Dende 2015 o Concello das Neves comezou un proceso continuado de renovación e nova adquisión de vehículos e maquinaria que permiten mellorar os servizos públicos prestados e as condicións nas que se presentan.
Comezouse por renovar o vehículo da Policia Local e o Camión Motobomba para a extinción de incendios. Máis tarde aproveitouse o antigo vehículo de Policía para as cuadrillas de obras e renovaranse outras furgonetas.
Resaltar o proceso de adquisición dun camión guindastre que non existía no Concello e pasa a dar a posibilidade de prestar moitos e máis rápidos servizos públicos.