
Un día máis, o Servizo Galego de Saúde (Sergas), non rexistra casos de contaxio no concello. Os test realizados ata o momento foron negativos.
As veciñas e veciños seguen a traballar na confección de material de protección. Este mércores recollerase o primeiro lote de mascarillas feitas polas costureir@s voluntari@s do concello.

O Concello entregou dous lotes de mascarillas, un en cada farmacia das Neves para que se faciliten a aquelas persoas co sistema inmune deprimido, con algunha patoloxía diagnosticada ou que teñan que acudir a hospitais ou centros de saúde.

No que se refire ás tarefas de limpeza, mercáronse 80 botellas de lixivia de 1 l. e 20 de 2 l.

Hoxe deu comezo o Programa de Seguimento e Apoio Psicolóxico telefónico a persoas maiores, en convenio coa Asociación Avelaíña.
Por último, estableceuse contacto cos equipos de orientación do colexio e do IES, así como co Centro de Saúde, para coñecer o número de casos de Trastorno do Espectro Autista (TEA) e Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade (TDAH) e outros problemas semellantes entre o alumnado, que poidan precisar un seguimento e apoio psicolóxico específico nesta longa situación de confinamento. Na vindeira semana contratase este servizo con ACEESCA.
Tamén na vindeira semana se vai proceder a realizar unha nova rolda de desinfección por todo o concello










Dende o Concello pulamos pola alimentación sa e de proximidade. Afondado nesta idea, desenvolvemos unha iniciativa para mellorar a calidade do Banco de Alimentos contando coa participación dos veciños e veciñas.


Dende o Concello séguese levando a cabo a adquisición de material sanitario. Xa chegou o enviado pola Xunta composto por 4 caixas de mascarillas, 4 caixas de luvas, 4 botes de lixivia, 6 botes de desinfectante de 500 mL e 20 monos de traballo.
Tamén está feito un pedido de Equipos de Protección Individual (EPI) á Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), solicitando: mascarillas cirúrxicas, FFP2 e FFP3, luvas, batas desbotables, gafas de protección e produto desinfectante.