Blog

23 Ago
0

Comezan as obras de mellora da Casa da Xuventude

O Concello comezou as obras na Casa da Xuventude que teñen coma obxectivo a renovación exterior do edificio para a mellora da eficiencia enerxética.

Durante as mesmas está previsto
Illar as fachadas e recubrilas de novo con paneis de poliestireno expandido.
• O sistema de carpintería exterior será totalmente novo, con outras cristaleiras con rotura ponte térmico e dobre acristalamento.
• As cubertas serán cambiadas para materiais que cumpran a normativa actual despois de renovar a subestrutura metálica sobre a que se fixa. No interior instalarase un falso teito de cartón-xeso con illamento de lá de 40mm.
• O chan interior tamén será renovado incluíndo o illamento con multicapa de espuma de polietileno e aluminio previo a tarima de alta resistencia.
• Ademais, procederase a melloras interiores na distribución, no alumeado, a preinstalación de nova calefacción, pintado e substitución dalgunha porta interior.

Logo do proceso de contratación, as obras serán realizadas por Cotoverde Obras e Servizos SL por un total de 192.632 euros dos cales o 80% son financiados polo IDAE (Instituto para la Diversificación y Ahorro de Energía).

Ler Máis
Traballando
20 Ago
0

O Concello inicia o proceso de selección temporal de 5 peóns

Traballando

 

O Concello das Neves vén de iniciar o procedemento selectivo para a contratación de cinco persoas desempregadas en situación ou risco de exclusión social perceptoras de RISGA para o programa denominado “Mellora e Acondicionamento de Espazos Públicos, Zonas Verdes e Áreas Recreativas”.

Postos ofertados

Dous Peóns da construcción:
Duración do contrato: nove meses
Xornada: Tempo parcial, 75% da xornada laboral
Retribucións Salariais: Salario Bruto mensual, incluída prorrata pagas extras: 1.152,63 €.

Tres Peóns forestais:
Duración do contrato : nove meses
Xornada: Tempo parcial, 75% da xornada laboral
Retribucións Salariais: Salario Bruto mensual, incluída prorrata pagas extras: 875,00 €.

???? Os prazos e condicións para optar estes postos poden consultarse  entrando aquí  ???? Bases de Selección. Peóns de construción e peón forestal.

Data e hora da entrevista

Listado de candidatos_as seleccionados para peóns forestais

Listado de candidatos_as seleccionados para peóns da construcción

Ler Máis
20 Ago
0

Traballos de limpeza de Seaga


A partir do vindeiro 30 de agosto Seaga comezará coas execucións subsidiarias na limpeza das fincas e montes.

Ata o de agora Seaga estivo traballando nas tres parroquias priorizadas que están dentro do convenio coa Xunta (Liñares, Tortoreos e As Neves). Os traballos foron nas zonas onde os
propietarios asinaron contrato con Seaga.

A partir do 30 de agosto Seaga comezará a limpar as parcelas que non están limpas ou libre de especies arbóreas non permitidas. Serán parcelas nas que os donos foron notificados e non actuaron ou parcelas nas que non foi posible notificar a ningún propietario.

As execucións subsidiarias suporán a limpeza total das faixas de protección de incendios destas parroquias. O custe moito máis alto que o do convenio será repercutido aos propietarios que incluso poderán recibir unha sanción para incumprimento da lei de incendios.

Asinar contratos con SEAGA

O Concello recorda, anima a que as persoas propietarias asinen contrato con Seaga e poden facelo en calquera momento mentres non se teña producido a limpeza.

Para iso poden dirixirse ao Concello que lle axudará e informará sobre como a asinar o contrato con Seaga que permite limpar 1.000 metros cadrados por so 35€ ou a proporción que corresponda.

Ler Máis
18 Ago
0

Mal uso dos puntos verdes

O Concello lembra que os puntos verdes son lugares para o intercambio de restos vexetais leñosos (restos de poda de árbores, arbustos, froiteiras), non para videiras, xestas do monte nin herba de desbrozar.

Así mesmo, tamén son para poder coller estruturante que está nun saco para usar na compostaxe.

Como pode verse na imaxe, todo é herba e carozos de verzas, que non serven de estruturante para a compostaxe e ocupan o punto verde. O que debe facerse con isto é acumulado na finca e xa podrece.

Os puntos verde están delimitados, polo que, se están cheos non se debe botar todo por fóra incluso ocupando a estrada.

Ler Máis
17 Ago
0

Cortes de electricidade

Co fin de realizar os traballos de mantemento e desenvolvemento da rede eléctrica nas mellores condicións, o vindeiro xoves, día 19 de agosto, de 0:00 h a 3:00 h, quedarán ser servizo unha serie de instalacións, que poden causar interrupcións na súa subministración durante ese
tempo.

As instalacións eléctricas sometidas a descargo afectan ás seguintes rúas ou lugares: , total ou parcialmente: ALDEA -AS NEVES SANTA MARIA P- (ALDEA). AS NEVES -SANTA MARIA P.- (CHAN DA CARROLA). ESTACION -AS NEVES- (ESTACION). GARAVISCO (GARAVISCO). GULÁNS -AS NEVES- (GULÁNS). PAREDES -AS NEVES- (PAREDES).

Tamén haberá outro corte no mesmo día, pero de 03:00 a 06:00h., nas seguintes rúas ou lugares: ESTRADA CIRCUNVALACION, CASTRO, DOCTOR MARTINEZ RODRIGUEZ, EIRA DA LIÑAZA, ESPERANZA, FEIRA, JOSE GIL, MARQUESA DO PAZO, PRAZA CRISTIANDADE, PRAZA MAIOR, PRAZA SAN AGUSTIN, ROSALIA DE CASTRO, SANTA BARBARA, TRAVESIA PRIMEIRA EIRA DA LIÑAZA, TRAVESIA SEGUNDA EIRA DA LIÑAZA, VIGUESA); PORQUEIRA -AS NEVES- (PORQUEIRA).

Naturgy (a antigua Fenosa) A empresa xa enviou carta aos clientes afectados.

Ler Máis
16 Ago
0

Marcelino Couto, alcalde accidental das Neves

O primeiro tenente de alcalde, Marcelino Couto, exerce dende este luns coma alcalde accidental das Neves, logo de que Xosé Manuel Rodríguez empezara as súas vacacións.

Durante os vindeiros días, Couto compatibilizará a supervisión da xestión diaria do Concello cos traballos da Concellería de Vías e Obras, que dirixe, e que está a levar a cabo distintos traballos en varias parroquias da vila.

 

 

Ler Máis
13 Ago
0

As Neves pasa a ‘nivel alto’ de restricións

A partir  das 00:00 h. deste sábado 14 de agosto, As Neves estará en ‘nivel alto’ de restricións pola COVID-19, tal e coma ten decidido o Comité Científico que asesora á Xunta de Galicia.

Estes son os cambios máis destacados:
• As reunións entre persoas non conviventes pasan a restrinxirse de 01:00 h a 06:00 h.
• En hostalaría, para acceder ao interior dos establecementos, será preciso presentar certificado de vacinación ou proba diagnóstica de Covid-19 negativa. Neste sentido Sanidade xa adiantou que pedirá que a xustiza valide este requisito, logo da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).

Toda a información das medidas en vigor pode consultarse en: https://coronavirus.sergas.gal/

Ler Máis
Mirador de San Nomedio
06 Ago
0

Protesta este sábado contra a instalación dun parque eólico no Monte de San Nomedio

Mirador de San Nomedio

 

O Goberno local das Neves e cinco comunidades de montes da vila, convocan para este sábado, día 7, ás 12:00h. diante da capela de San Nomedio, un acto de protesta en contra da instalación dun parque eólico no concello.

Os promotores do mesmo, baixo o nome de ‘Coto de Lobos’, xa pediron á Xunta a declaración de impacto ambiental para instalar os aeroxeradores no monte de San Nomedio.

Será aquí onde os representantes das comunidades de montes de Santiago de Ribarteme, Rubiós, Taboexa, San Xosé de Ribarteme e San Pedro de Batalláns, e membros do goberno local manifesten a súa total oposición a este proxecto.

Altura superior a 200 metros

Dacordo co mesmo, os aeroxeradores, terán uns fustes de 135 metros de alto e unhas aspas de 170 metros de diámetro, o que supón unha altura, en conxunto, superior aos 200 metros.

Estarían situados, subliña o alcalde, “no centro orográfico das Neves, nun mirador que forma parte da Rede de Espazos Paisaxísticos de Galicia, ao que hai escursións a diario, con elementos patrimoniais a conservar, no que se practican deportes coma o parapente ou o ciclismo e que é un centro ‘starlight’, de observación astronómica”.

O Goberno local presentará alegacións contra a pretensión da instalación deste parque eólico e convocará e dará o seu apoio a todas as mobilizacións que se convoquen para parar este parque, como a convocada este sábado ao carón da Capela de San Nomedio.

Ler Máis
04 Ago
0

As Neves recibirá 50.000€ das ‘Subvencións Ágora’ da Deputación para acondicionar a Praza de Santa María de Liñares

As ‘Subvencións Ágora 2021’ da Deputación de Pontevedra permitirán recuperar espazo público para as persoas gañándollo aos coches.

Así o anunciaron este mércores a presidenta, Carmela Silva, e o deputado de Mobilidade e Espazo Público, Uxío Benítez, quen deu a coñecer que a Xunta de Goberno deste venres aprobará axudas a 39 concellos da provincia por valor de máis de 2,2 millóns de euros para executar proxectos e obras que permitirán incrementar de forma notoria o espazo peonil, seguindo un modelo de calidade urbana.

Entre os concellos que recibirán estas axudas está As Neves, que contará con 50.000 €, no marco do ‘Eixo 1’ destas subvencións, destinadas á redación de proxectos. Neste caso serán para o acondicionamento da Praza de Santa María de Liñares, que recuperará máis de 1.500 m2 de espazo peonil. 

 

Ler Máis
03 Ago
0

O Concello aproba a solicitude de ARIRD sen o apoio da oposición

O goberno municipal vén de aprobar a solicitude de declaración de Área de Rehabilitación Integral Rural Descontinua (ARIRD) para o núcleo urbano e para o núcleo da Estación.

Esta solicitude, que foi rexeitada pola oposición no Pleno extraordinario do pasado mércores 28 e xullo, é o inicio da tramitación para que as vivendas situadas nestes dous núcleos poidan recibir subvencións para a súa rehabilitación unha vez que o Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) acepte a proposta.

114 vivendas e preto de 90.000 m2

Os núcleos incluídos na proposta abranguen un total de 114 vivendas, cunha superficie de 89.548,38 m² e esténdense en dúas áreas:

• O núcleo urbano: con 107 parcelas que inclúen 90 vivendas nunha superficie de 47.890,05 m².
• O núcleo da Estación: con 35 parcelas que inclúen 24 vivendas nunha superficie 41.658,33 m².

Esta proposta obedece ás previsións de demanda de vivenda nas Neves a curto e medio prazo e nace despois de diferentes estudos de mobilidade, sociolóxicos e demográficos, que contaron coa participación de toda a veciñanza e que determinaron o camiño a seguir neste eido.

Segundo o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, “esta declaración será a pedra angular do cambio demográfico en positivo das Neves e lamento que a oposición non a apoie nin participe dela, e actúe con excusas políticas e de costas ás veciñas e veciños das Neves”.

Ler Máis