Blog

14 Xuñ
0

Ábrese o prazo de inscrición nos ‘Campamentos de Verán’ das Neves

O Concello das Neves abre este luns, 15 de xuño, e ata o vindeiro martes, día 23-os dous días incluidos- o prazo de inscrición nos Campamentos Municipais de Verán.

Os mesmos están destinados a nenas e nenos empadroados nas Neves con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos, cumpridos no momento de inicio do campamento. Os mesmos ofrecen actividades e obradoiros coma alternativa lúdica, deportiva e educativa ás cativas e cativos da vila durante o período estival á vez que se fomentan os valores de igualdade, solidariedade, convivencia e respecto ao medio ambiente e a contorna na que viven.

Estes campamentos supoñen un instrumento que facilita a conciliación familiar da familias das Neves.

Podes descargar aquí toda a documentación:

 

Horario e duración

Os Campamentos están organizados en dúas quendas durante os meses de xullo e agosto, cun máximo de 54 participantes por quenda. A primeira, a ‘Quenda A’, será do 6 aos 28 de xullo e a ‘Quenda B’ do 3 ao 28 de agosto. O horario das actividades será de 09:00 a 14:00h. de luns a venres.

Inscrición

A inscrición para solicitude de praza no Campamento de Verán, realizarase nos Servizos Sociais do Concello de luns a venres.
As solicitudes poderán descargarse na web do Concello ou poderase recoller presencialmente nos Servizos Sociais do Concello tamén se pode presentar por correo electrónico no enderezo servizossociais@asneves.gal.

Preferencia e asignación de prazas

Terán preferencia á hora de adxudicar as prazas disponíbeis nos Campamentos de Verán:
• Persoas empadroadas no Concello das Neves.
• Persoas que xustifiquen a necesidade por motivos laborais.
• Familias con informe xustificativo dos Servizos Sociais das Neves.
• Familias monoparentais.
• Aquelas familias nas que os ingresos non supere 6,5 veces o Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples (IPREM), cun incremento do 15% para familias monoparentais ou numerosas.

  • Documentación que hai que presentar

• Xustificante dos ingresos da unidade familiar do ano 2020.
• Contrato laboral das persoas que conforman a unidade familiar.
• Declaración xurada do horario de traballo.
• Libro de familia.
• Tarxeta Sanitaria da e do menor.

Ler Máis
14 Xuñ
0

Medidas que entran en vigor este luns, día 15, co pase á ‘nova normalidade’

O Ministerio de Sanidade vén de aprobar o fin da vixencia do ‘Estado de Alarma’ no territorio galego a partir do luns 15 de xuño.

Estes son os principais cambios que se aplicarán a partir dese momento

1. Permitida a mobilidade entre as catro provincias galegas.
2. Mantemento da distancia mínima interpersoal de 1,5 m.
3. Uso obrigatorio de mascarilla cando non se pode manter esa distancia ou en lugares con moita xente, especialmente nos pechados. O non cumprimento desta medida, supón unha infracción que pode ser multada con ata 100 €.
4. Recomendación da realización dos pagos con tarxeta bancaria.
5. Hixiene frecuente de mans. Tamén de espazos públicos nos de uso común.
6. Apertura de locais comercias sen poder exceder o 75% do aforo establecendo as medidas necesarias para procurar manter a distancia de seguridade interpersoal. Fixarase un horario de atención con prioridade para maiores de 65 anos.
7. Hostalaría e restauración: Poderase servir no interior ata o 75% do aforo, e garantindo, en todo caso, o cumprimento da distancia interpersoal de seguridade. Na terraza a capacidade máxima permitida é do 80% das mesas e respectando o espazo necesario para a circulación peonil no tramo da vía pública en que se sitúe a terraza.
8. Apertura de hoteis e aloxamentos turísticos, incluídos os espazos de uso común, respectando un aforo máximo do 75%.
9. Asistencia a lugares de culto, ata un máximo do 75% do aforo. Manterase a distancia de seguridade e, o aforo máximo debe publicarse nun lugar visible do espazo destinado ao culto.
10. Poderán oficiarse vodas cun máximo de 150 persoas nos lugares pechados e 250 nos abertos, non excedendo nunca o 75% do aforo do espazo.
11. Velorios e enterros: Poderán xuntarse ata 60 persoas nos lugares abertos e 30 nos pechados.                                                                                        12. Mercados ao aire libre: Amplíase o número de postos ata o 75% dos postos, limitando a afluencia de clientes de maneira que se asegure o mantemento da distancia de seguridade interpersoal.
13. Actos culturais: Permítense actos deste tipo cun máximo de 300 persoas en lugares pechados e 1.000 ao aire libre. Non excedendo nunca o 75% do aforo do espazo empregado en co público sentado en butacas previamente asignadas.
14. Permítese a realización de deporte de forma individual ou colectiva, sen contacto físico, e ata un máximo de 25 persoas simultaneamente no caso dos adestramentos. Sempre que sexa posible, durante a práctica da actividade deportiva deberá manterse a distancia de seguridade
interpersoal. Os eventos deportivos poderán realizarse contando cun protocolo específico, que será trasladado á autoridade competente e que deberá ser comunicado aos seus participantes.
15. Están permitidas tanto a actividade cinexética como a pesca en todas as súas modalidades sempre que se respecte a distancia de seguridade interpersoal ou se utilicen medidas alternativas de protección física como o uso da mascarilla. Non se poderán compartir utensilios nin comida ou bebida.
16. Actividades de tempo libre infantil e xuvenil:
a. Ao aire libre, deberase limitar o número de participantes ao 75% da capacidade máxima habitual, cun máximo de 250 participantes, incluíndo monitores.
b. No caso de actividades en lugares pechados, non se deberá exceder o 50% do aforo, cun máximo de 150 participantes, incluíndo monitores.
17. Os parques infantís, parques biosaudables, zonas deportivas, ou espazos de uso público ao aire libre similares poderán estar abertos ao público sempre que neles se respecte unha capacidade máxima estimada dunha persoa por cada catro metros cadrados.
18. Poderanse celebrar congresos, encontros, reunións de negocio, conferencias e eventos e actos similares promovidos por calquera entidade, sempre que non se supere o 75% da capacidade permitida e cun límite máximo de 300 persoas sentadas para lugares pechados e
1.000 de mil persoas sentadas ao aire libre.

????Acceso ao Diario Oficial de Galicia (RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2020) do sábado 13 de xuño de 2020: https://bit.ly/2YyQeJk.
???? Acceso á publicación no Boletín Oficial do Estado BOE (RDL 21/2020) do mércores 10 de xuño de 2020: https://bit.ly/2UFFwQc.

Ler Máis
14 Xuñ
0

Actuacións no centro de TDT das Neves, en San Nomedio, para a mellora do sinal de televisión

Para cumprir co proceso de liberación do segundo dividendo dixital,estanse a levar a cabo nas Neves unha serie de actuacións para realizar os cambios necesarios nos centros de cobertura do sinal de TDT.

As mesmas non causarán problemas nos televisores e decodificadores actuais de TDT, que non teñen porque cambiarse.

Tampouco haberá cambios na oferta televisiva: non haberá perda de canles nin canles novos, simplemente, os mesmos que se reciben na actualidade cambiarán a frecuencia de emisión.

Este proceso lévase a cabo, cumprir un mandato europeo polo cal a banda de 700 megahercios (MH) debe estar plenamente dispoñible para despregar as futuras redes de telecomunicacións 5G.

Este luns, día 15 de xuño

Ditas actuacións realizaranse este luns, día 15 de xuño, no centro de TDT das Neves, en San Nomedio. Este centro presta o servizo de difusión da TDT para a maior parte da poboación do concello.

O proceso consiste no apagamento neste centro das frecuencias de emisión actual do múltiple autonómico, e o acendido na nova frecuencia asignada. Canle 28 (MUX AUTONÓMICO): TVG, TVG2, GHD, G2HD.

Para poder seguir vendo estas canles, os interesados deberán, en primeiro lugar, dispor da cobertura axeitada do devandito centro,podendo confirmar tanto o centro emisor como a calidade da cobertura por teléfono- chamando ao 881 866 388 – ou na web www.tdtgalicia.gal.

A continuación, bastará con realizar unha busca das novas canles no receptor de TDT. No caso das comunidades de veciños, pode ser necesario axustar a antena colectiva para asegurar a calidade da recepción.

Ler Máis
13 Xuñ
0

Informe da Comisión de Seguimento da Covid-19 do día 12/6/2020

Seguimos cun só caso rexistrado de COVID-19 no concello.

O Concello adquiriu 5 dispensadores de hidroxel que se colocarán nas  entradas do Mercado Municipal, na Casa do Concello e en Servizos Sociais.

Realizada unha revisión dos locais onde se reunen os grupos do proxecto sociocomunitario “Compartir e vivir” e onde se imparten os cursos de alfabetización e de búsqueda de emprego, para axeitar os espazos e dotalos das medidas hixiénicas axeitadas á actual situación. Estes traballos lévanse a cabo para poder reanudar as actividades na semana do 25 deste mes. Os locais revisados foron a Biblioteca Municipal, o baixo de Servizos Sociais e as escolas de Liñares, San Cibrán e Setados.

Realizado un encargo de mascarillas hixiénicas para uso do persoal municipal.

O luns 15 de xuño comeza o prazo de inscrición nos campamentos de verán que se desenvolverán nos meses de xullo e agosto, destinados a nenas e nenos empadroados nas Neves con idades comprendidas entre os 4 e os 12 anos. A inscrición poderase facer ao longo de toda a semana no baixo de Servizos Sociais de 10:00 a 13:00 h. Non é preciso solicitar cita previa.

Ler Máis
12 Xuñ
0

O novo céspede do campo municipal de fútbol ‘Pepe Capón’ terá o selo FIFA Quality Pro

Técnicos do Instituto de Biomecánica de Valencia (IBV), veñen de realizar as probas no novo céspede do Campo Municipal de Fútbol ‘Pepe Capón’ para entregarlle o selo de certificación FIFA Quality Pro.

O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, o concelleiro de Deportes, Óscar González, o presidente do Nieves F.C., Salvador Pérez,  e o coordinador de categorías José Manuel Alves ‘Pozas’, visitaron o campo, comprobaron o estado do céspede e recibiron información do especialistas que levaron a acabo as probas.



Estas probas, como indicou o concelleiro de Deportes, determinan estado do terreo de xogo, a súa situación, o bote e desprazamento do balón, o drenaxe, durabilidade e resistencia, agarre do céspede é “especialmente, a súa adecuación para a prevención de lesións das xogadoras e xogadores que van a utilizalo”.



200 xogadoras e xogadores

Óscar González lembrou que son máis de 200 deportistas, de todas as categorías, dende alevíns ata os recen ascendidos integrantes do primeiro equipo, os que adestrarán e disputarán distintas competicións en este novo céspede. Precisamente, reiterou, “tanto o cambio do céspede coma os traballos de control e certificación da súa calidade están enteiramente orientados a garantir que todos eles podan xogar coa meirande seguridade, sexan cales sexan as condicións ambientais e climáticas”.



Preto de 127.000€ de orzamento

O cambio dos 6.842 metros cadrados da herba artificial do campo municipal, “que tiña danos moi considerábeis por 14 anos ininterrompidos de uso e por mor dos lumes de hai tres anos”, contou cun orzamento de 126.868,50 €, que se financiaron coa axuda para bens públicos danados polo incendio de 2017, achegada polo Ministerio de Política Territorial e Función Pública (49%), a aseguradora MAPFRE (23%) e Fondos do Plan Concellos da Deputación (28%).

Ler Máis
11 Xuñ
0

Informe da Comisión de Seguimento da Covid-19 do día 11/6/2020

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) sinala que As Neves segue cun só caso rexistrado de COVID-19.

Agradecemento a Maite Isla

Este xoves, o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, e a Concelleira de Benestar, Pilar González Casas, visitaron o taller de Maite Isla, en Ponteareas, para amosarlle o agradecemento polo seu labor na iniciativa solidaria de confección de mascarillas e material de protección para persoal sanitario, durante a crise da COVID-19.

Apertura de pasos da fronteira con Portugal

A Delegación do Goberno en Galicia vén de informar de que a partir do luns día 15, abrirán a circulación os pasos que comunican Salvaterra de Miño con Monção, Tomiño con Vilanova de Cerveira, e Arbo con Melgaço. Será de luns a venres en horario de 8:00 a 22:00 h.

Selección e contratación de persoal

Despois da reanudación dos procesos de selección de persoal, paralizados polo ‘Estado de Alarma’, resolveuse a contratación de 11 persoas ao abeiro do ‘Plan Concellos 2020’ e, hoxe mesmo, abriuse a convocatoria para contratar unha persoa para o posto de peón forestal que será financiado mediante ‘Aprol Rural’.

Ler Máis
11 Xuñ
0

Contratación de 11 persoas mediante o Plan Concellos 2020

Selección de fontaneiros/as:

Resultado da selección de fontaneiros

A situación sobrevida xerada pola crise do Coronavirus alterou os prazos desta selección de persoal que se contiñan nas Bases. Logo de enviarse a oferta de emprego ao SEPE, as persoas seleccionadas por este, serán citadas previamente para a entrega de documentación e nese momento daráselle cita para a posible entrevista/proba.


Resultados:

RESULTADOS DA SELECCIÓN

Anuncio entrevista/proba:

Publicación data e horario entrevistas ou proba práctica selección postos de traballo PLAN CONCELLOS 2020

Bases:

BASES DE SELECCIÓN POSTOS DE TRABALLO PLAN CONCELLOS 2020

DECRETO DE ENMENDA

ANEXO I

ANEXO II

ANEXO III

Ler Máis
10 Xuñ
0

Informe da Comisión de Seguimento da Covid-19 do día 10/6/2020

Sanidade confirma que As Neves segue cun só caso rexistrado de COVID-19.

Despois do aprazamento do cobro de impostos motivado polo decreto de ‘Estado de Alarma’, e restablecidos os prazos administrativos, informamos dos novos períodos para o pago voluntario dos tributos e prezos públicos municipais, cun novo calendario de cobro de xuño a decembro do exercicio 2020.
• O ingreso poderá realizarse a través da Oficina Virtual Tributaria da Deputación Pontevedra – ORAL ou a través das entidades bancarias colaboradoras.
• Os documentos de ingreso dos recibos non domiciliados enviaranse por correo postal ao domicilio.
Toda a información sobre os prazos e as normas para o pago dos impostos e os prezos públicos municipais aquí: https://bit.ly/37gb2cM

Ler Máis
09 Xuñ
0

Informe da Comisión de Seguimento da Covid-19 do día 9/6/2020


Seguimos cun só caso rexistrado de COVID-19 nas Neves.

Na vindeira semana retomaranse as actividades do curso de busca de emprego, o taller de alfabetización e os grupos sociocomunitarios de As Neves, Liñares, San Cibrán e Setados, despois da parada obrigada a causa da COVID-19.

A partires do vindeiro luns 15 de xuño, poderase realizar a preinscrición nos campamentos de verán que se celebrarán nos meses de xullo e agosto.

Lembramos que, dende o luns 25 de maio, tanto a Casa do Concello como Servizos Sociais, volven ofrecer o servizo de atención presencial en horario de 9:00 a 14:00 h. Cumprindo coas medidas sanitarias requiridas e só con cita previa.

A cita pode solicitarse telefonicamente:
Casa do Concello: 986 64 80 38
Servizos Sociais: 986 66 71 34 / 689 98 42 10
Ou a través da Sede Electrónica do Concello:   
https://concelloasneves.sedelectronica.gal

Ler Máis
09 Xuñ
0

ANUNCIO LISTA PROVISIONAL DE ADMITIDOS/AS-EXCLUÍDOS/A PRAZA TEMPORAL DE AUXILIAR DE BIBLIOTECA

Descarga: Anuncio lista provisional

Ler Máis