Irmandade Loira Atlantique Meridionale – As Neves

Concellos do Loira Atlantique Meridionale (Francia) :

Legé:
Superficie: 63,32 km2.
Poboación: 3 688 habitantes.
Densidade de poboación:38 habitantes por km

Legé está situado no extremo sur do departamento do Loire Atlantique, limítrofe con A Vendée. O municipio é a capital da comarca. A agricultura segue sendo un vector importante para a súa economía.
A comarca ofrece a toda a súa poboación un sector asociativo moi presente e dinámico e un conxunto de servicios e equipamentos (escolares, deportivos, culturais, comerciais e de comunicación moi completos, ademais dunha zona de ocio de 15 hectáreas.

Corcoué sur Logne:
Superficie: 50,39 km2
Poboación: 2 029 habitantes
Densidade de poboación: 40 habitantes por km2.

O Concello de Corcué está situado no límite do Loire-Atlantique e A Vendée. Pola súa ubicación no corazón do Val da Logne, o municipio de Corcué beneficiouse dun desenvolvemento excepcional, debido a súa proximidade, con Nantes ( 15 minutos da periferia nantesa) e có litoral atlántico. O Concello de Corcué ofrece numerosas oportunidades para o desenvolvemento local vinculadas principalmente coa madeira e a construcción.

Touvois :
Superficie: 39,21 km2
Poboacíón.: 1325 habítantes
Densidade: 34 habitantes por Km2.

A riqueza dos elementos naturais, auga, bosques… e o desenvolvemento de actividades ligados a eles, marca a vida dos habitantes de Touvois.
Touvois é un Concello que tivo sempre unha actividade comercial importante.

Unha das súas particularidades: os talleres de mecánica de automóbil e agrícola. A zona artesanal sitúase no importante eixe de ruta da ponte de Saint-Nazaire.
O Concello foi equipado cunha estación de depuración ultra-moderna con gran capacidade para o tratamento de residuos.

ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DO LOIRA ATLÁNTICO MERIDIONAL

Visita dun grupo de veciños/as de As neves a Legé

Visita dun grupo de veciños/as de As Neves a Legé

Dita asociación creouse para contribuír ó desenvolvemento e consolidación dos vínculos establecidos na Carta de Irmandade entre a Comunidade de Municipios do Cantón de Legé (Corcoué sur Logne, Legé e Touvois) en Francia, e o Concello das Neves (Pontevedra), asinada o 30 de agosto de 2003 e ratificada o 14 de xullo de 2004, fomentando así a participación activa de persoas e colectividades nas actividades e programacións conxuntas.

Serán fins primordiais da “ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DO LOIRA ATLÁNTICO MERIDIONAL”, os seguintes:

a) Organización de Cursos e Cursiños intensivos para a adquisición de coñecementos da lingua e cultura francesas, con especial atención a Cultura do Pays de la Loire, dirixidos a persoas de As Neves, e de Cursos de lingua e cultura españolas, con especial atención a lingua e cultura galegas, orientados a membros da Comunidade do Cantón de Legé que visiten As Neves.

b) Organización de intercambios Escolares, familiares e de xoves con estadías nas respectivas localidades en períodos lectivos ou de lecer, tanto entre familias de acollida como en centros ou institucións públicos ou privados.

c) Organización de ciclos de conferencias, seminarios, mesas redondas, etc. sobre temas relacionados có Pays de la Loire e Galicia.

d) Fomento de viaxes de estudios, intercambios turísticos, contactos entre membros dos sectores comerciais, profesionais, industriais e artesanais para levar a cabo experiencias compartidas nos seus campos de acción.

e) Colaboración e participación nas actividades que programen as Institucións Públicas das respectivas comarcas, dentro dos compromisos adoptados na Carta de Irmandade.

f) Organización de Exposicións, actos divulgativos e actividades que permitan o coñecemento dos valores patrimoniais, de defensa da natureza, de conservación do folclore e a cultura popular, e deportes e actividades de lecer e difusión das dúas comunidades, fomentando así os vencellos de amizade e colaboración entre os cidadáns de unha e outra procedencias.

g) Organización de actos de exaltación do sentimento da fraternidade europea. Xaneiro de 2.005

Contacto da Asociación
Mª Belén Jorge Estévez
loiraatlantico@yahoo.es

Fotografías