

600 incidencias rexistradas na APP do Concello ‘Línea Verde As Neves’

O Concello vén de facer balance do uso e da eficiencia da aplicación de rexistro de incidencias ‘Línea Verde As Neves’ que lanzou o día 1 de xuño.

En dous meses e medio, rexistráronse arredor de 600 incidencias das cales, o 80% xa foron resoltas. Dende a área de Innovación Tecnolóxica valoran moi positivamente estas cifras, “tanto pola participación veciñal como pola axilidade coa que se xestionan e resolven as incidencias, dun xeito máis rápido e coordinado”.

Comunicación de calquera incidencia en tempo real

Lembran que a aplicación permite comunicar ao Concello en tempo real e empregando o teléfono móbil, calquera problema que se vexa na vila, só facendo unha fotografía.

Deste xeito, é posible informar de calquera avaría, dano, atranco ou perigo que se atope en calquera lugar do concello e que teña que ver co alumeado, abastecemento, saneamento, estradas, camiños e pistas urbanas e rurais, lixo e limpeza, compostaxe, punto limpo ou áreas de lecer e de deportes.

Do mesmo xeito, se poden rexistrar incidencias que atanguen a fontes e lavadoiros e sinalizacións de tráfico, ou mesmo denunciar casos de acoso escolar e violencia machista e alertar de situacións de risco social ou sanitario.

Consultas e respostas personalizadas en 24 horas

A través da APP pódese pedir información sobre medio ambiente, realizar consultas e obter respostas personalizadas en 24 horas, solicitar a recollida de residuos, buscar información sobre puntos de interese das Neves ou acceder a outros servizos municipais como o de Turismo, Patrimonio, Urbanismo ou Edificios Públicos.

Comunicación, alertas e novas no teléfono móbil

Os veciños e veciñas que o desexen, poden recibir no seu teléfono todas as comunicacións, novas de actualidade e alertas que o Concello publique nas súas redes sociais e participar, tamén, en consultas e enquisas que se fagan dende a administración municipal.

O segundo Tenente-Alcalde e responsable da área de innovación tecnolóxica, Óscar González, anima a quen non o fixera aínda, a descargar e empregar esta aplicación, que está dispoñible na Play Store para teléfonos Android e na AppStore para teléfonos iPhone.

Ler Máis
24 Ago
0

As Neves acada distintas axudas para proxectos e iniciativas no eido da igualdade, benestar e protección fronte á COVID-19

O Goberno local das Neves vén de conquerir varias subvencións para a realización  de diferentes proxectos e o desenrolo de varias iniciativas, que estarán en marcha nos vindeiros meses e que abranguen accións no eido da igualdade, benestar e protección social.

A Deputación de Pontevedra concedeu ao Concello das Neves unha asignación de 5.905€ para o fomento da igualdade de oportunidades e prvención da violencia de xénero. A mesma fará posible impulsar accións de sensibilización, formación e prevención da violencia machista e para a atención ás vítimas.

Tamén por parte da Deputación, As Neves recibirá unha axuda extraordinaria de 5.700€ para a prestación de apoio ás familias para facerlle fronte ao impacto da COVID-19 durante o ano 2020.

Por último, a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta, vén de comunicar a concesión dunha subvención de 4.000€ para o programa de sensibilización, información e difusión sobre igualdade e prevención da violencia contra as mulleres.

Ler Máis