Os incendios de 2017 supuxeron para As Neves un punto de inflexión a hora de afrontar necesidades que afectaban a toda a poboación.
Naquel momento persoas individuais ofreceron o seu tempo e esforzo para axudar ao que fose preciso.
Creouse o grupo de Voluntariado que tivo e ten esencialmente o seu campo de traballo na recuperación integral do Concello dende o punto de vista ambiental e social.