Blog

30 Set
0

Entrega de mochilas escolares solidarias

A colaboración entre o Concello, a Fundación Amigos de Galicia e One Oak Brand, fixo posible e a entrega de mochilas con material escolar a nenos e nenas das Neves.

Esta iniciativa ten como obxectivo a achega do material escolar necesario para que os nenos e nenas poidan desenvolver os seus estudos en igualdade de condicións. 

As mochilas levan material escolar adaptado a cada ciclo educativo (Infantil, Primaria e Secundaria): libretas, carpetas, lapis, bolígrafos, ceras, gomas, dispositivos informáticos, etc.

Ademais, este ano, con motivo da crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, as mochilas tamén conteñen máscaras cirúrxicas, portamáscaras e xeles para limpar as mans.

Ler Máis
27 Set
0

A Unidade móbil de Doazón de Sangue nas Neves

Este martes, día 28 de setembro, a Unidade móbil de Doazón de Sangue estará fronte ao Centro de Saúde en horario de mañá (10:00 a 14:00 h) e de tarde (16:00 a 21:00 h).

Galicia precisa 500 donacións de sangue ao día para dar resposta ás necesidades dos hospitais.  

Axencia de doazón de órganos e sangue (ADOS), sinala que a túa doazón de sangue pode axudar a máis dun doente xa que os compoñentes sanguíneos empréganse por separado e poden salvar ata 3 vidas.  

Ler Máis
25 Set
0

Ponteareas a As Neves ofrecen dous obradoiros de emprego para 20 persoas desempregadas

20 persoas desempregadas de Ponteareas e As Neves poderán acceder a
dous obradoiros de emprego dual, que comezan en outubro, un deles
centrado na atención sociosanitaria de persoas dependentes e outro que
formará ao alumnado na realización de actuacións forestais que se porán en práctica no parque da Picaraña de Ponteareas e no Chan de Vide das Neves.

Estas accións formativas contarán cun orzamento de 347.000€ que
financia a Xunta de Galicia e son a continuación de dúas formacións similares que ambos concellos impartiron durante os últimos meses.

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández, e o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez Méndez, amosáronse “moi contentos de poder ofrecer esta oportunidade laboral á veciñanza, nunha visita ao alumnado dos obradoiros duais que rematan este mes nos dous concellos.

Prácticas en empresas

Os dous subliñaron que as accións formativas inclúen a posibilidade de
prácticas en empresas ao remate da formación, o que supón “unha grande
oportunidade de incorporarse ao mercado laboral”.

Formación no ámbito sociosanitario

A formación no ámbito sociasanitario preparará ao alumnado para atender a persoas dependentes no domicilio. Aprenderán un conxunto de ferramentas de atención dende unha perspectiva integral e normalizadora para atender a persoas que teñan limitada a súa autonomía persoal ou sufran casos de desintegración familiar.

A formación será tamén para o traballo en institucións sociais, os/as alumnos/as durante o servizo deberán aplicar os coñecementos adquiridos na súa estancia na residencia de maiores Santa Ana e no complexo residencial de atención a persoas dependentes de Vigo.

Actuacións forestais

A formación en actuacións forestais consistirá en realizar as operacións
auxiliares necesarias para a conservación e mellora do monte, para a
repoboación forestal, para a corrección hidrolóxico-forestal e a execución de tratamentos silvícolas no Parque Forestal da Picaraña (Ponteareas) e no Chan de Vide.

As persoas interesadas para realizar a inscrición e pedir máis información deberán solicitar unha cita na oficina de emprego.

Ler Máis
24 Set
0

As asociacións sen fins de lucro poderán realizar actividades nas instalacións municipais

Dende este sábado, 25 de setembro, coa entrada en vigor de novas normas de avance cara a ‘desescalada‘ na alerta pola COVID-19, xunto coa vantaxosa situación epidemiolóxica das Neves, o Concello permitirá a organización nas instalacións municipais de actividades socioculturais por parte de asociacións se fins de lucro.

Con carácter xeral, e atendendo ás normas actuais decretadas pola Consellería de Sanidade, permitirase unha capacidade máxima do 75% dos espazos e, naquelas actividades realizadas por grupos non se excederá o número de 10 persoas en cada un deles, sexan ou non conviventes, excluída a persoa monitora ou guía.

En todo caso, é obrigatorio comunicar ao Concello previamente a realización das actividades, xa que as normas poderán ser revisadas e adaptadas a cada circunstancia en función das restricións vixentes, decretadas pola Xunta de Galicia, que podes consultar premendo aquí.

Ler Máis
16 Set
0

Os alcaldes de Arbo e As Neves piden unha reunión co Goberno do Estado para tratar da liña de alta tensión

Os alcaldes de Arbo, Horacio Gil, e das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, veñen de solicitar, de novo, unha reunión co  Director Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico,  Ismael Aznar Cano.

Liña de moi alta tensión

Os dous alcaldes reiteraran, unha vez máis, ao director Xeral a necesidade de que o Goberno do Estado atenda as alegacións presentadas e a demanda dos veciños e veciñas de Arbo e As Neves, que rexeitan o trazado da liña de moi alta tensi´ón da  LAT 400  KV, entre  Fontefría e a Fronteira Portuguesa.

Xuntanza en febreiro de 2020

En febreiro de 2020, Horacio Gil e Xóse Manuel Rodriguez, mantiñan unha reunión en Madrid co director xeral ao que deron a coñecer o rechazo dos dous municipios a todos os trazados que se plantexaron ata ese momento.

A instancia dos dous alcaldes, o director xeral consultaría con Red Eléctrica outras opcións a ese tendido tendo en conta a firme oposición das corporacións e os veciños de Arbo e As Neves a calquera das alternativas de trazado propostas ata o de agora.

Pasado un tempo prudencial desde a consulta previa relativa  ao “Estudio de trazado entre os apoios  T-37 e  T-43 da L/400  kV  Fontefría-Fronteira Portuguesa” elaborado por “‘Red Eléctrica en  xuño de 2019 e a consulta transfronteiriza do proxecto portugués “Linha Dupla Ponte de Lima –  Fontefria,  Troço  Português, a 400 kV“, os alcaldes de Arbo e de As Neves, diríxense a esa Direción Xeral, para tratar o estado de tramitación do proxecto entre  Fontefría-Fronteira Portuguesa e, do mesmo xeito, coñecer a opinión e a posición do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demógrafico sobre este trazado e reiterar que se atendan as peticións dos veciños e veciñas molestos por este proxecto.

Propostas ao Goberno dende o Congreso dos Deputados

Os dous alcaldes, a través dos seus representantes políticos, Horacio Gil, por medio do Partido Popular, e Xosé Manuel Rodríguez, polo BNG, presentaron propostas ante o Goberno de España para que atendan as alegacións presentadas e a demanda dos veciños e veciñas de Arbo e As Neves, que rexeitan o trazado da Linea de Alta tensión

No caso das Neves, o Diputado do BNG no Congreso, Néstor Rego,  reclamou ao Goberno no mes de xuño deste ano que atenda as alegacións presentadas polas distintas administracións, asociacións e colectivos pola afectación que provocará o proxecto de trazado que propón Red Eléctrica.

 

Ler Máis
16 Set
0

O Concello remata as obras de reparación e recuperación de catro parques infantís

O Goberno local vén de rematar os traballos de reparación dos parques infantís de Vide, A Estación, Cerdeira e a rúa Eira da Liñaza. Nestas semanas reparáronse  distintos elementos e colocáronse outros novos.  

Nos de Cerdeira e A Estación melloraronse tódolos elementos, incluíndo a substitución dos máis deteriorados.  O parque da Eira da Liñaza precisaba dunha limpeza a fondo do caucho, e a reparación dos elementos incluídos os tellados e caseta do xogo múltiple.

Os traballos contaron cun orzamento de 21.800€, financiados con fondos do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra,  aínda que no  parque da Chan de Vide tamén se renovou a varanda debido á proximidade de varias vías, e acometéronse outras melloras en todos eles, como a reparación de peches, nestes casos con fondos do Concello.

 



Ler Máis
16 Set
0

A Unidade Móbil para a ITV de ciclomotores, nas Neves

A Unidade Móbil de Inspección Técnica de CICLOMOTORES, desprazarase ao concello das Neves este venres, día 17 de setembro. Estará nas inmediacións da piscina municipal.

O horario de atención será de 9:00 a 13:30 (só de mañá).
Cita previa por teléfono, no 902 30 90 00, ou a través da páxina web: www.sycitv.com

Ler Máis
16 Set
0

O alcalde continúa as negociacións con Porto de Vigo, Zona Franca e Xunta para avanzar na posta en marcha da PLISAN

Xosé Manuel Rodríguez Méndez, alcalde das Neves, mantivo este luns, en Vigo, unha xuntanza cos promotores da PLISAN, a Autoridade Portuaria de Vigo, a Zona Franca e o Instituto Galego da Vivenda e Solo IGVS), dependente da Xunta de Galicia, na que recibiu un borrador de acordo para a receción das obras e a entrega do 10% do aproveitamento das parcela xa urbanizadas da Plataforma Loxística.

No devandito documento recollese a proposta para a entrega da  parte urbanizada -1 millón de metros cadrados e da parte correspondente aos viais que descorren pola Plataforma cara aos concellos de Salvaterra e As Neves que, durante un período de 5 anos -ou ata que a ocupación da PLISAN sexa superior ao 60%– manterán os promotores da mesma.

Un xestor para a EDAR e a ETAP 

Así mesmo, Porto, Zona Franca e IGVS crearán un órganismo xestor da PLISAN que asumirá a explotación e mantemento da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR)  e a Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP). A este organismo incorporaránse Salvaterra a As Neves en cando a PLISAN estea totalmente desenrolada.  

Tamén acordouse abrir unha negociación para aprobar en que termos recibirán os dous concellos o 10% do aproveitamento lucrativo das parcelas urbanizadas e tratouse a necesidade de desenrolar a conexión ferroviaria.

O alcalde reclamou a “rexeneración ambiental do ámbito da Ceña, esa desfeita que ainda hoxe está sen reparar logo das obras do emisario de captación de auga”, tal e como xa espuxera no seu día aos responsábeis do Goberno galego.

1 millón de m2 de territorio das Neves

Xosé Manuel Rodr´íguez plantexou a urxencia de xestionar o millón de metros cadrados, pertencentes ao territorio das Nevs, que quedarán fora do ámbito da PLISAN, logo da sentenza xudicial de 2010.

Neste sentido, lembrou que xa foron incluidos dentro das Áreas Industriais de Galicia e subliñou a necesidade de que volvan, de novo, á PLISAN, algo que, salientou o alcalde, sería de especial importancia para As Neves, “no que se refire a creación de emprego e para as condicións económicas do concello”.

Serán os promotores os que asuman esta xesti´´on, “co ofrecemento do Goberno local das Neves de colaborar  na obtención das instrumentos xurídicos necesarios para realizala” e realizando una labor de seguimento para que “se faga coa máxima celeridade, á vista do retraso co que partimos”.

As reunións con Zona Franca, Porto e Instituto Galego da Vivenda e Solo seguirán as vindeiras semanas de cara a avanzar na posta en marcha da Plataforma.

 

 

 

 

Ler Máis
15 Set
0

‘Outono en Galego’: teatro e cinema nas Neves

 

O domingo 19 inicia a actividade cultural de outono nas Neves, no Auditorio Municipal co programa “Outono en Galego” con teatro e cinema que terán lugar no Auditorio sempre en domingo ás 18:30 h.

Teatro

• O 19 de setembro a compañía De Ste Xeito interpretará a obra de teatro ‘Loló e mamá’, unha peza recomendada para maiores de 12 anos. Como acolle unha filla a volta da súa nai? Quén é a nai e quen a filla cando é esta última a que ofrece casa e sustento? Canto tempo pode pasar até que esta bomba de reloxería estoupe definitivamente?
Loló e Mamá fainos ver, grazas ao humor, que as cousas son máis difíciles do que nos gustaría e sobre todo, que o amor é unha arma de dobre fío: canto máis se ama, máis se sofre.

• O 3 de outubro, Redrum teatro achegaranos a obra de teatro ‘#2Pilgrims’. Na peza, recomendada para público adulto, o Camiño de Santiago, a igualdade e as novas masculinidades serán os temas principais, cunha aventura cativadora que poderá catapultar as súas carreiras á actualidade internacional.

• O 17 de outubro, a compañía Excéntricas interpretará a obra de teatro ‘Cartoons’, unha peza recomendada para público familiar. As escenas estimulan no público infantil o impulso lúdico, a capacidade mimética, a plasticidade imaxinativa e a criatividade orientada. Este espectáculo tamén é un vehículo de valores, como a colaboración, o traballo colectivo, a solidariedade, a consciencia ecolóxica, a empatía social e a autosuficiencia.

Cinema

• O 14 de novembro é a primeira sesión de cinema, coa película ‘A galiña Turuleca’. O filme, gañador no 2020 do Premio Goya á Mellor Película de Animación, retoma ao personaxe da famosa canción infantil popularizada polos pallasos da tele, cunha entrañable historia pensada para os máis pequenos e pequenas, sobre unha galiña cun aspecto peculiar e un don moi especial.

 

• O 28 de novembro proxectarase ‘Nación’. Un filme documental de Margarita Ledo Andión que traslada un relato dunha loita inconclusa das mulleres da fábrica de cerámica de A Pontesa.

• Finalmente, pechando o programa, o 12 de decembro proxectarase ‘A poeta analfabeta’. Unha película documental dirixida por Sonia Méndez, que retrata a unha muller fascinante: Luz Fandiño. Poeta, activista, feminista, nacionalista e revolucionaria.

os seus 88 anos é unha das voces vivas da emigración galega, da que volveu pobre pero cunha fonda consciencia da súa identidade, a súa lingua e o seu xénero. Luz é testimonio vivo das realidades máis duras so século XX. Por ser muller, por ser emigrante, por ser pobre, e por ser roja.

Protocolo Covid e reserva previa

Debido ás limitacións de aforo incluídas no protocolo de seguridade fronte á Covid-19, recoméndase realizar reserva previa de asentos para asistir ás actividades cubrindo o formulario dispoñible en: bit.ly/outonoengalego

As actividades incluídas neste programa están co-financiadas polo Concello das Neves, a Deputación de Pontevedra e as axudas de Cultura no Camiño de AGADIC.

Ler Máis
14 Set
0

Obradoiro de creación con María Lado na Casa da Xuventude

O vindeiro sábado, día 18 ás 19:00 h, a poeta María Lado, integrante de Aldaolado, achegarase á Casa da Xuventude das Neves para impartir un obradoiro titulado ‘Querida poeta, dous puntos‘.

Trátase dun obradoiro de creación de postais con poemas e colaxes no que se pretende que mozos e mozas se familiaricen coa poesía, achegándose a ela como obxecto plástico, materia prima coa que crear unha obra plástica. Pero tamén é un espazo para reflexionar sobre feminismo e igualdade a través dos textos e a as imaxes propostas para traballar.

Esta actividade está co-financiada polo Concello e o programa ‘Ler conta moito’ da Consellería de Cultura.

Ler Máis